miércoles, 22 de octubre de 2008

OS EXCESOS ECONOMICOS DO CONCELLO

Xa van unhas cantas veces que oímos e requeteoímos a algún grupo do bipartito de dereitas en Betanzos falarnos da mala saúde da economía do noso concello e de que non hai cartos para nada.

Pois ben, vou enumerar unha serie de gastos totalmente innecesarios e que serían facilmente evitables.

• ROLDA DE PRENSA DA SEÑORA ALCALDESA NUN HOTEL DA CORUÑA CELEBRANDO OS PRIMEIROS DÍAS DE LEXISLATURA.

• CONTRATACIÓN DUNHA PREGOEIRA A BASE DE TALONARIO NAS FESTAS DO 2007.

• CONTRATACIÓN DUNHA EMPRESA DE PROTOCOLO PARA ORGANIZAR AS FESTAS DE 2007.

• CONTRATACIÓN DUN ASESOR XURIDICO EXTERNO PAGANDOLLE AO MES 1.800 €.

• CONTRATACIÓN DUNHA TALA DE ARBORES POR VALOR DE 21.000 €.

• CONTRATACIÓN DUNHA EMPRESA EXTERNA PARA O SERVICIO DE LIMPEZA MUNICIPAL.

• PAGO DA INDEMNIZACIÓN Á FAMILIA PITA POR VALOR DE 143.000 €.

• GASTO NUNHA BARCA PARA UN XARDIN, POLO DE AGORA 5.000 €, E AUMENTARÁ.

• E DO QUE NON NOS ENTERAREMOS, XA QUE ADEMAÍS A CALRIDADE E TRANSPARENCIA NESTAS CONTRATACIÓNS NON EXISTE. PARA ISTO TEMOS COMO EXEMPLO O NOMEAMENTO E CONTRATACIÓN DA COORDINADORA DAS BALCONADAS 2008.


A quen queren enganar dicindo que o concello non ten cartos, deberían ter un pouco de vergoña e non mentir ás betanceiras e betanceiros.

Déixense de tanta privatización e fagan un bo servicio cara a cidadanía, que teñen a xestión bastante abandonada e soamente se centran na propaganda.

jueves, 16 de octubre de 2008

Betanzos quedou fora de xogo


Así quedamos onte tódolos betanceiros, por culpa da incompetencia e a desconsideración da nosa alcaldesa para cos alcaldes tanto da Coruña coma do resto dos arredores.

Onte na Coruña, en presencia de Busquets (redactor do PXOM da Coruña cidade) había convocada unha xuntanza de alcaldes para tratar temas tan importantes como a vertebración das estructuras que unirán A Coruña co resto dos municipios limítrofes. AVE, metropolitano, autovía, autopista, etc.

Esta xuntanza podemos calificala como dun primeiro paso do que debe ser unha colaboración máis estreita a partir de agora por parte dos responsables de ditos municipios. Aquí había xente de tódolos partidos.

Pois ben, a tal evento faltaron o alcalde de Oleiros, (ausente por vacacións) e a nosa alcaldesa (CHATEANDO NUN XORNAL).

Cada un saberá o que fai, pero ao final os prexudicados non son nin os alcaldes, nin o PP ou PSOE, somos os cidadáns, por iso debemos esixir máis responsabilidade ás persoas que nos representan.

Parece que en algo máis de un ano, esta coalición de dereitas que nos desgoberna, pretende tirar pola borda o traballo feito por outros en moitos anos.

VIVIR PARA VER.

viernes, 3 de octubre de 2008

Goberno Gótico


Hoxe, vemos todos como unha das casa máis emblemáticas de Betanzos foi demolida en parte, polos seus donos.

Así mesmo podemos ver na prensa como todos os grupos políticos están de acordo con que hai que tomar medidas contra a actuación do propietario de dita casa. Non se poden consentir este tipo de actuacións ao marxe da lei.

Pero a pregunta que me fago eu é, ¿COMO E POR QUE CHEGAMOS A ESTE TIPO DE SITUACIÓNS? Que desencadea que se poidan dar este tipo de actuacións.

A verdade é que a resposta con este goberno que temos en Betanzos é bastante clara, chegamos a ver como se producen feitos de esta gravidade porque aquí non hai un goberno, hai un desgoberno. A única preocupación que teñen, tanto a alcaldesa coma o alcalde paralelo (DeLa) é a de saír na prensa e deixar o pobo totalmente desatendido.

Temos exemplos múltiples de nula xestión no que levamos de lexislatura con temas como a limpeza, a xardinería, a galescola, o colexio infantil, o centro de día, a fracasada Festa da Tortilla deste ano, o tráfico, etc etc.

E podemos destacar como desgoberno o tema do urbanismo e do casco histórico, que se enlazan neste actuación da Casa Gótica.

Este goberno, cando iniciou a lexislatura ala polo mes de xullo de 2007, unha das medidas estrela que tomou foi a de botar para abaixo todo o traballo feito polo anterior goberno de amañar o casco e de facelo peonil, agora temos un casco polo que aparcan e circulan os vehículos sen problema e sen ningún tipo de norma de tráfico que o rexa. Pode un aparcar onde lle pete ou mesmo entrar por dirección prohibida debido á pasividade que impulsou no seu momento o PP e CxB.

E no urbanismo, o que hai é que non hai nada, temos un concelleiro que non sabemos si existe ou non existe. E mentres tanto cando hai algún tipo de problema urbanístico, en vez de tratar de arranxalo ou frenalo, botan balóns fora e culpan aos anteriores gobernantes. Eso si, gastando todas as forzas e ideas que teñen saindo na prensa.

E claro, así vemos que pasan as cousas que pasan, hai un tempo morreu un home nunha obra que debería estar parada e precintada no Mandeo. Que facía o PP coa súa alcaldesa María Faraldo e o delegado de urbanismo Juan Ventosa, mirar a outro lado.

E na Casa Gótica, algo parecido, os donos tiraron o interior da casa e aquí ninguén dixo nada, todo se vai en estudios de vivendas ruinosas e en saír na prensa falando de que antes non se fixo nada.

NON SERÁ MELLOR TRATAR DE BUSCAR SOLUCIÓNS QUE TRATAR DE BUSCAR DEFECTOS ANTERIORES. SEGURAMENTE QUE SI CANDO HOUBO O VACIADO INTERIOR DESTA CASA SE TOMARAN AS MEDIDAS NECESARIAS POR PARTE DOS GOBERNANTES (COALICIÓN PP-CxB), AGORA NON ESTARIAMOS NESTA SITUACIÓN DE DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO.

SEÑORES DA DEREITA, TANTO PP COMO CxB, ADIQUENSE A GOBERNAR E MIRAR CARA ADIANTE, E DEIXEN O RETROVISOR TRANQUILO QUE O POBO QUERE GOBERNO, NON DESTRUCCIÓN. O POBO QUERE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS DO DÍA A DÍA E NON INSULTOS NA PRENSA.

viernes, 5 de septiembre de 2008

O DESGOBERNO XA SE VE DENTRO DA CASA....

LA VOZ DE GALICIA

El personal laboral del Concello de Betanzos podría movilizarse

La alcaldesa de Betanzos, María Faraldo, mantendrá hoy una reunión con representantes del sindicato UGT ante la decisión del personal del concello betanceiro de iniciar movilizaciones, debido al «absoluto rechazo» a la política de personal de la regidora, y ante la situación salarial de muchos trabajadores. Según manifestó Luis Baneira, secretario general de UGT en A Coruña, «el 65% no alcanzan los 750 euros de sueldo».

EL IDEAL GALLEGO

El personal laboral acusa al gobierno municipal de “engaños” y “mentiras"

El conflicto entre el personal laboral y el gobierno local betanceiro amenaza con llegar a la calle. UGT emitió ayer un comunicado donde alerta de la supuesta mala fe de la coalición popular-independiente, y las posibles mentiras y engaños de la alcaldesa, María Dolores Faraldo.

El personal laboral del Ayuntamiento de Betanzos acordó, por unanimidad, iniciar movilizaciones y fijar un calendario de protestas contra el equipo de gobierno brigantino, una coalición popular-independiente que preside la conservadora María Dolores Faraldo Botana, “ante la falta de voluntad de negociación y mala fe que han demostrado con los trabajadores”.

La decisión se adoptó en asamblea el pasado miércoles, 3 de septiembre, después de varios días de malestar entre los trabajadores. Durante la reunión, convocada por el comité de empresa, la plantillla manifestó “su absoluto rechazo a la política de personal” de los representantes municipales.

Propuesta > Los trabajadores consideran que la alcaldesa brigantina les ha estado “tomando el pelo y engañando” desde hace un año.

Según explicaron ayer desde la Unión General de Trabajadores (UGT), el comité de empresa presentó una propuesta de acuerdo económico a la regidora local que ésta rehuyó “con argumentos que no se sostienen jurídicamente y por los que, tanto el Comité de Empresa como UGT, consideran que María Dolores Faraldo ha mentido” en un intento por engañar a los operarios.

Sueldos > Las mismas fuentes señalan que la mayoría del personal laboral del Ayuntamiento de Betanzos percibe unos salarios que no alcanzan los ochocientos euros líquidos, “a pesar de tener muchos años de antigüedad”, matizan.

En este sentido, tanto la plantilla como el comité de empresa y el sindicato UGT no dudan en calificar de “miserables” los sueldos del consistorio garelo.

La Federación de Servicios Públicos de UGT también anunció que esta misma semana interpondrá, a petición de la asamblea de trabajadores, alegaciones al presupuesto municipal, en período de reclamaciones.

El sindicato tampoco descarta presentar, a petición de los empleados, diversas denuncias y demandas judiciales contra el gobierno municipal, “ante el incumplimiento sistemático de la normativa vigente y de los derechos de los trabajadores”, concluyeron fuentes del sindicato obrero.


LA OPINIÓN CORUÑA

Los funcionarios protestan por los salarios que reciben

El Ayuntamiento defiende que ha estado siempre dispuesto a negociar con ellos.

Los funcionarios del Ayuntamiento de Betanzos decidieron en una asamblea celebrada el miércoles iniciar movilizaciones y actos de protesta contra el Gobierno local por lo que consideran unos sueldos "miserables". El personal argumenta que, ante la "falta de voluntad de negociación y mala fe" del equipo de gobierno se han visto obligados a convocar las protestas.
La Federación de Servicios Públicos del sindicato UGT sostiene que "la mayoría" de los funcionarios del Concello de Betanzos no alcanza los 800 euros líquidos de sueldo, "a pesar de tener muchos años de antigüedad", añade el sindicato.
En la asamblea celebrada el miércoles, el comité de empresa del personal laboral del Concello manifestó su rechazo a la política llevada a cabo por la alcaldesa, María Faraldo, con los funcionarios. Ésta, por su parte, apuntó que el Gobierno local "mostró durante su mandato su buena disposición a negociar con los trabajadores".
El Ayuntamiento añadió que les sorprende que sea UGT quien haga público el malestar de los trabajadores cuando la situación, indicó, ha ido a mejor durante el último año.


INCREIBLE, LEVAN UN ANO UNS E UNHOS DÍAS OUTROS E XA TEÑEN AOS SEUS PROPIOS TRABALLADORES NA SÚA CONTRA. BOS XESTORES ESTES QUE NON SABEN NIN MANTER A SÚA PROPIA CASA.

É O QUE TEN A DEREITA QUE CANDO SE XUNTA EN VEZ DE GOBERNAR, DESGOBERNA.

E AQUÍ EN BETANZOS TEMOS UNIDA A DEREITA E A EXTREMADEREITA, E XA SE SABE....

VIVIR PARA VER!!!

jueves, 14 de agosto de 2008

Balconadas 2008


Vemos hoxe publicado na prensa unah nova referida á Bienal de Balconadas deste ano.

E o que chama poderosamente a atención é a COORDINADORA de tal evento.

Que sorpresa cando vemos que para tal cargo a alcaldesa nomeou á muller que figuraba na lista do PP nas anteriores eleccións municipais no número sete, LOURDES SUÁREZ.

Por activa e por pasiva leva tempo Marifa tratando de colar no goberno municipal a esta muller, intentouno fallidamente pedindo a acta de concelleiro de Juan "Ventosa" e a de Sito Porcas. E agora parece que encontrou a entrada para dita persoa.

SERÍA INTERESANTE SABER OS CRITERIOS QUE SE SEGUIRON PARA ESTE NOMEAMENTO, SI HOUBO UNHAS BASES E SE CONVOCOU A MESA DE CONTRATACIÓN PARA TAL EVENTO.

SI CONSULTAS A PAXINA WEB DO CONCELLO PODES VER QUE HAI PROCESOS DE SELECCIÓN PUBLICADOS NA MESMA, PERO DE ESTE NON HAI NIN O MENOR DATO.

PARACE UN ACTO PURO DA CLARIDADE E TRANSPARENCIA QUE TANTO PREGONAN OS DOUS GRUPOS DA DEREITA BETANCEIRA.

OUTRO DOS ENESIMOS FAVORES E PEAXES QUE A ALCALDESA TEN QUE PAGAR POLO SEU CARGO, ESTA VEZ TOCALLE A UN INSIGNE MÉDICO DA DEREITA BETANCEIRA REPRESENTADO POLA SÚA FILLA.

VIVIR PARA VER.....

viernes, 1 de agosto de 2008

Agosto de 2008

Aquí andamos, cunha relaxación que xa roza a deixadez, pero que ben se vive de vacacións.....

E agora comenza agosto, e como xa dixera no seu momento, limitareime a esperar movementos do pacto dos dous partidos da dereita betanceira para retomar as entradas. Sempre e cando non hai algún tema digno de comentar que entón non poderei resistir e publicarei.

Mentres tanto, felices vacacións a todas e todos, si si a todos e todas, leiches ben, date por felicitado ti tamén....

sábado, 12 de julio de 2008

Pedro en estado puro de novo....


Prometín estar en silencio unha tempada pero isto é digno de narrar.


Hai tempo que houbo unha serie chamada "Verano Azul" na que apareceu esta canción:


Del barco de Chanquete

no nos moverán,

del barco de Chanquete

no nos moverán,

porque en el barco

tiene el su vida

¡¡¡no nos moverán!!


Pois esta canción ven ao caso porque parece ser que a señora alcaldesa cantou esta canción a Pedro de la Fuente, cando este, dixo á señora en cuestión que polos seus co*#"ns habia que sacar un horreo da Feira Medieval. Ela fixo honra ao seu cargo e dixo que polo de agora a alcaldesa era ela e o horreo ahí quedaba. Autoridade ante todo....


Ai Mari onde te metiches con estes ceporbianos, vante tolear....


Bueno ao que nos ocupa, aquí deixo a adaptación desa canción de Chanquete cantada pola tonadillera "Marifá de Bergondo":



EL HORREO DE LOZANO

NO SE MOVERÁ,

EL HORREO DE LOZANO

NO SE MOVERÁ,

AUNQUE PEDRITO

SE PONGA TONTITO

¡¡NO SE MOVERÁ!!

viernes, 30 de mayo de 2008

Situación en Betanzos

Logo de pasar unhos días desde o anuncio de CxB de retirar o seu "apoio" á alcaldesa, parece que empezan a estar as cousas un pouco claras do que vai acontecer.

O PSOE xa se posicionou como poidemos ver na prensa y dixo que non ía reunirse con CxB ata que estes romperan por completo co PP, postura que parece bastante coherente logo da cantidade de chantaxes que plantexaron CxB ao inicio desta lexislatura.

Por outra banda tamén en días pasados nos enteramos de que CxB e PP chamaranse o luns para principiar os contactos e tratar de continuar co goberno de colacición que levan tendo desde hai un ano.

Pero todo apunta a que si chegan a acordo esta vez, os independentes entraran no goberno con claridade e transparencia, é decir con responsabilidades de goberno reales e non movendo os hilos desde a oscuridade.

Estes días limitareime a ir dando conta das novas que vaian xurdindo con respecto a este tema, xa que considero oportuno tratalo coa importancia que merece e non entorpecer con temas secundarios.

Secundarios, pero non por iso intrascendentes, porque xa comento agora que non quedará sen artigo a operación de expropiación-permuta-especulación que quería colarnos a alcaldesa beneficiando como sempre a particulares en contra do interés público.

jueves, 22 de mayo de 2008

Esperando

Está o ambiente como hai tempo non estaba. Unha cousa temos que agradecerlle a estes rapaces de CxB, fan vivir situacións políticas insospeitadas.

Agora mesmo creo que estamos sen nada novo con respecto a fai dous días, por iso a cousa ten que esperar, prefiro non comentar nada porque as informacións que me chegan son de todo tipo, desde que xa está firmado con PSOE ata que xa pactaron con PP, que si o alcalde será Javier, que si van a ser mitade cada un. Por iso facer cábalas parece pouco máis que tirarse á piscina sen auga.

Esperarei a ver que novas imos tendo e como vai respirando o ambiente polo pobo adiante.

Unha cousa si vou comentar, a xente case toda non entende que CxB vaia negociar co PP. Logo de retirarlle o apoio parece algo de perogrullo negociar con eles. Rompes un pacto porque a alcaldesa non cumple, e ao mesmo tempo comezas unha negociación con ela para que continue onde está.

Eu non sei moi ben o que pasará, agora si teño que aventurarme creo que en breve a moción de censura non se producirá.

Cando vaia tendo novas frescas procurarie actualizar o blog, e tratarei de activar os comentarios con máis asiduidade, os tempos merecen tal esforzo.

martes, 20 de mayo de 2008

Si retiras é que algo tiñas ou facías?

Atención porque hoxe temos importante convocatoria de CxB cos medios de comunicación.

Según avanza "La Voz de Galicia" van a retirar o apoio que veñen prestando ao PP.

POLO QUE PODEMOS DESPRENDER QUE: SI RETIRAN É QUE APOIABAN, A VER COMO SE ENTENDE ISTO DESPOIS DE TANTO COMENTARIO DE QUE NON APOIABAN O GOBERNO DO PP.

Esperemos a ver o que din hoxe e mentres deixo o enlace da nota que aparece hoxe no xornal "La Voz de Galicia".

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/05/20/0003_6834438.htm

jueves, 15 de mayo de 2008

Coherencia

Vou comezar esta entrada coa definición de COHERENCIA.

coherencia.
(Del lat. cohaerentĭa).
1. f. Conexión, relación o unión de unas cosas con otras.
2. f. Actitud lógica y consecuente con una posición anterior. Lo hago por coherencia con mis principios
3. f. Fís. cohesión (‖ unión entre moléculas).
4. f. Ling. Estado de un sistema lingüístico o de un texto cuando sus componentes aparecen en conjuntos solidarios. La coherencia del sistema de adverbios de lugar en español se manifiesta en tres grados.

Pois ven ao caso este termo cunha nota de prensa que puiden ollar hoxe no xornal "El ideal gallego" con respecto ás taxas da recollida do lixo.

Paso a transcribir a nota porque teño problemas para poñer o enlace.


El PSOE acusa al PP de mentir sobre las tasas de las basuras para ganar votos.

Los socialistas de Betanzos acusan a la alcaldesa, María Faraldo, de engañar a los vecinos durante las elecciones municipales con el propósito de ganar votos. El PSOE denuncia que la regidora fue muy crítica con el Consorcio en el pasado y que ahora permite que se suba la tasa de la basura. El portavoz del grupo municipal del Partido Socialista en el Ayuntamiento de Betanzos, Ramón García, sacó ayer a relucir las que él denomina “mentiras” de la alcaldesa, María Faraldo, en relación con la próxima subida de las tasas de recogida y tratamiento de basuras por parte del Consorcio das Mariñas.
García aseguró que en plena campaña electoral de los comicios municipales de 2007, cuando Faraldo todavía era candidata del Partido Popular a la alcaldía, la regidora criticó con dureza la subida de las tasas aprobada en aquel momento por el Consorcio, que afectó a los municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo y Oleiros, y que se comprometió ante los vecinos a que, de salir elegida alcaldesa, promovería una rebaja de las tasas aprobadas por la entidad supramunicipal.
Explicación > Los socialistas reclaman a la regidora que ofrezca explicaciones a los vecinos porque hace días, en una reunión del Consorcio das Mariñas, en el que actuó de presidenta en funciones, se aprobó una subida de las tasas de casi un cinco por ciento, que será aplicado en el próximo semestre de este año.
El PSOE considera que su promesa electoral fue “un engaño deliberado con el único propósito de conseguir unos cuantos votos pues era consciente de la imposibilidad de llevar a cabo la rebaja de tarifa”, dice.
Ramón García añade que en política “no vale todo” y pide a María Faraldo que asuma compromisos cuando tenga intención de cumplirlos.

SEÑORA ALCALDESA SEXA COHERENTE E ACTÚE CONSECUENTEMENTE CO QUE DI.

AS PERSOAS SOMOS DONAS DOS NOSOS SILENCIOS E ESCRAVAS DAS NOSAS VERBAS.

Aquí queda de manifesto que esta señora non mira nada máis que polo seu interés particular e deixa de lado os intereses de Betanzos. Cando un ano atrás criticaba as subidas da taxa de recollida do lixo era so para atacar ao anterior equipo de goberno. Agora podemos ver como ela, non soamente non é critica coa subida deste ano para Betanzos, senon que avala dita subida xa que actuaba de presidenta do Consorcio das Mariñas na reunión en que se revisaron as taxas do lixo.

VIVIR PARA VER.

miércoles, 30 de abril de 2008

Favoreceremos intereses privados e xa irán catro veces

Que sensación máis curiosa volve a deixar de poso o pleno celebrado onte no concello.

Xa vai a cuarta vez en que vemos como se presenta un tema, como avisando de que a posteriori se tratará, parece que o que quere facer Marifá é poñer en aviso dunha decisión que se vai tomar (mal tomada, todo apunta) e que cando a tome xa a teñamos medio dixerida e que a crítica sexa menor.

Digo que xa van catro veces, porque o tema da parcela do Pasatempo semella moito a temas pasados como o da Condesa, a galescola ou o cine Alfonsetti.

Para comenzar vai nun pleno longo, e nun dos puntos finales, para que xa o debate chegue na baixada e con ganas de rematar. Logo, polo escoitado onte, presenta unha moción na que os grupos de oposición non saben moi ben o que propón, e ao final enteranse de que avisa de que en plenos posteriores vai tomar unha decisión. Creo que para tomar unha decisión non ten que avisar a ninguén, sobre todo cando xa ten a decisión pensada e non vai cambiala por moito que se lle diga.

Tal desconcerto sembra, que os seus socios de goberno trocaron o voto durante o transcurso do punto, estes ceporbianos son de traca, cada día se superan. Ao final collereilles cariño polo parvos que nos queren facer ver que son e que realmente non o son, ou si....

Unha cousa queda clara, e parece que podemos denominala como o punto de unión entre os catro temas falados, (Condesa, galesco, Alfonsetti e Pasatempo).

EN TODOS ESTES PROCESOS A ALCALDESA XUSTIFICASE VILMENTE PARA BENEFICIAR Á PARTE PRIVADA EN TODO MOMENTO, EN VEZ DE MIRAR POLO POBO, MIRA POLOS INTERESES PARTICULARES.

Lembremos a modo de anécdota a publicidade gratuita que levou a inauguración do Eroski con rolda de prensa no Liceo por parte da alcaldesa, inauguración da propia alcaldesa e demáis. Cando estamos a falar dun negocio privado, e que ten competencia noutros negocios en Betanzos.

Pois que casualidade, a empresa que ten a concesión do fallido Centro Comercial do Pasatempo é Eroski, casualidade ou non casualidade? Eu teñoo claro.

Igual que tiña claro porque deixou morrer o proceso de expropiación dos terreos da galescola, sería por ser propiedade dun promotor afín ao PP.

Igual que tiña claro o do Alfonsetti, será por ser concesionarios unhos insignes militantes do PP.

E igual que tiña claro o da Condesa, onde os terreos son dun non moi lonxano parente dese señor que cobroú do concello unha indemnización e que está asociado nalgunha promoción co marido de Marifá.

Fagamos un traballo coherente, e loitemos por perder o menos posible nesa recuperación, lembrando sempre que a empresa ten a obriga de facer un centro comercial un hotel e un auditorio. ESPEREMOS QUE SE CHEGUE A UN ACORDO ACORDE CO QUE HAI E NON ACORDE CO QUE BUSCA A EMPRESA PRIVADA.

Este tema ainda comenzou a andar e seguro que dará liñas e máis liñas.

Non quero acabar sen lembrar o que xa podemos denominar a perla desta lexislatura, dudo que vaia haber intervención mellor que a que onte poidemos oir a Javier Ceporbiano. Máis propio do mellor Buñuel que de alguén con dous dedos de frente. Non tivo mellor ocurrencia que facer un rogo ao PSOE. Isto xa é para sentalo no diván de Freud.

Onde se viu facer un rogo á oposición. Si queres que che asinen un documento, comentas o tema fora do pleno, cando remate por exemplo, pero non nun rogo, cada día CxB superase, teñen a capacidade de sorprender, algo digno de admirar.

viernes, 25 de abril de 2008

Gasto Corrente

Ano 2007, 1º ano de goberno de María Faraldo, a economía do concello está polo chan, non se pode gastar en nada, cada vez que alguén fala de algo con ela sempre sae co mesmo tema, non hai cartos para nada.

Cada pouco temos na prensa á mencionada alcaldesa azotando con críticas ao anterior equipo de goberno polo mal que quedaron as arcas municipais.

Pero non se sabe de onde, pero para algunhas cousiñas que a ela lle petan vai sacando algún que outro euriño.

PREGOEIRA DAS FESTAS DE AGOSTO - 3.000 €. Gasto totalmente necesario, gracias a esta rapaza conseguimos sair nas revistas do corazón e en programas televisivos de gran calidade como "Aquí hay tomate". A afluencia de xente ao pregón similar a outros anos, e os anteriores anos, pregoeiros gratuitos.

EMPRESA DE PROTOCOLO PARA AS FESTAS DE AGOSTO. Imprescindible, ainda non sei como o PSOE era capaz de organizar tal evento sin unha empresa externa que levara o tema, gasto totalmente xustificado e necesario.


PREGOEIRO DA FESTA DA TORTILLA. Viñeron á Festa da Tortilla Pablo Gallego como pregoeiro e Pablo Portabales como xurado, xente que non malgatou o tempo en tremendo evento de forma gratuita. Gasto imprescindible para o transcurso da festa.

EMPRESA DE XARDINERÍA - 30.000 €. Grande contrata esta, sin eles sería un desproposito o verde de Betanzos. Antes daba gusto ver parques, xardíns, árboles e demáis. Agora, con esta empresa, as zonas verdes de Betanzos non valen nin para ver.

ASESOR XURÍDICO EXTERNO - 18.000 €. Non hai concello que se precie que non teña un asesor externo, non eres ninguén na vida política municipal sen un asesor externo xurídico. O concello ten este posto cuberto, pero é necesario gastar noutro porque sempre pode fallar o aseor que está en plantilla.

Con estos pequenos apuntes (que seguro se me escapan gastos tan ou máis necesarios que istes) so quero deixar claras unhas cousas.

O concello e a súa alcaldesa gastan e invirten os cartos no que consideran oportuno e máis beneficioso para Betanzos, como é lóxico. Pero si nos falan de que non hai cartos, creo que estos gastos que aquí enumero poderían ser prescindibles sen ningunha dúbida.

Por iso, deixemonos xa de parvadas e gobernemos iste o noso pobo que últimamente parece sumido no máis abosluto dos caos (será pola boa xestión de algún que outro concelleiro que en vez de mirar obras non sei a que se adica...).


E MENTRES TANTO CxB A VELAS VIR COMO SEMPRE, PORQUE TODAS ESTAS CONTRATACIÓNS E GASTOS QUE SEGÚN O SEU PACTO PASARÍAN POLO PLENO, CREO QUE NINGUNHA O FIXO.

PAPEL MOLLADO O PACTO FIRMADO, ERA VISTO.

viernes, 11 de abril de 2008

Negro + Blanco = .....

Que curioso resultou para quen prestou atención o pasado martes ao pleno extraordinario celebrado polo tema do Cine Alfonsetti.

Vendo os toros desde a barreira, para min quedan claras algunhas cousas que relato agora.

- O PP e CxB, eses socios de goberno (NON O DIGO EU, RELATOUNO A ALCALDESA) acordaron facer un pago a unha familia que parece a todas luces evitable, pero eles non pretenden evitalo, algo sacarán con isto, ou haberá que pagar favores. Os cartos saen das arcas minucipales, e parece que en vez de buscar a solución para evitar o pago, buscamos a xustificación para facelo, curiosa situación.

- Nen o PSOE nen o BNG prentende perder unha subvención tan importante como semella esta do cine, simplemente o que votan en contra é o pago arriba mencionado. Pero os socios de goberno tratan de embarrar o tema decindo chorradas como que agora que non gobernan votan todo en contra. Non é así señores socios de goberno (PP-CxB), aquí os dous partidos de esquerda, tratan de mirar polos intereses de Betanzos e non como fan os partidos de dereitas (PP-CxB) que priman os intereses dunha familia particular, que curiosamente teñen relación con estes partidos de dereitas.

- A careta de CxB xa quedou ao descuberto no pleno, xa a alcaldesa dixo claramente que CxB ERAN OS SEUS SOCIOS DE GOBERNO. Isto que parece tan grave non o é, sempre e cando se admita. O que pasa é que queremos apoiar ao PP pero ao mesmo tempo decir que non o facemos. O PRIMEIRO QUE HAI QUE SER NESTA VIDA É COHERENTES E CONSECUENTES COS ACTOS. E POLO QUE VEMOS CxB NON O SON, ANDAN ÁS AGOCHADAS.

- No transcurso do pleno poidemos oir a Pedro de la Fuente como amenazaba á alcaldesa con pedir informes externos si non tiñan acceso a os informes minucipales. Volven a pecar de incoherencia, andan por ahí decindo que non teñen apoio xurídico tal que os outros partidos, que estan desamparados na vida política municipal e resulta que non é así, que si queren dispoñen de informes xuridicos. COMO XA DIXEN ANTES, COHERENCIA, SAQUEN DUNHA VEZ POR TODAS ESA PEL DE CORDEIRO QUE TAN POUCO LLES VAI E DEIXENNOS VER A VERDADEIRA CARA, QUE PODE QUE SEA DE LOBO....

E para rematar e que a xente non se alpore, que parece que anda o ambiente caldeado, estos comentarios fagoos a título personal, e cando digo isto refirome a que nin son concelleiro nin teño relación orgánica co PSOE nin con outro partido. Si disparan faganno a min, deixen á xente que non ten nada que ver con este blog tranquila. Vinme na obriga de moderar os comentarios porque dun tempo a esta parte os ataques persoais hacia persoas alleas a este blog foron en aumento, e non vou tolerar iso, quen queira insultar gratuitamente que o faga noutro sitio, non aquí.

lunes, 7 de abril de 2008

Xa son clicks....

Vinte mil, carai como soa esa cifra, parecen suficientes clicks para un sentir que interesa o que escribe.

Non contaba cando abrín esta bitácora chegar a estas cifras, pero ahí están.

Somos 20.000 e segue subindo o número de visitas.

GRAZAS A TODOS POR ESTAR AHÍ.

martes, 1 de abril de 2008

Pleno de cine

Que lle pasa aos claros e transparentes?

Seica hai algo que lles faga nun pleno decir unha cousa e noutro outra?

Teñen a capacidade de decidir ao seu gusto as cousas que competen a todolos betanceiros?

Pois parece que así non se deben tomar as decisións, hai unhos meses votaron co PP a favor de pagar unha indemnización á familia Pita pola concesión do antigo cine Alfonsetti, e xa naquel momento o BNG e o PSOE dixeron que iso non debería facerse, que a concesión xa non existía e que o contrato debería deixarse vencer. E eles, CxB, o partido que apoia no goberno ao PP, (crendose sempre coa razón na man, e falando de ser garantes da claridade e transparencia) botaron en cara ao BNG e PSOE temas de cinismo político, coherencia, etc.

E agora, neste pleno de marzo collen e coa tranquilidade pasmosa de quen non sabe o que fai, deciden pedir informes (cousa boa), informes que obviaron noutro pleno no que apoiaron o pago.

Que pasa agora señores e señora de CxB? Sexan coherentes e tomen as decisións pensando as cousas duas veces, lembren que falamos de pagar unhos cartos polos que todo apunta que non estamos obrigados a facelo. Non apoien cousas se non están seguros de facelo con todas as consecuencias, e si o fan, asuman o que fan, que as decisións están para tomarse e non para andarlles dando voltas, e menos en temas tan importantes como parece este.

martes, 25 de marzo de 2008

ATA SEMPRE

Onte tivemos a triste nova da morte de JOSÉ DOMÍNGUEZ RIVAS, insigne socialista e sindicalista da UXT.
Foi concelleiro en Betanzos e actualmente era Presidente de Honra do PSdeG-PSOE na mesma localidade.
Alá onde queira que estés PEPE, recibe estas sinceras verbas como unha mostra de cariño e admiración hacia ti.
UN BO SOCIALISTA QUE CREÍA NO QUE PENSABA E FACÍA.

jueves, 13 de marzo de 2008

Avda. Jesús García Naveira

Tras unha longa etapa na que esta avenida estivo abandonada da man de deus, tivo que chegar á Xunta o presidente socialista para licitar a obra. Esta licitación tivo lugar cando tiñamos como alcalde a Manuel Lagares, polo que o merito de tal obra podemos atribuilo por completo tanto á Xunta de Touriño como ao goberno municipal de Manuel Lagares.
Debido ás cousas da democracia, encontramonos con que este goberno municipal da actualidade, o PP, atopou unnha morea de obras xa licitadas, contratadas ou prometidas, entre elas esta mesma.

Engloba a pavimentación da Avenida Jesús García Naveira, Linares Rivas e Avenida Fraga Iribarne, coas súas correspondentes aceras, pluviales, canalizacións de auga, etc. Incluso unha iluminación á parede da alameda.

Pois be, este novo goberno popular (arropado por CxB) a única misión que debe facer é velar porque todo transcurra coas menores molestias posibles para os veciños, eles non farán nada da obra.

E para isto, fanno mal, enviaron ás casa información que logo publicaron na prensa de conforme quedaría o tráfico nesta 1ª fase que vai desde o Muiño Roxo ata o Gadis. E cal foi a sorpresa, cando falaron dunha ordenación de tráfico que para nada é a que agora temos. Envían á prensa e ás nosas casas unhas directrices que logo non son como din desde o primeiro momento da obra.

SEÑORES, NON SE LLES PEDÍA MOITO NESTE TEMA, SOAMENTE BOA INFORMACIÓN XA QUE A OBRA ATOPARONNA LICITADA, PRESUPOSTADA, TODO FEITO POLA XUNTA E O ANTERIOR GOBERNO MUNICIPAL SOCIALISTA. NADA TEN QUE FACER O CONCELLO MÁIS QUE VELAR POR QUE TANTO VIANDANTES COMO CONDUCTORES TEÑAN OS MENORES PROBLEMAS POSIBLES MENTRES TRANSCURRE O AMAÑO, E NIN ASÍ FAN ALGO BEN.

EN DUAS PALABRAS IM PRESIONANTE.

lunes, 3 de marzo de 2008

Andrés Alberto Porcas Fraga


Andrés Alberto Porcas Fraga, candidato do PP nas eleccións locales de 2007 no posto número seis.

Forma parte do equipo de goberno, e dirixe a área de deportes, entre outras como son obras e festas. Ten unha das adicacións exclusivas das tres que asignou a alcaldesa.

Para quen non se decate de quen é este señor, diremos que se trata de SITO O DO KIKO.

Entre outras cousa coñeciamos a afición que tiña polas cartas e as máquinas tragaperras.

E agora estamos en disposición de falar de outra afición, o "FÚTBOL DE PIÑAS".

Hai unha liga de fútbol de aficionados que se chala Liga de Peñas, pero este home xoga no que a el parece que lle gusta denominar doutro xeito, "LIGA DE PIÑAS".

Por que digo isto, moi fácil, nun partido no que o seu equipo xogaba, parece ser que SITO pegou ao árbitro. Como é pertinente o árbitro cursou a denuncia pertinente.

Que orgullosos podemos sentirnos os betanceiros e betanceiras de que a persoa que leva o mando do noso concello na área de deportes, ande por ahí agredindo a arbitros en partidos de fútbol. Parece algo moi pouco apropiado.

Creo que se descalifica el mesmo cos seus actos.

miércoles, 27 de febrero de 2008

motos, eleccións e facturas infladas


Adalid das boas maneiras e xeitos deste concello, garante do bo facer da policía local de Betanzos.


Así saiu onte o casiportavoz do PP betanceiro falando do bo funcionamento do tráfico en Betanzos, e mentindo cando di que o tráfico no casco sigue igual que antes. MENTIROSO so se pode decir.


Hoxe ainda que ía falar do pleno municipal en exclusiva, vou adicarlle a foto a este o noso concelleiro casicalvo do PP.


Situemos a fotografía (de mala calidade por certo), rúa dos Anxeles, ao lado do restaurante Vega e fronte aos Soportais do Campo, máis ou menos a unhos catrocentos metros da casa do citado home.


Concelleiro concelleiro, pregonemos con exemplo, que o venres pasado tiveches o coche aparcado no citado lugar máis de unha hora.


Que pouca dignidade tedes, máis traballar e menos demagoxia.

martes, 26 de febrero de 2008

1º DEBATE ELECTORAL

Resultados iniciales do debate, parece que axustadamente gañou ZP. Boa contienda ainda que algo chea de reproches e poucas propostas.
Esperemos oir máis propostas o próximo luns.
Parabens ZP, E PARABENS A UN DOS UNTADOS QUE GAÑOU UN OSCAR EN HOLLYWOOD, JAVIER BARDEM.




lunes, 18 de febrero de 2008

in - dePPendientes

De insulto á intelixencia betanceira poderiamos calificar unha das últimas notas de prensa que se poideron ler dese partido que se autocalifica como CxB, e tamén chamados Ceporbianos, ou in-dePPendientes. Calificativo este último que comeza a gustarme co paso dos días, e creo que a ninguén dos ávidos lectores deste blog se lle escapará o xogo de palabras.

Refírome ao tema do Cine Alfonsetti, e máis concretamente, a unha proposta de facer un debate público para o uso que se dará a esta nova instalación. Neste aspecto pareceme opinable o tema, eu creo que os políticos que gobernan son os que toman as decisións, para algo gobernan, e os grupos da oposición opinan, critican e aportan ideas. Pero está ben claro que a responsabilidade de tomar decisións, a delimitación marcase no momento en que os votantes deciden e cando se inviste alcaldesa a unha persoa, sexa cos votos que sexa.

Eu, tamén farei a miña proposta, xa que estos ceporbianos queren ideas de uso, máis adiante escribireia miña. Pero agora voume centrar no que me levou a escribir estas verbas, na referida nota sobre o cine, teñen a vergoña e desfachatez de decirnos a todos e todas, que deixemos de lado o tema dos cartos que se lle pagarán á familia Pita. Que ese tema xa non debe xerar debate.

Para caer de cu parece a afirmación, que sinxelo facemos as cousas cando no s interesa favorecer a persoas cos cartos de todolos betanceiros.

Resulta que a Xaime Pita (INSIGNE MILITANTE DO PP, E AMIGO DE JAVIER DE LA FUENTE, INCLUSO CHEGOU A AFIRMARSE QUE APOIABA A CxB NA CAMPAÑA DAS MUNICIPAIS) e a o seu irmán Emilio, hai que pagarlles unhos cartos, que si esperamos a abril podemos aforrar. E o mellor que se lle ocurre decir a CxB é que deixemos ese debate e nos centremos noutros temas.

¿Que interesés move a CxB en favorecer a esta familia?

Si tan mal está economicamente o concello como queren facernos ver algúns, este pago, en todo caso innecesario, podería evitarse facilmente.

SEGUIREMOS PAGANDO FAVORES???

P.D. Como ben dixen antes, ahí vai a miña proposta para o Cine Alfonsetti, e para todo o complexo Santo Domingo. Eu remodelaría todo, e faría un MUSEO DO TABACO, dando a xestión do mesmo a un estanco betanceiro, e xa postos, elexiriamos ao estanco da familia De La Fuente, por proximidadE xeográfica. Incluso poñeriamoslle de nome MUSEO DO TABACO DONA URRACA.

lunes, 11 de febrero de 2008

As macetas


De impresión unha das últimas novas recollidas pola prensa con respecto ao "apadriñamento" de macetas proposto por esa señora que xa case me resisto a calificar como alcaldesa.

Para min solo cabe un adxetivo calificativo para esta medida, TONTERÍA, é o único que podo decir con respecto ao tema.

Creo que o máis productivo con respecto a macetas, xardineiras, plantas e xardines en xeral do concello, sería que os traballadores muncipais fixeran o traballo como antes de que Doña Marifá tomara as riendas do concello.

O que pasa é que dende xullo do 2007 deixou de preocuparnos a vida diaria do concello e so nos preocupa sair na prensa, facer favores a amigos empresarios e criticar o feito polo anterior goberno.

Eu vou facer a miña proposta, eu apadriño unha planta diante da miña casa, eso si, os frutos son para uso e negocio meu. Si podo cumplir con esa premisa, eu acollome ao proposto e incluso fago unha plantación na casa ou apadriño por toda a miña rúa.

Traballen gobernantes e deixense de tanta chorrada que soamente temos afan protagonista e propagandistico, e de paso deixen de usar a mentira como recurso de goberno.

miércoles, 30 de enero de 2008

FELICIDADES ALTEZA

40 anos xa son anos, felicidades Felipe!!!.


Dentro de pouco tocarache tomar o timón deste, o noso país, e esperemos que o fagas como mínimo tan ben coma teu pai. Orgullo de todo español e española.


Que teñas unha boa xornada en compañía dos teus e que o pases o mellor que poidas.

jueves, 24 de enero de 2008

A incompetencia do goberno local

Estamos comezando a ver como funcionan de verdade as cousas desde que temos no goberno a esta "señora" e o seu "sequito".

Hoxe, no diario "El Ideal Gallego" vemos unha nova na que un grupo de veciños expresan a súa queixa sobre unha obra que leva parada bastante tempo, refirome ao entorno da Praza Alfonso IX, Valdoncel e accesos.

As escaleiras que comunican a praza coa rúa Valdoncel levan pechadas tempo e tempo, e a rúa e aparcamentos da zona está inutilizados por estar en obras.

Polo pouco que poidemos ver da xestión municipal ata o de agora, destacan as obras no Campo de fútbol do Carregal (retrasadas sen explicación algunha) e esta (parada e complicando a vida da xente da zona e dos usuarios de aparcamento público). UN EXEMPLO DE COMO NON SE DEBEN FACER AS COUSAS. E curiosamente as dúas xestións adscritas a un concelleiro que para máis guasa ten adicación exclusiva. QUE MAL XESTOR ERES SITO DO "KIKO", esperemos que sexas mellor xogando ao poker no "Secadero", ainda que os comentarios polo pobo afirman todo o contrario, que perdes coma un pardillo.

Eu fagome agora unha pregunta, ¿PODERÁ A ALCALDESA, BOTAR A CULPA DE ISTO AO ANTERIOR GOBERNO? Seguro que si, ten cara para isto e máis.

Hai que traballar máis, e deixarse de tanta foto na prensa criticando e prometendo cousas.

Feitos é o que se quere, de todos xeitos, agora que se lle esgota o tempo de facer crítica da excelente xestión do anterior equipo de goberno, veremos realmente a incompetencia, ineptitude e propagandismo deste grupo de goberno. E todo, sempre baixo o amparo e a protección dos ceporbianos.

lunes, 21 de enero de 2008

Calendarios, obras e ex edil

Que sorpresa me destapou onte o xornal La Voz de Galicia, estaba ollando o xornal cando vin a nova de que o calendario municipal ten un erro garrafal de reptir dous meses. NORABOA AOS CONCELLEIROS DO GOBERNO E EN ESPECIAL Á ALCALDESA. Eso chamase facer ben o traballo....

Pero a sorpresa non era esa, cando vexo a nova, ocurrseme mirar o calendario en cuestión, e coa curiosidade que me caracteriza, ollo as fotos, e todo ía con normalidade, fotos de profesionais, fotos dunha arquitecta municipal, fotos de traballadores do arquivo e da biblioteca de Betanzos, e para o remate deixaron a sorpresa, fotos dun tal ISIDRO DOPORTO.

E a primeira pregunta veume rápida, ¿quen é Isidro Doporto?.

Caín na conta de que se trata dun arquitecto técnico de Betanzos, que no seu tempo foi concelleiro do BNG con responsabilidades de goberno na área de urbanismo, e cunha pequena relevancia ultimamente por unha obra da Rúa do Castro onde estaba Deive. Unha obra que estaba paralizada na anterior lexislatura e que cando o PP entrou a gobernar reanudou a construcción. E agora a culpa é de Isidro, bueno, o tema non é o que me ocupa, céntrome.

Logo, asaltoume outra pregunta, ¿que pinta Isidro Doporto facendo fotos para o calendario de Betanzos?.

Está claro unha cousa, o resto das persoas que publican fotos ou son fotógrafos profesionais ou traballan para o concello, pero este home é un particular, a vinculación para co concello foi en tempos pasados, agora creo que o único que o liga será o pertencer ao concello como cidadán betanceiro.

Entón, a reflexión final dime que as cousas estanse facendo mal, moi mal. Con que criterio un particular publica as súas fotografías no calendario, ¿houbo algún tipo de selección de fotografías? ¿onde se publicou esta selección?.

Señoras e señores, isto, que parece unha tontería pola importancia do tema, non deixa de ser un claro exemplo do discorrer da lexislatura, A CLARIDADE E TRANSPARENCIA NON EXISTE, A LUZ E OS TAQUIGRAFOS NON SE USAN. Se obran así cunhas simples fotos dun calendario, o que farán con cousas moito máis importantes.

E outro tema para rematar, non será que ao arquitecto técnico se lle deben favores pola campaña electoral pasada... circulan rumores de que campaña en favor do BNG precisamente non fixo, é máis fixo o contrario; por iso ao mellor o PP ou os seus socios CxB premian a este home coa publicación de fotografías personais do seu arquivo.

viernes, 18 de enero de 2008

Guantánamo

Hoxe, temos unha interesante charla informativa que recomendo a todo aquel que poida acudir.

Trátase dun acto organizado por AMNISITIA INTERNACIONAL, e falará RUHAL AHMED, expreso de Guantánamo sobre as súas experiencias no centro de tortura.

Hora: 20:00

Lugar: Aula de Cultura de Caixa Galica de A Coruña, na rúa Médico Rodriguez, 2.

martes, 15 de enero de 2008

Xa estamos ahí


Precampaña en marcha, ou máis ben podemos decir a toda marcha...

Sirva isto coma homenaxe á xestión do presidente do goberno Jose Luis Rodríguez Zapatero. Que seguirá sendo catro anos máis con toda probabilidade.