jueves, 29 de marzo de 2007

¿Que fará CxB co seu voto?

Parece interesante colgar o escrito que Mariño tivo a ben por e quitar no blog de CxB. Boas conclusións poderán sacarse.

"De acordo co compromiso de honradez e transparencia que suscribimos cos cidadáns de Betanzos, queremos expoñer:

ANÁLISE:
- Do PSOE é de todos coñecido que D. Manuel Lagares leva 24 anos de concelleiro e 22 anos de Alcalde, e D. Antonio Lagares 26 anos de concelleiro, 22 deles con cargos de responsabilidade.
Esta anómala situación, que demostra o control familiar que se exerce sobre unha institución pública, non se produce en ningún outro concello de Galicia.
Pensamos que esto é inadmisible desde o punto de vista ético, polo que a primeira medida de rexeneración pasa por apartar ós irmáns Lagares do Goberno Municipal.
A decisión da que son responsables, en tanto que Alcalde e concelleiro de Urbanismo, e que lle supón ó Concello pagar 800. 000 €, non é mais que a gota que colma o vaso da paciencia dos cidadáns de Betanzos.

- Nas Municipais de 2003, moitos cidadáns que desexaban cambiar o Goberno decidiron votar polo BNG.
A esperanza que supoñía a perda da maioría absoluta por parte do PSOE viuse pronto truncada co pacto de goberno PSOE-BNG, ordenado desde Santiago, que mantiña a D. Manuel Lagares na Alcaldía.
Pensamos que ese Pacto se repetirá sen lugar a dudas dados os acordos PSOE-BNG en Madrid e Santiago de Compostela.
É por eso que non consideramos ó Bloque un instrumento válido para protagonizar o cambio que propoñemos.
Polo tanto, o cambio non poderá producirse se PSOE + BNG obteñen maioría absoluta.

- Nomear ó PP é falar dun partido que, gañando o resto das eleccións, perde sempre nas municipais e leva 24 anos na oposición.
Os betanceiros demostran unha e outra vez que non aceptan os candidatos que propoñen, de aí que coste entender o empecinamento en presentar a Dª María Faraldo despois de fracasar dúas veces seguidas.
A Sra. Faraldo estívonos dicindo oito anos que era o intermediario perfecto para conseguir un trato de favor das administracións. Xa entenderán que agora, estando Deputación, Goberno Autónomo e Goberno Central en mans do PSOE, o seu discurso vólvese contra ela.

CONCLUSIÓN:

Estas circunstancias fan que Cidadáns por Betanzos adopte posicións escrupulosamente democráticas, polo que reunida a súa Xunta Directiva, acordan:

- Non se levarán a cabo pactos de goberno con ningunha outra forza política.
- De ser a lista máis votada gobernaremos en solitario, ben sexa con maioría simple ou absoluta.
- Se outros obteñen máis respaldo ca nos, facilitaremos o goberno da lista máis votada.
- Se a lista máis votada fose a do PSOE, esixiremos a renuncia de D. Manuel Lagares e D. Antonio Lagares. De non producirse, estableceremos coas outras forzas políticas as negociacións e os pactos necesarios de cara a articular un Goberno alternativo."

Betanzos, 27 de marzo de 2007

Donde dixen digo...


A sesión de control que vivimos onte no noso parlamento debeu ser desternillante para os alí presentes, cada día que pasa o PP representado polo señor Feijóo "Apaga Lumes" vai a máis.

Cando gañou a loita interna coma sucesor de Fraga parecía un home moderado, da corda dos que non acaban crecendo no PP, tipo Gallardón ou Piqué; pero defraudoume, leva as directrices que impoñen desde Génova con disciplina recta e actitude firme (ufff esta afirmación parece de epocas pasadas).

No debate de onte tocou falar dos medios de comunicación e da censura. Parece ante todo chocante que o señor Feijóo saque este tema.

Con que caradura aborda o tema despois do que están a facer co Grupo Prisa desde o seu partido, eles que enchen a boca en chamarse decmócratas e falar de liberdade, esa palabra que tanto lles gusta e que casi queren patrimonializar como deles.

A verdade é que parece vergoñento que desde o PP veñan a falarnos de cénsura cando nestes momentos eles teñen censurado a varios medios de comunicación simplemente por un acto de liberdade de expresión levado a cabo por un dirixente dos mesmos.

Si este é o PP que nos espera para Betanzos, señora Faraldo, mellor que quede na casa ou se presente en Bergondo de onde é veciña, e de paso que se leve a Alberto Carro con ela, que tamén que creo é veciño de Bergondo dun tempo para atrás.

Curioso, polo anecdótico do tema, pode que os dous primeiros da lista do PP betanceiro vivan en Bergondo, veremos cando presenten a lista...

martes, 27 de marzo de 2007

Momentos CxB

Bueno, formación de recente creación, xoven, a que máis das que se presentan, o que implica un grao de incertidumbre con respecto ao apoio que poidan sacar nas próximas eleccións e de a quen lle vana perxudicar máis.

Eu, desde o meu particular punto de vista vou a falar das impresións que me se me forman co paso dos días.

Partindo dun punto de vista meramente obxetivo, a única información de esta formación (toma redundancia), é que non din absolutamente nada constructivo.
Simplemente hai que ver a sua aparición e os seus "momentos", permitanme chamalos así.

Deixemos a un lado a formación da lista, ou non a deixemos, a que xogaba xa desde un principio Javier de la Fuente facendose o tapado e dicindo que el non quería ser o cabeza de lista, que el apoiaría pero non desde o primeiro posto (esto oino eu en primeira persoa, díxomo a unha pregunta que lle fisen nun dos seus paseos polo campo que tanto lle gustan).

Que credibilidad ten esta persoa que xa coa formación minte, a verdade.... deixa moito que desexar.

Momento escaparate: gran momento chamarialle eu, xa que nela basean toda a precampaña que parece están a facer. Alugaron un céntrico local, imaxino que a base de talonario porque a situación eche das boas e utilizan a cristalera para publicitar o seu esloga, a sua lista, e aquí chega a gran sorpresa, o único que sabemos ata o de agora é que teñen un crédito pedido, non sei que importancia ten a nivel político, pero bueno creron oportuno poñelo, eles saberán. E ata o de hoxe, non sei se mañá haberá nova, estaban co tema da debeda a un constructor.

Curioso, esto levame a facer unha reflexión que é a seguinte, duas informacións de duas nese escaparate cun persoaxe central, como mínimo para pensar. Podemos chamarlle "a cristaleira de Manolito".

Momento programa electoral: pois este momento non existe, solo críticas e fotos deles, xa deberiamos estar a saber propostas que teremos que votar por alguén o 27 de maio.

Momento mariñeiro: resulta que nace un blog con nome de CxB pero resulta que non é o blog de CxB. Non sei si este mariñeiro vai no camarote dos irmáns Marx ou a que xoga, pero bueno é o que ten, tan pronto e de Esquerda Unida como se afilia a Ciudadanos por Cataluña, pode que a idea do nome de CxB fora del, asi pertence a dous partidos de Ciudadanos.

E o por último temos o momento Javier de la Fuente-PP que o deixarei para adicarlle un especial que o tema ten miga.

lunes, 26 de marzo de 2007

Precampaña en marcha


Antonte tocoulle o turno de presentación de candidatura ao BNG. E logo de revisar onte a prensa e de xa saber como presentaban o acto, destacarei un par de cousas sobre as demais.

A primeira e bastante significativa é o xeito que tiveron de facer a presentación aos medios de comunicación, chamolle así porque simplemente foi a eles a quen dirixiron o acto.

Algo que parece bastante chocante, e que parece ter unha clara explicación, o medo a que non tiveran a presencia que se espera nestes actos, é dicir, que non encherían no acto, e para iso pensaron, mellor encerramonos nos sos e facemos unha comilona que así temos o estomago cheiño e non andamos con dores de cabeza por ver si enchemos ou non o acto. Bueno dores de cabeza parece ser que tamén poido haber o día seguinte pola cantidade de liquidos inxeridos ;-)

O segundo punto a destacar e o número de candidatos que levan na lista, aquí si que dan a campanada, podemos falar de que son os mais "fashion" xa non de Betanzos, eu creo que da comarca ou casi da provincia levando ata 27 o número de integrantes na lista. Bueno será unha anecdota, pouco mais que iso, xa que apareceu en datas recentes aprobado no BOP que voltarán a ser 17 os concelleiros que formarán o total dos que elexiremos o 27 de maio.

Espero que non hai alguén pola lista que logo de tanto viaxe a Cuba, crea que Betanzos pode contaxiarse do espiritu cubano e modificar por arte de birlibirloque o número de concelleiros que nos representarán. De verdade que non quero pensar nisto e que soamente sexa tan aamplia a lista por darse un aire de grandeza e para facernos ver aos betanceir@s que hai moita pelexando por ir con eles.

Curioso esto último e que me leva a enlazar as duas cousas que destaco, xa que se contradicen dun xeito claro, por un lado a xente anda a codazos por que os levemos na lista e por outro presentamos a porta pechada, interesante forma de facer as cousas.

viernes, 23 de marzo de 2007

A cuota de poder


Comentaronme onte que un día de estes, non moi lonxano, presentará o BNG a sua lista para optar ás eleccións municipais.

E parece ser que as variacións nos tres primeiros postos son mínimas, e cando digo mínimas refirome a que non haberá cambios de posición, nos tres primeiros posotos, así serán Sito o cabeza de lista, Xabier o número dous e Tita a número tres.

Despoís de moita loita interna e de moito boicoteo, ao final, o rapaciño ese que tanto mira por min, que me pide unha rúa e todo eso, quedou relegado ao cuarto posto diría eu.

Vamos a ter que facerche unha campaña moi boa porque todo apunta a que catro concelleiros serán moitos. Entrouvos o terceiro nas anteriores eleccións e o cuarto quedou lonxe, todo apunta Henrique, a que debes ceñirte ao teu blog porque a túa intención de pisar a Xabier non tivo o froito desexado.

Bueno, pero non perdas a esperanza que eres xoven e terás tempo de facer o asalto total e incluso coller o number one.

jueves, 22 de marzo de 2007

A memoria "histérica"


Chamaremoslle así á memoria de algunha ou algunhas persoas que deben poñerse nerviosas cando soben a un atril ou cando se poñen diante dun micro.
Hai algúns días, algún insigne dirixente nacional do PP comentaba que falar da guerra de Irak era falar do pasado, e parece que á señora que leva o mando do PP en Betanzos, falar de hai 4 anos (tempo en que se iniciou a guerra en Irak) debe parecerlle tan pasado que xa non se lembra do que pasou. Pasalle como a Zaplana.
Según dixo ela o outro día, subida a un atril e cun micro diante, é dicir, coas duas cousas que a deben motivar a un histerismo neuronal exacerbado, o PP en Betanzos gañou as eleccións municipais de 2003.
Bravo señora Faraldo, vamos a lembrar, que hai cousas que son públicas e notorias.
Na toma de posesión desas eleccións, o PP votou pola candidata que nomearan (7 votos), o PSOE polo candidato que nomearan (7 votos), e o BNG votara en branco.
Según o que ela dí, polo empate a concelleiros, debería ser ela alcalde por ser a lista mais votada, e aquí ven o extraño da cuestión, temos de alcalde a Manuel Lagares.
Que nolo explique, porque algunha cousa que se nos escapa debeu pasar, eu creo q co atril e o micro, apareceulle a memoria histérica que tan mal lle fai a esta rapaza. Vai a ser que ao final a lista mais votada non foi a deles senon a do PSOE, en fin as emocións é o que teñen.
E señora, controle as emocións xa que na mesma intervención fala de que Urbanismo en Betanzos levao o alcalde.
Pois creo que o delegado de Urbanismo chamase Xabier López, concelleiro do BNG.

Vai ser o que podemos denominar un "orgasmo verborreico", conseguido pola situación, as compañias que tiña, o momento ministros conmigo, etc etc.
En fin haberá que deixala que caia polo seu propio peso que fácil será.

Mentres isto pasa, seguen a facer e desfacer a sua lista, agora parece que o traballador do concello de Abegondo, Francisco-PIN non lle quere ir na lista e anda tola por convencelo.
Non se preocupe señora, xa ten sustituto, seica anda Pablo Tomé (fillo dun antigo alcalde do PP en Coirós) toliño por ir nas lista, creo que da patadas no cu a ver si pode ir o mais arriba posibel.

miércoles, 21 de marzo de 2007

Os meus comezos na rede


Hola, logo de tanta curiosidade e de tanto ler outros blogs, por fin me decido a crear eu mesma un.


Espero que este sexa un comezo dunha longa amizade, tanto coa rede como coa xente que por ela se expresa libremente.


Opino que este é un canal de opinión vivo, directo e de fácil acceso para todo o mundo; todo isto ten vantaxes e inconvintes xa que todo flue con liberdade, o que da pe a comentarios anónimos que poden ferir sensibilidades ou mesmo mentir. Pero bueno, considerome unha persoa que cre na liberdade de expresión e na boa fe da xente, por iso estou ilusionada e tamén expectante ante o que considero é un día importante na miña curta vida na red de redes.