viernes, 11 de abril de 2008

Negro + Blanco = .....

Que curioso resultou para quen prestou atención o pasado martes ao pleno extraordinario celebrado polo tema do Cine Alfonsetti.

Vendo os toros desde a barreira, para min quedan claras algunhas cousas que relato agora.

- O PP e CxB, eses socios de goberno (NON O DIGO EU, RELATOUNO A ALCALDESA) acordaron facer un pago a unha familia que parece a todas luces evitable, pero eles non pretenden evitalo, algo sacarán con isto, ou haberá que pagar favores. Os cartos saen das arcas minucipales, e parece que en vez de buscar a solución para evitar o pago, buscamos a xustificación para facelo, curiosa situación.

- Nen o PSOE nen o BNG prentende perder unha subvención tan importante como semella esta do cine, simplemente o que votan en contra é o pago arriba mencionado. Pero os socios de goberno tratan de embarrar o tema decindo chorradas como que agora que non gobernan votan todo en contra. Non é así señores socios de goberno (PP-CxB), aquí os dous partidos de esquerda, tratan de mirar polos intereses de Betanzos e non como fan os partidos de dereitas (PP-CxB) que priman os intereses dunha familia particular, que curiosamente teñen relación con estes partidos de dereitas.

- A careta de CxB xa quedou ao descuberto no pleno, xa a alcaldesa dixo claramente que CxB ERAN OS SEUS SOCIOS DE GOBERNO. Isto que parece tan grave non o é, sempre e cando se admita. O que pasa é que queremos apoiar ao PP pero ao mesmo tempo decir que non o facemos. O PRIMEIRO QUE HAI QUE SER NESTA VIDA É COHERENTES E CONSECUENTES COS ACTOS. E POLO QUE VEMOS CxB NON O SON, ANDAN ÁS AGOCHADAS.

- No transcurso do pleno poidemos oir a Pedro de la Fuente como amenazaba á alcaldesa con pedir informes externos si non tiñan acceso a os informes minucipales. Volven a pecar de incoherencia, andan por ahí decindo que non teñen apoio xurídico tal que os outros partidos, que estan desamparados na vida política municipal e resulta que non é así, que si queren dispoñen de informes xuridicos. COMO XA DIXEN ANTES, COHERENCIA, SAQUEN DUNHA VEZ POR TODAS ESA PEL DE CORDEIRO QUE TAN POUCO LLES VAI E DEIXENNOS VER A VERDADEIRA CARA, QUE PODE QUE SEA DE LOBO....

E para rematar e que a xente non se alpore, que parece que anda o ambiente caldeado, estos comentarios fagoos a título personal, e cando digo isto refirome a que nin son concelleiro nin teño relación orgánica co PSOE nin con outro partido. Si disparan faganno a min, deixen á xente que non ten nada que ver con este blog tranquila. Vinme na obriga de moderar os comentarios porque dun tempo a esta parte os ataques persoais hacia persoas alleas a este blog foron en aumento, e non vou tolerar iso, quen queira insultar gratuitamente que o faga noutro sitio, non aquí.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Dentro de una semana algún cineasta venido a menos hará una gran comilona con algunos políticos locales.

Y a los socios de gobierno, veremos pronto como por fin se quitan la careta y se ponen a gobernar con el pp, como realmente están haciendo, pero ya de manera oficial.¿hacemos una porra?
En fin, seguro que si en vez de pita fuese el apelllido lagares el indemnizado, por los cojones iban a votar a favor del pago tanto PP como CXB.

Anónimo dijo...

Home Balteira, penso que hoxe escolliche un mal exemplo para falar de "coherencia", ou que quixeche decir con-herencia.Este tema do Alfonseti poida que me este a superar, e non entender quen ten a razon, cousa que penso premeditada por todolos que estades no allo, pero, si teño claro quen non ten a razon, e non e mais que o PSOEdeBE, pode que o ilustrado no procedemento plenario, tamen chamado Moncho, manexe ben a demagoxia enredativa de decir o que non quixo decir, de pensar o que non esta decindo, e ainda asi ten pouca explicacion, que o que antes valia hoxe e unha desfeita.
Bueno amigo, dende o meu desconcerto, pediriache coherencia en toda a con-herencia que nos deixachedes, que non e pouca.

Anónimo dijo...

O que vos queredes é que CXB goberne con vós. Non fai falla quitar caretas, poden gobernar cando queiran porque están lexitimados por moitísimos votos obtidos limpamente nunhas eleccións. Penso que mais ca socios do PP pareceno do PSOE, porque moitas das vosas mocións votáronas favorablemente. A mágoa é que entre BNG e CXB non obtiveran concelleiros suficientes para gobernar, e que lle deran por saco os prepotentes PP e PSOE.

Toxobravo dijo...

Balteira, con este asunto atinache de cheo, estes ceporbianos andan a dar un discurso na rúa, no que critican de maneira contundente a alcaldesa do pp e logo mudan de postura a apoian as suas propostas nos plenos, colaborando de maneira decisiva no goberno municipal, queren dar unha imaxen pública de oposición que logo é de total colaboración nos asuntos de goberno. ¿será que teñen que pargar algún peaxe a ilustres betanceiros? ¿será que hai que amortizar algun financiamento electoral? CxB xa quedou ligado de maneira permanente o goberno do pp para todo o mandato, os poderes fácticos de Betanzos non van deixar que o PSOE e Ramón García acade a alcaldía, e ademáis cxb teno bastante facil de xustificar mentres nos se cumpla a segunda renuncia que plantexaron na investidura para apoiar ó PSOE, e non parece que vaia ser por agora

Anónimo dijo...

Que coño pasa en Betanzos,
Cerrada la cañota, cerrada la avd jesus garcia naveira, la avd fraga iribarne hecha unos zorros y el ayuntamiento no se mueve.
hay que dar el callo y aunque sea una obra de la xunta, los concejales están para algo.
Lo veniamos diciendo hace tiempo, la inoperatividad de este gobierno se está haciendo notar.
Hay que cordinar mejor las obras y exigir rapidez.
Si la alcaldesa piensa que con una nota de prensa soluciona las cosas, va lista.