jueves 15 de mayo de 2008

Coherencia

Vou comezar esta entrada coa definición de COHERENCIA.

coherencia.
(Del lat. cohaerentĭa).
1. f. Conexión, relación o unión de unas cosas con otras.
2. f. Actitud lógica y consecuente con una posición anterior. Lo hago por coherencia con mis principios
3. f. Fís. cohesión (‖ unión entre moléculas).
4. f. Ling. Estado de un sistema lingüístico o de un texto cuando sus componentes aparecen en conjuntos solidarios. La coherencia del sistema de adverbios de lugar en español se manifiesta en tres grados.

Pois ven ao caso este termo cunha nota de prensa que puiden ollar hoxe no xornal "El ideal gallego" con respecto ás taxas da recollida do lixo.

Paso a transcribir a nota porque teño problemas para poñer o enlace.


El PSOE acusa al PP de mentir sobre las tasas de las basuras para ganar votos.

Los socialistas de Betanzos acusan a la alcaldesa, María Faraldo, de engañar a los vecinos durante las elecciones municipales con el propósito de ganar votos. El PSOE denuncia que la regidora fue muy crítica con el Consorcio en el pasado y que ahora permite que se suba la tasa de la basura. El portavoz del grupo municipal del Partido Socialista en el Ayuntamiento de Betanzos, Ramón García, sacó ayer a relucir las que él denomina “mentiras” de la alcaldesa, María Faraldo, en relación con la próxima subida de las tasas de recogida y tratamiento de basuras por parte del Consorcio das Mariñas.
García aseguró que en plena campaña electoral de los comicios municipales de 2007, cuando Faraldo todavía era candidata del Partido Popular a la alcaldía, la regidora criticó con dureza la subida de las tasas aprobada en aquel momento por el Consorcio, que afectó a los municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo y Oleiros, y que se comprometió ante los vecinos a que, de salir elegida alcaldesa, promovería una rebaja de las tasas aprobadas por la entidad supramunicipal.
Explicación > Los socialistas reclaman a la regidora que ofrezca explicaciones a los vecinos porque hace días, en una reunión del Consorcio das Mariñas, en el que actuó de presidenta en funciones, se aprobó una subida de las tasas de casi un cinco por ciento, que será aplicado en el próximo semestre de este año.
El PSOE considera que su promesa electoral fue “un engaño deliberado con el único propósito de conseguir unos cuantos votos pues era consciente de la imposibilidad de llevar a cabo la rebaja de tarifa”, dice.
Ramón García añade que en política “no vale todo” y pide a María Faraldo que asuma compromisos cuando tenga intención de cumplirlos.

SEÑORA ALCALDESA SEXA COHERENTE E ACTÚE CONSECUENTEMENTE CO QUE DI.

AS PERSOAS SOMOS DONAS DOS NOSOS SILENCIOS E ESCRAVAS DAS NOSAS VERBAS.

Aquí queda de manifesto que esta señora non mira nada máis que polo seu interés particular e deixa de lado os intereses de Betanzos. Cando un ano atrás criticaba as subidas da taxa de recollida do lixo era so para atacar ao anterior equipo de goberno. Agora podemos ver como ela, non soamente non é critica coa subida deste ano para Betanzos, senon que avala dita subida xa que actuaba de presidenta do Consorcio das Mariñas na reunión en que se revisaron as taxas do lixo.

VIVIR PARA VER.

miércoles 30 de abril de 2008

Favoreceremos intereses privados e xa irán catro veces

Que sensación máis curiosa volve a deixar de poso o pleno celebrado onte no concello.

Xa vai a cuarta vez en que vemos como se presenta un tema, como avisando de que a posteriori se tratará, parece que o que quere facer Marifá é poñer en aviso dunha decisión que se vai tomar (mal tomada, todo apunta) e que cando a tome xa a teñamos medio dixerida e que a crítica sexa menor.

Digo que xa van catro veces, porque o tema da parcela do Pasatempo semella moito a temas pasados como o da Condesa, a galescola ou o cine Alfonsetti.

Para comenzar vai nun pleno longo, e nun dos puntos finales, para que xa o debate chegue na baixada e con ganas de rematar. Logo, polo escoitado onte, presenta unha moción na que os grupos de oposición non saben moi ben o que propón, e ao final enteranse de que avisa de que en plenos posteriores vai tomar unha decisión. Creo que para tomar unha decisión non ten que avisar a ninguén, sobre todo cando xa ten a decisión pensada e non vai cambiala por moito que se lle diga.

Tal desconcerto sembra, que os seus socios de goberno trocaron o voto durante o transcurso do punto, estes ceporbianos son de traca, cada día se superan. Ao final collereilles cariño polo parvos que nos queren facer ver que son e que realmente non o son, ou si....

Unha cousa queda clara, e parece que podemos denominala como o punto de unión entre os catro temas falados, (Condesa, galesco, Alfonsetti e Pasatempo).

EN TODOS ESTES PROCESOS A ALCALDESA XUSTIFICASE VILMENTE PARA BENEFICIAR Á PARTE PRIVADA EN TODO MOMENTO, EN VEZ DE MIRAR POLO POBO, MIRA POLOS INTERESES PARTICULARES.

Lembremos a modo de anécdota a publicidade gratuita que levou a inauguración do Eroski con rolda de prensa no Liceo por parte da alcaldesa, inauguración da propia alcaldesa e demáis. Cando estamos a falar dun negocio privado, e que ten competencia noutros negocios en Betanzos.

Pois que casualidade, a empresa que ten a concesión do fallido Centro Comercial do Pasatempo é Eroski, casualidade ou non casualidade? Eu teñoo claro.

Igual que tiña claro porque deixou morrer o proceso de expropiación dos terreos da galescola, sería por ser propiedade dun promotor afín ao PP.

Igual que tiña claro o do Alfonsetti, será por ser concesionarios unhos insignes militantes do PP.

E igual que tiña claro o da Condesa, onde os terreos son dun non moi lonxano parente dese señor que cobroú do concello unha indemnización e que está asociado nalgunha promoción co marido de Marifá.

Fagamos un traballo coherente, e loitemos por perder o menos posible nesa recuperación, lembrando sempre que a empresa ten a obriga de facer un centro comercial un hotel e un auditorio. ESPEREMOS QUE SE CHEGUE A UN ACORDO ACORDE CO QUE HAI E NON ACORDE CO QUE BUSCA A EMPRESA PRIVADA.

Este tema ainda comenzou a andar e seguro que dará liñas e máis liñas.

Non quero acabar sen lembrar o que xa podemos denominar a perla desta lexislatura, dudo que vaia haber intervención mellor que a que onte poidemos oir a Javier Ceporbiano. Máis propio do mellor Buñuel que de alguén con dous dedos de frente. Non tivo mellor ocurrencia que facer un rogo ao PSOE. Isto xa é para sentalo no diván de Freud.

Onde se viu facer un rogo á oposición. Si queres que che asinen un documento, comentas o tema fora do pleno, cando remate por exemplo, pero non nun rogo, cada día CxB superase, teñen a capacidade de sorprender, algo digno de admirar.

viernes 25 de abril de 2008

Gasto Corrente

Ano 2007, 1º ano de goberno de María Faraldo, a economía do concello está polo chan, non se pode gastar en nada, cada vez que alguén fala de algo con ela sempre sae co mesmo tema, non hai cartos para nada.

Cada pouco temos na prensa á mencionada alcaldesa azotando con críticas ao anterior equipo de goberno polo mal que quedaron as arcas municipais.

Pero non se sabe de onde, pero para algunhas cousiñas que a ela lle petan vai sacando algún que outro euriño.

PREGOEIRA DAS FESTAS DE AGOSTO - 3.000 €. Gasto totalmente necesario, gracias a esta rapaza conseguimos sair nas revistas do corazón e en programas televisivos de gran calidade como "Aquí hay tomate". A afluencia de xente ao pregón similar a outros anos, e os anteriores anos, pregoeiros gratuitos.

EMPRESA DE PROTOCOLO PARA AS FESTAS DE AGOSTO. Imprescindible, ainda non sei como o PSOE era capaz de organizar tal evento sin unha empresa externa que levara o tema, gasto totalmente xustificado e necesario.


PREGOEIRO DA FESTA DA TORTILLA. Viñeron á Festa da Tortilla Pablo Gallego como pregoeiro e Pablo Portabales como xurado, xente que non malgatou o tempo en tremendo evento de forma gratuita. Gasto imprescindible para o transcurso da festa.

EMPRESA DE XARDINERÍA - 30.000 €. Grande contrata esta, sin eles sería un desproposito o verde de Betanzos. Antes daba gusto ver parques, xardíns, árboles e demáis. Agora, con esta empresa, as zonas verdes de Betanzos non valen nin para ver.

ASESOR XURÍDICO EXTERNO - 18.000 €. Non hai concello que se precie que non teña un asesor externo, non eres ninguén na vida política municipal sen un asesor externo xurídico. O concello ten este posto cuberto, pero é necesario gastar noutro porque sempre pode fallar o aseor que está en plantilla.

Con estos pequenos apuntes (que seguro se me escapan gastos tan ou máis necesarios que istes) so quero deixar claras unhas cousas.

O concello e a súa alcaldesa gastan e invirten os cartos no que consideran oportuno e máis beneficioso para Betanzos, como é lóxico. Pero si nos falan de que non hai cartos, creo que estos gastos que aquí enumero poderían ser prescindibles sen ningunha dúbida.

Por iso, deixemonos xa de parvadas e gobernemos iste o noso pobo que últimamente parece sumido no máis abosluto dos caos (será pola boa xestión de algún que outro concelleiro que en vez de mirar obras non sei a que se adica...).


E MENTRES TANTO CxB A VELAS VIR COMO SEMPRE, PORQUE TODAS ESTAS CONTRATACIÓNS E GASTOS QUE SEGÚN O SEU PACTO PASARÍAN POLO PLENO, CREO QUE NINGUNHA O FIXO.

PAPEL MOLLADO O PACTO FIRMADO, ERA VISTO.

viernes 11 de abril de 2008

Negro + Blanco = .....

Que curioso resultou para quen prestou atención o pasado martes ao pleno extraordinario celebrado polo tema do Cine Alfonsetti.


Vendo os toros desde a barreira, para min quedan claras algunhas cousas que relato agora.

- O PP e CxB, eses socios de goberno (NON O DIGO EU, RELATOUNO A ALCALDESA) acordaron facer un pago a unha familia que parece a todas luces evitable, pero eles non pretenden evitalo, algo sacarán con isto, ou haberá que pagar favores. Os cartos saen das arcas minucipales, e parece que en vez de buscar a solución para evitar o pago, buscamos a xustificación para facelo, curiosa situación.

- Nen o PSOE nen o BNG prentende perder unha subvención tan importante como semella esta do cine, simplemente o que votan en contra é o pago arriba mencionado. Pero os socios de goberno tratan de embarrar o tema decindo chorradas como que agora que non gobernan votan todo en contra. Non é así señores socios de goberno (PP-CxB), aquí os dous partidos de esquerda, tratan de mirar polos intereses de Betanzos e non como fan os partidos de dereitas (PP-CxB) que priman os intereses dunha familia particular, que curiosamente teñen relación con estes partidos de dereitas.

- A careta de CxB xa quedou ao descuberto no pleno, xa a alcaldesa dixo claramente que CxB ERAN OS SEUS SOCIOS DE GOBERNO. Isto que parece tan grave non o é, sempre e cando se admita. O que pasa é que queremos apoiar ao PP pero ao mesmo tempo decir que non o facemos. O PRIMEIRO QUE HAI QUE SER NESTA VIDA É COHERENTES E CONSECUENTES COS ACTOS. E POLO QUE VEMOS CxB NON O SON, ANDAN ÁS AGOCHADAS.

- No transcurso do pleno poidemos oir a Pedro de la Fuente como amenazaba á alcaldesa con pedir informes externos si non tiñan acceso a os informes minucipales. Volven a pecar de incoherencia, andan por ahí decindo que non teñen apoio xurídico tal que os outros partidos, que estan desamparados na vida política municipal e resulta que non é así, que si queren dispoñen de informes xuridicos. COMO XA DIXEN ANTES, COHERENCIA, SAQUEN DUNHA VEZ POR TODAS ESA PEL DE CORDEIRO QUE TAN POUCO LLES VAI E DEIXENNOS VER A VERDADEIRA CARA, QUE PODE QUE SEA DE LOBO....

E para rematar e que a xente non se alpore, que parece que anda o ambiente caldeado, estos comentarios fagoos a título personal, e cando digo isto refirome a que nin son concelleiro nin teño relación orgánica co PSOE nin con outro partido. Si disparan faganno a min, deixen á xente que non ten nada que ver con este blog tranquila. Vinme na obriga de moderar os comentarios porque dun tempo a esta parte os ataques persoais hacia persoas alleas a este blog foron en aumento, e non vou tolerar iso, quen queira insultar gratuitamente que o faga noutro sitio, non aquí.

lunes 7 de abril de 2008

Xa son clicks....

Vinte mil, carai como soa esa cifra, parecen suficientes clicks para un sentir que interesa o que escribe.

Non contaba cando abrín esta bitácora chegar a estas cifras, pero ahí están.

Somos 20.000 e segue subindo o número de visitas.

GRAZAS A TODOS POR ESTAR AHÍ.

martes 1 de abril de 2008

Pleno de cine

Que lle pasa aos claros e transparentes?

Seica hai algo que lles faga nun pleno decir unha cousa e noutro outra?

Teñen a capacidade de decidir ao seu gusto as cousas que competen a todolos betanceiros?

Pois parece que así non se deben tomar as decisións, hai unhos meses votaron co PP a favor de pagar unha indemnización á familia Pita pola concesión do antigo cine Alfonsetti, e xa naquel momento o BNG e o PSOE dixeron que iso non debería facerse, que a concesión xa non existía e que o contrato debería deixarse vencer. E eles, CxB, o partido que apoia no goberno ao PP, (crendose sempre coa razón na man, e falando de ser garantes da claridade e transparencia) botaron en cara ao BNG e PSOE temas de cinismo político, coherencia, etc.

E agora, neste pleno de marzo collen e coa tranquilidade pasmosa de quen non sabe o que fai, deciden pedir informes (cousa boa), informes que obviaron noutro pleno no que apoiaron o pago.

Que pasa agora señores e señora de CxB? Sexan coherentes e tomen as decisións pensando as cousas duas veces, lembren que falamos de pagar unhos cartos polos que todo apunta que non estamos obrigados a facelo. Non apoien cousas se non están seguros de facelo con todas as consecuencias, e si o fan, asuman o que fan, que as decisións están para tomarse e non para andarlles dando voltas, e menos en temas tan importantes como parece este.

martes 25 de marzo de 2008

ATA SEMPRE

Onte tivemos a triste nova da morte de JOSÉ DOMÍNGUEZ RIVAS, insigne socialista e sindicalista da UXT.
Foi concelleiro en Betanzos e actualmente era Presidente de Honra do PSdeG-PSOE na mesma localidade.
Alá onde queira que estés PEPE, recibe estas sinceras verbas como unha mostra de cariño e admiración hacia ti.
UN BO SOCIALISTA QUE CREÍA NO QUE PENSABA E FACÍA.