viernes, 25 de abril de 2008

Gasto Corrente

Ano 2007, 1º ano de goberno de María Faraldo, a economía do concello está polo chan, non se pode gastar en nada, cada vez que alguén fala de algo con ela sempre sae co mesmo tema, non hai cartos para nada.

Cada pouco temos na prensa á mencionada alcaldesa azotando con críticas ao anterior equipo de goberno polo mal que quedaron as arcas municipais.

Pero non se sabe de onde, pero para algunhas cousiñas que a ela lle petan vai sacando algún que outro euriño.

PREGOEIRA DAS FESTAS DE AGOSTO - 3.000 €. Gasto totalmente necesario, gracias a esta rapaza conseguimos sair nas revistas do corazón e en programas televisivos de gran calidade como "Aquí hay tomate". A afluencia de xente ao pregón similar a outros anos, e os anteriores anos, pregoeiros gratuitos.

EMPRESA DE PROTOCOLO PARA AS FESTAS DE AGOSTO. Imprescindible, ainda non sei como o PSOE era capaz de organizar tal evento sin unha empresa externa que levara o tema, gasto totalmente xustificado e necesario.


PREGOEIRO DA FESTA DA TORTILLA. Viñeron á Festa da Tortilla Pablo Gallego como pregoeiro e Pablo Portabales como xurado, xente que non malgatou o tempo en tremendo evento de forma gratuita. Gasto imprescindible para o transcurso da festa.

EMPRESA DE XARDINERÍA - 30.000 €. Grande contrata esta, sin eles sería un desproposito o verde de Betanzos. Antes daba gusto ver parques, xardíns, árboles e demáis. Agora, con esta empresa, as zonas verdes de Betanzos non valen nin para ver.

ASESOR XURÍDICO EXTERNO - 18.000 €. Non hai concello que se precie que non teña un asesor externo, non eres ninguén na vida política municipal sen un asesor externo xurídico. O concello ten este posto cuberto, pero é necesario gastar noutro porque sempre pode fallar o aseor que está en plantilla.

Con estos pequenos apuntes (que seguro se me escapan gastos tan ou máis necesarios que istes) so quero deixar claras unhas cousas.

O concello e a súa alcaldesa gastan e invirten os cartos no que consideran oportuno e máis beneficioso para Betanzos, como é lóxico. Pero si nos falan de que non hai cartos, creo que estos gastos que aquí enumero poderían ser prescindibles sen ningunha dúbida.

Por iso, deixemonos xa de parvadas e gobernemos iste o noso pobo que últimamente parece sumido no máis abosluto dos caos (será pola boa xestión de algún que outro concelleiro que en vez de mirar obras non sei a que se adica...).


E MENTRES TANTO CxB A VELAS VIR COMO SEMPRE, PORQUE TODAS ESTAS CONTRATACIÓNS E GASTOS QUE SEGÚN O SEU PACTO PASARÍAN POLO PLENO, CREO QUE NINGUNHA O FIXO.

PAPEL MOLLADO O PACTO FIRMADO, ERA VISTO.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sexas tan lenguateira, Balteira, pode que ao final estes de cxb manden ao carallo á Faraldo e acepten gobernar con vos. Eu non o vexo tan disparatado e quizais os teus compañeiros tampuoco. Non sementes tormentas, que podes recoller tempestades.

María Balteira dijo...

Eu agora mesmo teño clara unha cousa.

CxB fixo asinar á alcaldesa un documento de pacto de goberno que fixeron público e o tales puntos había que cumplilos sen sairse unha coma nin unha liña.

E o único que temos é que non se cumple practicamente ningún apartado do asinado.