lunes, 21 de enero de 2008

Calendarios, obras e ex edil

Que sorpresa me destapou onte o xornal La Voz de Galicia, estaba ollando o xornal cando vin a nova de que o calendario municipal ten un erro garrafal de reptir dous meses. NORABOA AOS CONCELLEIROS DO GOBERNO E EN ESPECIAL Á ALCALDESA. Eso chamase facer ben o traballo....

Pero a sorpresa non era esa, cando vexo a nova, ocurrseme mirar o calendario en cuestión, e coa curiosidade que me caracteriza, ollo as fotos, e todo ía con normalidade, fotos de profesionais, fotos dunha arquitecta municipal, fotos de traballadores do arquivo e da biblioteca de Betanzos, e para o remate deixaron a sorpresa, fotos dun tal ISIDRO DOPORTO.

E a primeira pregunta veume rápida, ¿quen é Isidro Doporto?.

Caín na conta de que se trata dun arquitecto técnico de Betanzos, que no seu tempo foi concelleiro do BNG con responsabilidades de goberno na área de urbanismo, e cunha pequena relevancia ultimamente por unha obra da Rúa do Castro onde estaba Deive. Unha obra que estaba paralizada na anterior lexislatura e que cando o PP entrou a gobernar reanudou a construcción. E agora a culpa é de Isidro, bueno, o tema non é o que me ocupa, céntrome.

Logo, asaltoume outra pregunta, ¿que pinta Isidro Doporto facendo fotos para o calendario de Betanzos?.

Está claro unha cousa, o resto das persoas que publican fotos ou son fotógrafos profesionais ou traballan para o concello, pero este home é un particular, a vinculación para co concello foi en tempos pasados, agora creo que o único que o liga será o pertencer ao concello como cidadán betanceiro.

Entón, a reflexión final dime que as cousas estanse facendo mal, moi mal. Con que criterio un particular publica as súas fotografías no calendario, ¿houbo algún tipo de selección de fotografías? ¿onde se publicou esta selección?.

Señoras e señores, isto, que parece unha tontería pola importancia do tema, non deixa de ser un claro exemplo do discorrer da lexislatura, A CLARIDADE E TRANSPARENCIA NON EXISTE, A LUZ E OS TAQUIGRAFOS NON SE USAN. Se obran así cunhas simples fotos dun calendario, o que farán con cousas moito máis importantes.

E outro tema para rematar, non será que ao arquitecto técnico se lle deben favores pola campaña electoral pasada... circulan rumores de que campaña en favor do BNG precisamente non fixo, é máis fixo o contrario; por iso ao mellor o PP ou os seus socios CxB premian a este home coa publicación de fotografías personais do seu arquivo.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

E moi curioso que montes tanto escándalo por unha foto. O que esá claro é que ós do bipartito anterior incomódavos Isidro, ¿cicáis tendes medo de que fale de cousas que hasta agora calóu?.... Paréceme que tendes moito que ocultar e máis vos valera ocuparvos do PP e de CxB que vos están comendo as papas e non vos dades conta.

Anónimo dijo...

¿Falando de amiguismo no Concello?
Antes con Lagares e en exclusiva:
Flores: Josefina (Nai de concelleira)
Obras: Tin, Rocha(Moncho empregado)
Informática:Tecnopc (Javi Lagares).....
¿Queres que siga?

Anónimo dijo...

Antonio, que ibas moi ben, non o estropees con esta chorrada das fotos.

Anónimo dijo...

"Señoras e señores, isto, que parece unha tontería pola importancia do tema,"
Quedome mais traquilo cando a metade da noticia vexo que te empezas a dar conta de que e unha tonteria, pero debias de facelo mirar, pois nos estamos esperando unha postura do PSOEdeB un pouco mais racional, case mellor unha renovacion, para poder dende a oposicion ser de novo grupo de goberno, non perdalo tempo centrate na esquerda e traballa por Betanzos.

Anónimo dijo...

Espera, espera que esto tiene guasa.
Notición!!! Un calendario con erratas. ¿Forma parte la imprenta de una conspiración contra la alcaldía? ¿Ha sido la errata un gazapo realmente? ¿Es que en el ayuntamiento no se han corregido las pruebas comprobando, uno a uno, todos los días para comprobar que estan correctos?
Podemos ir más allá. La semana santa dos veces... uhmm prueba inequívoca de el opus está detrás. ¿Habrá usado Javier de la Fuente, a través de algún infiltrado en la imprenta, el calendario para minar la posición de la alcaldía? Y la foto de Isidro... ¿dónde se ha publicado la selección de fotos para este calendario? ¿Y para los de años anteriores? ¿Quien ha participado en su selección? ¿Puede que la imprenta tenga en su poder fotos de otros calendarios y ahora las utilicen? ¿Se hace una selección cada año? ¿A que filiación pertenece cada uno de los fotográfos? Porque aparte de fotográfos profesionales, son personas. Ya sabemos que Isidro no lo es. Es el demonio que vendió su alma al diablo. Se le ve pasar por la misma calle en que está el local de CxB, uhmmm. No sirve esconderse detrás de la escusa de que familiares suyos vivan en la zona. La relación es clara para cualquiera......

Anónimo dijo...

Antonio, xa sabes que si zoupas moito no BNG (sexa un grupo ou outro) logo pasa o que pasa; que descubres no último momento que dada a vosa debilidade non se acada a alcaldía.

Anónimo dijo...

Desde luego los del Psoe de Betanzos tenéis bien poco que aportar, a ver, ¿Qué repercusión pueden tener en Betanzos la errata en estos calendarios o quién los hizo?
No nos olvidemos que por culpa de la incompetencia del gobierno anterior, entre otras muy abultadas Rivera, Inem, gastos sin contabilizar que salieron en la auditoria, tenemos pendiente una multa en la que el sr. Isidro tiene algo que decir.
¿No será esto más interesante para el debate que unas fotos?

María Balteira dijo...

Ao anónimo das 20:55, parece curioso o que dis da auditoría.

Si tes capacidade dime onde está a auditoría da que falas, porque creo que ainda no hai tal.

Fala con claridade amigo/a.

Anónimo dijo...

Veo que estás borrando los comentarios en los que te contesto a la pregunta redirecciónando a los lectores hacia la hemeroteca de la Opinión de La Coruña, la verdad es que la censura y la contrainformación han sido los mètodos tradicionales del socialismo al que perteneces para ocultar la verdad al pueblo.
De todas formas cada vez engañais a menos gente.
No voy a escribir más en tu bitácora y creo que en los últimos meses he sido con diferencia la más activa en tu blog, pero no soporto la censura, sobre todo cuándo lo único que he hecho es remitir a lo publicado en un periodico.
Adiós.

María Balteira dijo...

Anónimo das 11:42, fai o que che pete, eso si, eu borro os comentarios porque non teñen nada que ver co que poño na entrada.

Eu escribo sobre un tema e ti contestabas sobre outro.

Iso acabouse, agora o que queira escribir sobre temas que non teñen que ver sobre o que publico que busque outro foro ou que cree un blog el mesmo.

Anónimo dijo...

"O que esá claro é que ós do bipartito anterior incomódavos Isidro, ¿cicáis tendes medo de que fale de cousas que hasta agora calóu?...."
Por si acaso que este calladito porque como sean ciertas algunas de las cosas que se han publicado por los blogs tiene poco que ganar y mucho que perder.
por cierto vaya mierda de fotos hablando de todo un poco