Bueno, agora si que estamos ante o desenlace final de quen nos gobernará os próximos catro anos (mocións de censura aparte). Porque por moito que CxB digan que as negociacións poden prolongarse máis aló da investidura, o que está claro é que este sábado teremos un alcalde ou alcaldesa que levará as rendas do concello o mellor que poida.
Logo dos resultados acaecidos en Betanzos o 27 de maio, e de non producirse ningunha maioría absoluta, co PSOE como forza máis votada, co BNG desaparecido políticamente falando, con CxB como chave e co PP máis afundido que hai catro anos; presentase un panorama que pode resumirse en cinco posibles opcións de goberno, non contemplo outras por improbables, ainda que habelas hailas, como as bruxas.
Enumero as opcións que vexo posibles:
1. PSOE. Esta parece unha opción con algunha probabilidade, todo depende de que o PP e CxB non cheguen a acordos nas negociacións que están mantendo. Así, e tendo en conta que o PSOE foi a lista máis votada (e sempre que CxB votara en branco ou votara PSOE), teríamos un goberno en minoría con 6 concelleiros no grupo de goberno e cunha lexislatura incerta, pero bonita para quen se sinta político de verdade polas negociacións continuas que se deben manter. Parece complicado que CxB apoie a investidura do PSOE e queden na oposición negociando pactos puntuais, non o vexo. De producirse este goberno creo que CxB votaría en branco.
2. PSOE-CxB. Aquí podemos poñer título de cine a este pacto, eu o vexo unha "Misión Imposible". Os independentes de dereitas piden unha cousa que o grupo socialista non está disposto a aceptar, por todo isto, parece unha opción bastante complicada. De todos xeitos, sería un grupo de goberno de nove concelleiros, grupo forte con maioría absoluta. E de producirse, sería con alcalde socialista con toda probabilidade.
3. PP. Un goberno do Partido Popular en minoría é unha das opcións que máis forza tiña ao principio do proceso negociador, tal e como CxB falaban logo do 27 de maio. Aquí teriamos unha investidura de María Faraldo por parte do seu grupo e de CxB, logo gobernaría o PP con seis concelleiros e CxB daría caña desde fora. Non vexo a opción descabellada de todo, pero co paso do tempo perde forza.
4. PP-CxB. Estamos ante unha das opcións que máis forza ten, a investidura da candidata popular apoiada por PP e CxB (nove concelleiros), cun grupo de goberno formado polos dous partidos de dereitas que están na loita política. Seguro que nesta opción teriamos alcaldesa popular e 1º tenente de alcalde forte coa figura de Javier de la Fuente (urbanismo??). Despois do rumor que circula últimamente por Betanzos pedindo a dimisión de María Faraldo para que CxB apoie ao PP, sería curioso ver como algún ceporbiano, que se di de esquerdas, inviste alcalde a Juan Ventosa, convencido franquista onde os haxa.
5. CxB-PP. Opción preferente para min, goberno de dereitas igual que o anterior (9 concelleiros) pero cambiariamos alcaldesa por alcalde. E teriamos como 1º edil municipal a Javier de la Fuente. Eu decantome porque nestes momentos da negociación CxB-PP, os ceporbianos están a apostar por isto.
Logo de ver estas opcións cada un que saque as suas conclusións, eu teño a miña opción que soamente baseo no que oio na rúa, leo nos xornais, ollo na rede e comento con algún que otra persoa que está metida nas negociacións ou na corporación actual.
Para rematar, algunha que outra perla:
- En todo este proceso, o único con sitio fixo parece o BNG, claro que na oposicón, nas negociacións estivo totalmente desaparecido, haberá que decirlles que estean tranquilos non estarán sos na oposición, os outros tres partidos non gobernan xuntos e parece problabe goberno de dereitas e oposición de esquerdas.
- ¿Que hai de certo en que CxB pide a dimisión da sua cabeza de lista María Faraldo para un posible pacto con PP?
- ¿Cal sería a saida si inviste CxB alcaldesa a María Faraldo, pospoñen algunhos flecos da negociación para despois do sábado, e non chegan a acordo?
Como diría o gañador do recente Premio Principe de Asturias das Artes Bob Dylan, a resposta está no aire.