domingo, 1 de abril de 2007

Agora sí parece CxB=PP


Logo de ler unha primeira vez ese documento de CxB e quedar abraiado, o primeiro que tiven que facer foi relelo para ver si estaba eu algo trastocado ou era verdade, e cheguei á conclusión de que é verdade.

XA SALEU O VERDADEIRO ESPÍRITU DE CXB, DEFINITIVAMENTE SON O PARTIDO TAPADO DO PP, O PARTIDO FORMADO PARA TRATAR DE GOBERNAR CO PP SI ESTES NO LOGRAN A MAIORÍA SUFICIENTE PARA FACELO SOLOS.

Si se fai un analise pormenorizado comenzas polo 1º punto, de aquí xa se desprende que de o PSOE non queren nin oir falar por levar na lista a Manuel e Antonio Lagares. Parece ben, eles como partido poden facer o que queiran, pero señores o que non poden é decir que van a a facer o imposible porque non gobernen estes dous señores.

PREGUNTO: QUE QUEREN, ¿IMPOÑER AOS BETANCEIROS O QUE VOSTEDES PENSAN? VAN DESENCAMIÑADOS, O POBO ELIXE A QUEN QUERE, E SI QUERE A UN PARTIDO VOSTEDES NON PODEN TRATAR DE FRENAR O DEREITO A ELEXIR QUE TEN A CIDADANÍA. NON SERÁN VOSTEDES OS QUE AGORA VEÑAN A DECIRNOS O QUE TEMOS QUE QUERER OU NON. O POBO É SOBERANO E CADA CIDADÁN TEN UN VOTO, HAI TEMPO QUE A DICTADURA É HISTORIA.

HAI TEMPO SEÑORES QUE VIVIMOS EN DEMOCRACIA, HAI TEMPO QUE XA NIGUÉN, POR MOITO ESTANCO QUE TEÑA, PODE FACER O QUE LLE VEÑA EN GANA, NADIE PODE COLLER E PRIVATIZAR UNHA CALLE DE USO PÚBLICO PARA USO E DISFRUTE DO SEU PROPIO INTERESE, PARA GARAXE PRIVADO, POR POÑER UN EXEMPLO. NON SE PODÉ FACER ALGO SI O POBO NON O AVALA.


No punto segundo, o BNG tampouco lles vale porque iría co PSOE. Comentan que ese non sería o cambio que se busca.

Ben, parece que se dan conta de que non sería un cambio, sería unha continuación de algo que baixo o meu punto de vista estase facendo ben desde os dous partidos. Claro que nun pacto sempre hai tira e afloxa, pero no global creo que podemos estar contentos cos últimos anos de xestión municipal. Despoís de irse Isidro Doporto claro, que solo sabía facer oposición desde o goberno, así lle foi.

No punto do PP, tamén parece que lle queren impoñer candidato, aquí vese o que Javier de la Fuente quería, LIDERAR O PP. Bueno, ese é o cometido del formando CxB, usar este partido para liderar o PP brigantino.

E as conclusións caen polo seu propio peso, resumoas así, NON QUEREMOS A MANUEL E ANTONIO LAGARES, E FAREMOS TODO O POSIBLE PARA FACER QUE NON GOBERNEN, SE NON SACAN MAIORÍA ABSOLUTA TRATAREMOS DE PACTAR CON PP E BNG PARA BOTALOS DO GOBERNO. BONITO PACTO, NON SE DAN CONTA DO QUE DIN, AQUÍ DIN QUE O QUE FARÁN É PACTAR CON PP A CALQUEIRA PRECIO, XA QUE O BNG NUNCA IRÁ CO PP DA MAN (ESO CREO VAMOS).

DEFINITIVAMENTE CxB=PP, A SUA FORMA DE PENSAR E DE FALAR ASÍ MO PARECE, CON ISTO NON QUERO DECIR QUE O SEXA, É A MIÑA OPINIÓN MOI PERSOAL.


E para rematar unha reflexión dirixida a Antonio P. que escribe polos blogs (irmán dun candidato de CxB e marido dunha candidata de CxB). Señor Antonio, debe vostede respetar aos partidos políticos. Chamarlle ao PSOE LagaPsoe, é faltarlle ao respeto a un Partido e a unhas persoas que se sinten representadas con esas siglas e ideas, non se equivoque, os señores Lagares están ahí porque os afiliados e militantes do PSOE os elixeron, e si o pobo non os queré xa o dirá o 27 de maio. Parece de mal gusto usar as verbas que vostede usa. Non creo que lle gustara q a CxB se lle chame Cidadans por de la Fuente, pois pense niso.

No hay comentarios: