martes, 3 de abril de 2007

A doble cara do BNG

Veño observando desde hai un tempo o doble xogo desleal que ven facendo o BNG.

Eles, que están no equipo de goberno, e que veñen desempeñando o traballo nos seus cargos nesta última lexislatura, en todo momento queren facernos ver que son eles e soamente eles os que están a facer algo positivo para o concello, e que ata que eles entraron no equipo de goberno, este non funcionaba.

Ata aquí todo ben, cada un ten que vender a súa xestión e sempre que se faga de forma leal, podes decir o que queiras.

Pero para min o problema ven cando comezamos a ver que desde unhos meses atrás en vez de grupo de goberno paracen grupo de oposición, e nestas pataletas que veñen arreando entran en cotradiccións continuamente.

Como xa dixen, enchen a boca cando falan das suas xestións e tratan de minimizar as que se conseguen desde as xestións de delegacións representadas por concelleiros socialistas.

Un par de exemplos de tratamiento de xestión, hai uns días patalearon ata a saciedade porque o alcalde foi á Condesa porque a consellería de vivenda entregaba uns locais para os veciños. A pataleta ven porque según eles nesta xestión tocalles a eles apuntarse o tanto xa que ven dunha consellería que ten como máxima representante a Teresa Taboas (BNG).

O curioso ven cando piden que a alcaldía solucione o problema que teñen os funcionarios e que eles sacaron na prensa como si foran un grupo da oposición.

Aquí, falan de que o alcalde é o responsable maior do tema, e teñen razón porque podemos decir que o alcalde é o responsable maior do que no concello se fai politicamente falando, tanto sexas do BNG coma do PSOE.

Pois ben, si así o ven eles, cal el o problema de que o señor alcalde estivera presente na Condesa, lembrense de que tamén Xabier López está no equipo de goberno liderado por Manuel Lagares e tamén é o responsable maior da sua xestión , pero claro estamos en campaña e hai que vender q as cousas boas as facemos nos.

Gustariame facer outra reflexión, temos no concello obradoiros de emprego que concede a Xunta de Galicia e que o 1º tenente de alcalde nacionalista, Andrés Otero Botana (non vicealcalde, xa falremos diso) vende como unha xestión propia. Pero aquí ven o tema, xestión do BNG, pero concedida por unha coselleria do PSOE, a quen lle apuntamos o tanto?? Podemos deixalo a medias.

Vamos a ver, realmente un goberno de coalición, debe ser iso, coalición, e non ti por un lado e eu polo outro, xa que sempre vas a ter sobre ti a un alcalde que vai a ser dun dos dous partidos, neste caso PSOE que pode vender como del todas as xestións. Baixo o meu punto de vista persoal, un pacto non é como se leva cabo na Xunta, donde o BNG está empeñado en que pareza que eles son un goberno autónomo. Todos debén estar unidos e non ir cada un polo seu lado, claro que isto é unha utopía sana, e nestas datas tendo cerca o 27 de maio bastante complicada.

No hay comentarios: