viernes, 13 de abril de 2007
As "perlas" da concelleira Tita
Que grande eres Tita, a cultura de colgar os videos na rede é o que ten, que todo se ve e pode comentarse con calma.
Ven a conto este comentario sobre a concelleira do BNG Tita Valladares por un video que hai colgado en youtube sobre un curso de algas que tivo lugar na Casa da Xuventude, e logo de oir a Tita, dan ganas de chamarlle "LA OJE" outra vez porque parece vergoñento o que esta señora di. Deixo o enlace do video para quen queira velo, non ten desperdicio a verdade, parece increible que alguén así poida representar aos betanceiros, pero bueno eleximola entre todos (bueno a ela non, tiveron que renunciar dous compañeiros para que ela entrara).
http://www.youtube.com/watch?v=8GO3LIFTfVQ
Como xa dixen a entrevista é toda ela enorme, creo que si o zapping a coñecera, saería seguro, Tita creo que tería un sitio no altar dos Frikis da nosa TV, codeariase facilmente con Cañita Brava ou similares.
Agora imos a o serio, porque comenta cousas que dan vergoña de alguén que ten responsablidades de goberno municipal.
Comenza a entrevista e sin cortarse un pelo, publicidade ao canto, que grande!! a concelleira facendo publicidade dunha tenda dun particular, o nunca visto, quero crer que non cobrou por este tipo de anuncio, ou que de facelo, seguro que os cartos foron a parar ás arcas do concello.
E logo, bofetada a toda a xuventude betanceira, según ela, nos as xovenes de Betanzos temos habitos que non son saludables, textualmente di:
"CAMBIAR HABITOS DA XUVENTUDE QUE TEÑEN ENQUISTADOS HABITOS NON MOI SAUDABLES".
Bueno bueno bueno, como se supera esta señora, que cree, que está cotilleando nunha terraza ou tomando un viño nas calexas. Hai que ter moito cuidado coas palabras que se din cando unha ostenta un cargo público, e baixo o meu punto de vista non pode xeralizar así de toda a xuventude.
Habitos non saudables enquistados, que forte, creo que non merece máis comentario, por si solas falan as suas palabras.
Unha última cita, ¡¡QUE GRANDE ERES TITA!!.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Habitos moi saudabeis non teñen non; so hai que ver como corría non fai moitos anos o "polvo", agora sustituido pola "fariña".
E caeron moitos polo camiño, e máis que caerán. Outros/as mentras mirando para outro lado, como se non pasase nada.
Para a próxina preguntalle ao Patas, que él ven sabe.
Publicar un comentario