jueves, 12 de abril de 2007
PP = 10 concelleiros
Bueno, onte foi o día da presentación nos medios de comunicación por parte do PP betanceiro. Hai varias cousas que chaman a atención, pero sobre todas destacan a fuxida dos representantes de seu núcleo duro nas anteriores municipais.
Tanto Javier de la Fuente, que xa sabemos que montou outro partido político - CxB - como Alberto Carro (vai de 10, antoxase complicado a sua saida) como Pin (suplente) deronlle plantón á candidata popular.
Ao meu entender a sorpresa foi a de Alberto, non o esperaba, pero parece ser que estaba cantado que non quería ir (ando despistada), ainda así maquillou ben co posto 10. Creo que peor foi o de Pin, que tiveron que chorarlle duramente para que os acompañara, e faino de suplente.
A historia de Javier de la Fuente é de sobra coñecida, as suas aspiracións a liderar o PP nun futuro cercano pasan por formar CxB como catapulta para o seu logro final.
Hai outra cousa que me chama poderosamente a atención, é que no xornal "La Opinión de A Coruña" non se fixeron eco da noticia, nin onte nin hoxe, polo menos na edición dixital, non ollei a impresa, pero de sair a noticia escrita sería de forma pequena, xa que se non aparecería tamén na rede. Será que esta xornal vai decantandose por darlle o apoio ao outro partido de dereitas que se presenta nas eleccións? A CxB claro. Veremos os aconteceres nos días que veñen.
A modo de anecdota comentar o dito pola portavoz popular Mari Faraldo, loitaremos por ter 10 concelleiros, que pouco ambiciosa se lle ve señora, hai que loitar por 17 que son os que representarán aos betanceiros nos próximos catro anos. Podemos facer tamen a lectura de que lle está facendo un guiño a CxB deixnadolle o camiño libre para conseguir 7 concelleiros. Así a dereita coparia o pleno municipal PP=10 CxB=7.
E que queda para o resto dos partidos, nada, jejejeje, bueno o BNG cunha lista de 27 ao mellor cree que pode sacar os 10 concelleiros que lle restan, non parvos non, coa revisión do Padrón Municipal a data 01-01-2007 temos unha población de 13.165 habitantes o que dan 17 concelleiros, non máis.
P.D. Esperamos ansiosos un PANFLEMILIO de edición especial que recolla a presentación do PP local como tema exclusivo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario