jueves, 29 de marzo de 2007

¿Que fará CxB co seu voto?

Parece interesante colgar o escrito que Mariño tivo a ben por e quitar no blog de CxB. Boas conclusións poderán sacarse.

"De acordo co compromiso de honradez e transparencia que suscribimos cos cidadáns de Betanzos, queremos expoñer:

ANÁLISE:
- Do PSOE é de todos coñecido que D. Manuel Lagares leva 24 anos de concelleiro e 22 anos de Alcalde, e D. Antonio Lagares 26 anos de concelleiro, 22 deles con cargos de responsabilidade.
Esta anómala situación, que demostra o control familiar que se exerce sobre unha institución pública, non se produce en ningún outro concello de Galicia.
Pensamos que esto é inadmisible desde o punto de vista ético, polo que a primeira medida de rexeneración pasa por apartar ós irmáns Lagares do Goberno Municipal.
A decisión da que son responsables, en tanto que Alcalde e concelleiro de Urbanismo, e que lle supón ó Concello pagar 800. 000 €, non é mais que a gota que colma o vaso da paciencia dos cidadáns de Betanzos.

- Nas Municipais de 2003, moitos cidadáns que desexaban cambiar o Goberno decidiron votar polo BNG.
A esperanza que supoñía a perda da maioría absoluta por parte do PSOE viuse pronto truncada co pacto de goberno PSOE-BNG, ordenado desde Santiago, que mantiña a D. Manuel Lagares na Alcaldía.
Pensamos que ese Pacto se repetirá sen lugar a dudas dados os acordos PSOE-BNG en Madrid e Santiago de Compostela.
É por eso que non consideramos ó Bloque un instrumento válido para protagonizar o cambio que propoñemos.
Polo tanto, o cambio non poderá producirse se PSOE + BNG obteñen maioría absoluta.

- Nomear ó PP é falar dun partido que, gañando o resto das eleccións, perde sempre nas municipais e leva 24 anos na oposición.
Os betanceiros demostran unha e outra vez que non aceptan os candidatos que propoñen, de aí que coste entender o empecinamento en presentar a Dª María Faraldo despois de fracasar dúas veces seguidas.
A Sra. Faraldo estívonos dicindo oito anos que era o intermediario perfecto para conseguir un trato de favor das administracións. Xa entenderán que agora, estando Deputación, Goberno Autónomo e Goberno Central en mans do PSOE, o seu discurso vólvese contra ela.

CONCLUSIÓN:

Estas circunstancias fan que Cidadáns por Betanzos adopte posicións escrupulosamente democráticas, polo que reunida a súa Xunta Directiva, acordan:

- Non se levarán a cabo pactos de goberno con ningunha outra forza política.
- De ser a lista máis votada gobernaremos en solitario, ben sexa con maioría simple ou absoluta.
- Se outros obteñen máis respaldo ca nos, facilitaremos o goberno da lista máis votada.
- Se a lista máis votada fose a do PSOE, esixiremos a renuncia de D. Manuel Lagares e D. Antonio Lagares. De non producirse, estableceremos coas outras forzas políticas as negociacións e os pactos necesarios de cara a articular un Goberno alternativo."

Betanzos, 27 de marzo de 2007

No hay comentarios: