miércoles, 25 de abril de 2007

O negocio "blogoculto" de Sito Botana


Hoxe en día a tecnoloxía avanza que da gusto, quen nos diría hai uns anos que internet convertiriase nalgo imprescidible para o uso diario, e aquí está.

Aplicamolo en todos os aspectos da vida e como non, na vida política tamén o usamos, e hoxe, e non sei por canto tempo, unha das últimas aparicións son os blogs dos candidatos dos partidos políticos.

Estes blogs, conceden información e datos dos seus candidatos e candidaturas, cousa que parece lóxica, pero baixo o meu punto de vista hai que ter cuidado coa información que se reflexa nel. Eu creo que hai que ter diferenciada a vida pólitica e pública da vida privada de cada persoa. Así creo que a ninguén interesa o que fagas no teu tempo libre ou o que etudies ou no que traballes.

Temos que ter cuidado porque senón convertiremos esto nunha "Salsa Rosa Ciberneticopolitica".

En canto comenzas a entrar na vida privada de cada un, para min hai unha cousa clara, esa persoa fai e escribe iso porque quere, iso está claro, pero tamén parece que cando deixa algún dato relevante da sua vida privada, salta a duda razoable de que pode ter algo que ocultar.

Ven todo isto a relación dunha mensaxe que me escribiron noutro artigo da miña bitacora, alguén me deixa un enlace a unha web www.pansimer.com, e coa curiosidade que teño entrei nela.

E cal é a miña sorpresa cando vexo os datos do cabeza de lista do BNG nunha empresa de exportación creada en 2004 chamada PANSIMER, con datos de contacto da empresa que creo son os da sua casa.

Como é lóxico cada un na sua vida privada fai o que quere e ninguén somos de meternos nela, pero o tema é que logo de falarnos no seu blog do que facía antes, do que estudia ahora, das aficións e demáis, non entendo como se lle escapa nombrar este negocio que ven facendo desde 2004.

Non quero ser mal pensado pero parece que oculta algo de xeito notable.

Para min iste é un dos problemas que lle vexo a o uso dos blogs mezclando os temas privados sin vir a conto. Separemos o privado do público e así evitaremos que agora pense mala alguén.

sábado, 21 de abril de 2007

A LIBERDADE DE EXPRESIÓN (ISO DO QUE NON ENTENDE O BNG)


Escribe o máximo dirixente do BNG betanceiro hoxe no seu blog directamente contra unha periodista betanceira e todo porque sae unha nova no seu xornal que fala de que hai un grupo de veciños do casco histórico que ven de presentar no rexistro do concello unhas sinaturas para reclamar algo que cren lles corresponde.

Non entrarei na razón ou non dos asinantes, senón na LIBERDADE DE EXPRESIÓN. Pareceme triste o ataque persoal contra unha periodista que ademáis é betanceira, LUCIA TENREIRO. Hai unhos días enchiaselles a boca aos bloqueiros por unha nota que mandaron a "El Ideal Gallego" e hoxe como poñen o que non nos gusta oir xa pataleamos, fácil e triste recurso este último.

Coñeco a Lucia desde hai anos e pareceme unha boa persoa, pero ao marxe da miña opinión persoal dela, creo que escribe no xornal para gañarse a vida e teño a convicción de que busca a nova cando escribe, e nunca facer dano a ninguén.

En todo isto podemos apreciar a falta de principios democráticos por parte de este rapaciño, a verdade parece vergoñento que critiquemos a alguén simplemente polo seu traballo, pero as cousas son así e algúns venas así.

Esta xente ten un grave problema, necesitan bastante tempo para aceptar as críticas, teñen unha actitude bastante fascista cando se fala de algo que lles atañe e non se lles dan os parabens.

Podemos afirmar, despois do visto que hoxe en día, o máximo dirixente local do BNG non respeta a liberdade de expresión, non di moito ao seu favor, el saberá.

Soamente e para rematar quero reiterar o meu apoio para LUCIA TENREIRO, esa betanceira da que eu ao menos sintome agraciado de coñecela e de tratala.

miércoles, 18 de abril de 2007

Telemadrid, espejo de lo que somos


Este es un eslogan de una campaña de publicidad para promocionar el canal autonómico madrileño. Pobre Espe, la empresa que creó el eslogan no volverá a hacer ningún trabajo más para Telemadrid.
Parece creado por su peor enemigo.
Espe jode lo que somos. Tiene coña la historia, y más la tiene cuando la creadora de dicha frase dice que no se dió cuenta del tema jajajajajaja.
Por una cosa o por otra, la presidenta de la comunidad de Madrid siempre está en el candelero, y no pierde crédito político, que mujer...

martes, 17 de abril de 2007

Gracias PEIRAO

Esta mensaxe é de agradecemento a Peirao, no meu descoñecemento do mundo dos blogs, tiña activada a opción de que non puidera escribir ninguén que non estivera rexistrado.

Peirao fixomo saber por medio doutro blog betanceiro.

Non era a miña intención ter unha censura de tal magnitude activada na miña bitácora. Desde agora creo queda solucionado.

viernes, 13 de abril de 2007

As "perlas" da concelleira Tita


Que grande eres Tita, a cultura de colgar os videos na rede é o que ten, que todo se ve e pode comentarse con calma.

Ven a conto este comentario sobre a concelleira do BNG Tita Valladares por un video que hai colgado en youtube sobre un curso de algas que tivo lugar na Casa da Xuventude, e logo de oir a Tita, dan ganas de chamarlle "LA OJE" outra vez porque parece vergoñento o que esta señora di. Deixo o enlace do video para quen queira velo, non ten desperdicio a verdade, parece increible que alguén así poida representar aos betanceiros, pero bueno eleximola entre todos (bueno a ela non, tiveron que renunciar dous compañeiros para que ela entrara).

http://www.youtube.com/watch?v=8GO3LIFTfVQ

Como xa dixen a entrevista é toda ela enorme, creo que si o zapping a coñecera, saería seguro, Tita creo que tería un sitio no altar dos Frikis da nosa TV, codeariase facilmente con Cañita Brava ou similares.

Agora imos a o serio, porque comenta cousas que dan vergoña de alguén que ten responsablidades de goberno municipal.

Comenza a entrevista e sin cortarse un pelo, publicidade ao canto, que grande!! a concelleira facendo publicidade dunha tenda dun particular, o nunca visto, quero crer que non cobrou por este tipo de anuncio, ou que de facelo, seguro que os cartos foron a parar ás arcas do concello.

E logo, bofetada a toda a xuventude betanceira, según ela, nos as xovenes de Betanzos temos habitos que non son saludables, textualmente di:

"CAMBIAR HABITOS DA XUVENTUDE QUE TEÑEN ENQUISTADOS HABITOS NON MOI SAUDABLES".


Bueno bueno bueno, como se supera esta señora, que cree, que está cotilleando nunha terraza ou tomando un viño nas calexas. Hai que ter moito cuidado coas palabras que se din cando unha ostenta un cargo público, e baixo o meu punto de vista non pode xeralizar así de toda a xuventude.

Habitos non saudables enquistados, que forte, creo que non merece máis comentario, por si solas falan as suas palabras.

Unha última cita, ¡¡QUE GRANDE ERES TITA!!.

jueves, 12 de abril de 2007

PP = 10 concelleiros


Bueno, onte foi o día da presentación nos medios de comunicación por parte do PP betanceiro. Hai varias cousas que chaman a atención, pero sobre todas destacan a fuxida dos representantes de seu núcleo duro nas anteriores municipais.

Tanto Javier de la Fuente, que xa sabemos que montou outro partido político - CxB - como Alberto Carro (vai de 10, antoxase complicado a sua saida) como Pin (suplente) deronlle plantón á candidata popular.

Ao meu entender a sorpresa foi a de Alberto, non o esperaba, pero parece ser que estaba cantado que non quería ir (ando despistada), ainda así maquillou ben co posto 10. Creo que peor foi o de Pin, que tiveron que chorarlle duramente para que os acompañara, e faino de suplente.

A historia de Javier de la Fuente é de sobra coñecida, as suas aspiracións a liderar o PP nun futuro cercano pasan por formar CxB como catapulta para o seu logro final.

Hai outra cousa que me chama poderosamente a atención, é que no xornal "La Opinión de A Coruña" non se fixeron eco da noticia, nin onte nin hoxe, polo menos na edición dixital, non ollei a impresa, pero de sair a noticia escrita sería de forma pequena, xa que se non aparecería tamén na rede. Será que esta xornal vai decantandose por darlle o apoio ao outro partido de dereitas que se presenta nas eleccións? A CxB claro. Veremos os aconteceres nos días que veñen.

A modo de anecdota comentar o dito pola portavoz popular Mari Faraldo, loitaremos por ter 10 concelleiros, que pouco ambiciosa se lle ve señora, hai que loitar por 17 que son os que representarán aos betanceiros nos próximos catro anos. Podemos facer tamen a lectura de que lle está facendo un guiño a CxB deixnadolle o camiño libre para conseguir 7 concelleiros. Así a dereita coparia o pleno municipal PP=10 CxB=7.

E que queda para o resto dos partidos, nada, jejejeje, bueno o BNG cunha lista de 27 ao mellor cree que pode sacar os 10 concelleiros que lle restan, non parvos non, coa revisión do Padrón Municipal a data 01-01-2007 temos unha población de 13.165 habitantes o que dan 17 concelleiros, non máis.

P.D. Esperamos ansiosos un PANFLEMILIO de edición especial que recolla a presentación do PP local como tema exclusivo.

martes, 10 de abril de 2007

¿ESTAMOS TODOS? ¿NO?

Curioso e de moi mal gusto o titular que nos brinda o último exemplar do Red Comarcal, non lle chamarei periódico porque simplemente non é.
Aquí xuntanse un par de amigotes e apoiados por un partido político (PP) montan un panfleto de campaña e queren chamarlle periódico. Pois non Emilio, o teu non é máis que propaganda do Partido Popular, ainda que coñecendo as tuas ideas póliticas non podia ser doutro xeito. "De casta le viene al galgo" como se diría.

Referireime neste escrito ao panfleto Red Comarcal como PANFLEMILIO, gustame o nome.

Volvendo ao tema da portada e ao titular do panflemilio, parece de moi mal gusto tratar un tema coma o dos accidentes desde xeito. Non quero imaxinar a cara que pode por alguén que lea a portada e que perdera recentemente a un ser querido nun accidente. Señores, a información hai que tratala de xeito profesional e non así. Aquí debemos crer q facendo un curso de paxinas web xa somos periodistas, ala cada un co seu, pero cuiado cos titulares q poden ferir os sentimntos en temas tan personais.

Logo tamen podemos destacar a escoración a estribor do panflemilio, mires por donde mires todo cheira a dereitona. Para eles só houbo a presentación dos dous paridos de dereitas betanceiros -PP eCxB- e as cartas ao director ou van elexidas ou directamente van escritas por alguén que teñen de man.

Sempre houbo algún panfleto de istos e acabaron desaparecendo todos, veremos a vida que ten o PANFLEMILIO.

martes, 3 de abril de 2007

A doble cara do BNG

Veño observando desde hai un tempo o doble xogo desleal que ven facendo o BNG.

Eles, que están no equipo de goberno, e que veñen desempeñando o traballo nos seus cargos nesta última lexislatura, en todo momento queren facernos ver que son eles e soamente eles os que están a facer algo positivo para o concello, e que ata que eles entraron no equipo de goberno, este non funcionaba.

Ata aquí todo ben, cada un ten que vender a súa xestión e sempre que se faga de forma leal, podes decir o que queiras.

Pero para min o problema ven cando comezamos a ver que desde unhos meses atrás en vez de grupo de goberno paracen grupo de oposición, e nestas pataletas que veñen arreando entran en cotradiccións continuamente.

Como xa dixen, enchen a boca cando falan das suas xestións e tratan de minimizar as que se conseguen desde as xestións de delegacións representadas por concelleiros socialistas.

Un par de exemplos de tratamiento de xestión, hai uns días patalearon ata a saciedade porque o alcalde foi á Condesa porque a consellería de vivenda entregaba uns locais para os veciños. A pataleta ven porque según eles nesta xestión tocalles a eles apuntarse o tanto xa que ven dunha consellería que ten como máxima representante a Teresa Taboas (BNG).

O curioso ven cando piden que a alcaldía solucione o problema que teñen os funcionarios e que eles sacaron na prensa como si foran un grupo da oposición.

Aquí, falan de que o alcalde é o responsable maior do tema, e teñen razón porque podemos decir que o alcalde é o responsable maior do que no concello se fai politicamente falando, tanto sexas do BNG coma do PSOE.

Pois ben, si así o ven eles, cal el o problema de que o señor alcalde estivera presente na Condesa, lembrense de que tamén Xabier López está no equipo de goberno liderado por Manuel Lagares e tamén é o responsable maior da sua xestión , pero claro estamos en campaña e hai que vender q as cousas boas as facemos nos.

Gustariame facer outra reflexión, temos no concello obradoiros de emprego que concede a Xunta de Galicia e que o 1º tenente de alcalde nacionalista, Andrés Otero Botana (non vicealcalde, xa falremos diso) vende como unha xestión propia. Pero aquí ven o tema, xestión do BNG, pero concedida por unha coselleria do PSOE, a quen lle apuntamos o tanto?? Podemos deixalo a medias.

Vamos a ver, realmente un goberno de coalición, debe ser iso, coalición, e non ti por un lado e eu polo outro, xa que sempre vas a ter sobre ti a un alcalde que vai a ser dun dos dous partidos, neste caso PSOE que pode vender como del todas as xestións. Baixo o meu punto de vista persoal, un pacto non é como se leva cabo na Xunta, donde o BNG está empeñado en que pareza que eles son un goberno autónomo. Todos debén estar unidos e non ir cada un polo seu lado, claro que isto é unha utopía sana, e nestas datas tendo cerca o 27 de maio bastante complicada.

domingo, 1 de abril de 2007

Agora sí parece CxB=PP


Logo de ler unha primeira vez ese documento de CxB e quedar abraiado, o primeiro que tiven que facer foi relelo para ver si estaba eu algo trastocado ou era verdade, e cheguei á conclusión de que é verdade.

XA SALEU O VERDADEIRO ESPÍRITU DE CXB, DEFINITIVAMENTE SON O PARTIDO TAPADO DO PP, O PARTIDO FORMADO PARA TRATAR DE GOBERNAR CO PP SI ESTES NO LOGRAN A MAIORÍA SUFICIENTE PARA FACELO SOLOS.

Si se fai un analise pormenorizado comenzas polo 1º punto, de aquí xa se desprende que de o PSOE non queren nin oir falar por levar na lista a Manuel e Antonio Lagares. Parece ben, eles como partido poden facer o que queiran, pero señores o que non poden é decir que van a a facer o imposible porque non gobernen estes dous señores.

PREGUNTO: QUE QUEREN, ¿IMPOÑER AOS BETANCEIROS O QUE VOSTEDES PENSAN? VAN DESENCAMIÑADOS, O POBO ELIXE A QUEN QUERE, E SI QUERE A UN PARTIDO VOSTEDES NON PODEN TRATAR DE FRENAR O DEREITO A ELEXIR QUE TEN A CIDADANÍA. NON SERÁN VOSTEDES OS QUE AGORA VEÑAN A DECIRNOS O QUE TEMOS QUE QUERER OU NON. O POBO É SOBERANO E CADA CIDADÁN TEN UN VOTO, HAI TEMPO QUE A DICTADURA É HISTORIA.

HAI TEMPO SEÑORES QUE VIVIMOS EN DEMOCRACIA, HAI TEMPO QUE XA NIGUÉN, POR MOITO ESTANCO QUE TEÑA, PODE FACER O QUE LLE VEÑA EN GANA, NADIE PODE COLLER E PRIVATIZAR UNHA CALLE DE USO PÚBLICO PARA USO E DISFRUTE DO SEU PROPIO INTERESE, PARA GARAXE PRIVADO, POR POÑER UN EXEMPLO. NON SE PODÉ FACER ALGO SI O POBO NON O AVALA.


No punto segundo, o BNG tampouco lles vale porque iría co PSOE. Comentan que ese non sería o cambio que se busca.

Ben, parece que se dan conta de que non sería un cambio, sería unha continuación de algo que baixo o meu punto de vista estase facendo ben desde os dous partidos. Claro que nun pacto sempre hai tira e afloxa, pero no global creo que podemos estar contentos cos últimos anos de xestión municipal. Despoís de irse Isidro Doporto claro, que solo sabía facer oposición desde o goberno, así lle foi.

No punto do PP, tamén parece que lle queren impoñer candidato, aquí vese o que Javier de la Fuente quería, LIDERAR O PP. Bueno, ese é o cometido del formando CxB, usar este partido para liderar o PP brigantino.

E as conclusións caen polo seu propio peso, resumoas así, NON QUEREMOS A MANUEL E ANTONIO LAGARES, E FAREMOS TODO O POSIBLE PARA FACER QUE NON GOBERNEN, SE NON SACAN MAIORÍA ABSOLUTA TRATAREMOS DE PACTAR CON PP E BNG PARA BOTALOS DO GOBERNO. BONITO PACTO, NON SE DAN CONTA DO QUE DIN, AQUÍ DIN QUE O QUE FARÁN É PACTAR CON PP A CALQUEIRA PRECIO, XA QUE O BNG NUNCA IRÁ CO PP DA MAN (ESO CREO VAMOS).

DEFINITIVAMENTE CxB=PP, A SUA FORMA DE PENSAR E DE FALAR ASÍ MO PARECE, CON ISTO NON QUERO DECIR QUE O SEXA, É A MIÑA OPINIÓN MOI PERSOAL.


E para rematar unha reflexión dirixida a Antonio P. que escribe polos blogs (irmán dun candidato de CxB e marido dunha candidata de CxB). Señor Antonio, debe vostede respetar aos partidos políticos. Chamarlle ao PSOE LagaPsoe, é faltarlle ao respeto a un Partido e a unhas persoas que se sinten representadas con esas siglas e ideas, non se equivoque, os señores Lagares están ahí porque os afiliados e militantes do PSOE os elixeron, e si o pobo non os queré xa o dirá o 27 de maio. Parece de mal gusto usar as verbas que vostede usa. Non creo que lle gustara q a CxB se lle chame Cidadans por de la Fuente, pois pense niso.