sábado, 8 de septiembre de 2007

Pola boca morre o peixe

Hoxe, deume por mirar a páxina web dos ceporbianos, e pasando follas, atopei un arquivo que me transportou á campaña electoral de maio. Tratase do debate que tiveron os alcaldables dos catro partidos políticos que concorreron aos comicios municipais, celebrado en Radio Voz.

Que lonxe vemos esas datas, pero logo destes primeiros meses de goberno PP-CxB, cando agora oes este debate daste conta de que as intencións de CxB non eran outras que investir alcaldesa a María Faraldo.

Pero o máis grave de todo é como fala o portavoz ceporbiano, Javier de la Fuente do tema da auditoría.

En todo momento, a actitude de Javier no debate, é de ataque hacía o PSOE, xa o podemos oir na primeira intervención, na que pide o moderador as propostas de cada partido para Betanzos. Pois ben, o portavoz de Cidadans en vez de comezar falando das súas propostas, xa fai un ataque ás propostas do PSOE.

Logo, vemos como hai guiños constantes á proxectos que leva o PP no seu programa, esperemos que se cumplan, si a CxB lle gustan e os populares o puxeron no programa, non haberá trabas para sacalos adiante. Eles son a coalición de goberno, adiante.

Volve a correxir ao portavoz do PSOE, cando este fala de que a Xunta do PP afogou Betanzos no que a inversións se refire, Javier dille que si houbo inversións.

Pero o tema estrela dese debate, e o que me levou a escribir este artigo é o da situación económica do concello.

No pleno do mes de xullo, CxB pediu a auditoría, pero xa non falaba de auditoría externa e soamente falaban de facer unha auditoría e publicala. É máis, atrevennse a decir que eles nunca falaron de auditoría externa, soamente de pública.

Señores ceporbianos, se tan claros e transparentes din que son, deixen de mentir, que nos poucos meses que levamos de mandato xa o fixeron varias veces dende que a alcaldesa asinou eses compromisos de goberno que non cumplen.

O papel do pacto de goberno CxB-PP é unha simple escenificación de cara á galería, e co paso do mandato veremos que non é de obrigado cumprimento.

P.D. No debate, fixome gracia a referencia que a nova alcaldesa fixo ao goberno de Juan Juncal en Ferrol, poñendo como exemplo a xestión económica deste. Esperemos que a señora do PP leve o mesmo camiño que Juan Juncal na política municipal.

P.D. 2 O inclito J. de la Fuente, está obsesionado cos profesionales do concello, non debe fiarse deles porque no pleno de finales de agosto volveu a pedir intervención de asesoría externa xurídica polo tema da urbanización da Condesa. Confianza ceporbiano, confianza....

12 comentarios:

Anónimo dijo...

¿y......?, ¿Que quieres decir o insinuar?

Anónimo dijo...

www.cidadansporbetanzos.com

Entren en el apartado de noticias en la época de la campaña y escuchen el debate entero.

¡a ver quien es el ue salió mal parado!.... es que las ventajas de internet..

Anónimo dijo...

pero vamos a ver antonio como se van a fiar dos informes xuridicos do concello se son os mismos que provocaron cos seus informes que se teña que indennizar a un promotor 8oo.000. euros

Anónimo dijo...

po lo que teño entendido non solo cos informes dos asesores xuridicos senon que tamen tivo algo bastatnte que ver antonio lagares coa sua influencia nefasta para o concello nom asi para oseu patrimonio o psoe deveria propoñelo para conselleitro de economia seguro que si aplicava as msmas recetas que para si seria uha maravilla

Anónimo dijo...

Pola boca morre o peixa , Lagares prometeu que a volta das suas "vacacions" daria esplicacions do tema do INEM, ESTAMOS ESPERANDO.

Anónimo dijo...

Boas tardes, Dona Maria.
Có seu permiso, ainda que non ven a conto nestra entrada, quixera comentar algo sobor das nosas festas que xa remataron. Si non lembro mal, o eslogan destas festas era “Unhas festas para todos”, o cal se acadou cun grande éxito, a pesar do pouco tempo para a sua preparación, na que se partiu de cero –todo esto segundo os representantes do partido popular-. Eu discrepo de que fosen unhas festas para todos. De entrada porque o concelleiro de festas, no periodico de Betanzos, en relación cá Raiña das festas, afirma non ver polémica e di que é cousa dunha minoría. Haberíalle que lembrar a este home que a moción sobor da raiña foi presentada polo Bng, partido que representa alomenos a 1085 persoas en Betanzos, polo tanto xa non serían unhas festas para todos, habería que quitar 1085 betanceiros. Por outra banda, non entendo necesario lembrar a quen son adicadas as festas de Betanzos, nin falar do carácter relixioso católico, marcado pola función do voto que, ano tras dano –xa van uns cinco centos- ten lugar cada 16 de agosto; non entendo necesario lembrar a procesión do dia 15 nin a novena ao santo. Coido que son motivos suficientes para que aqueles betanceiros que son practicantes de outras relixións ou para os que non temos creenzas relixiosas, non nos sintamos identificados cunhas festas católicas en honor a un santo. Non entendo necesario tampouco lembrar que estamos nun estado “laico”.
E, ademáis, coido que se está a confundir o termo de “festa”. Eu entendo festa cando hai unha participación da xente i esta se divirte. Para min o das orquestas, e xa non digamos as actuacións de Civera e Shaila Durcal, son máis espectáculos que festas, onde a xente ou, mellor dito, o público, está nunha actitude pasiva, pois cada vez son menos os que bailan. Tamén está O Globo, onde se misturan festa por parte da minoría que participan na sua confección i elevación e, por outra parte, a maioria, outra vez pasiva i expectante.
Poida que os únicos actos puramente festivos, baixo o meu punto de vista, sexan a procesión, para participación dos fieis católicos, a festa infantil, adicada lóxicamente aos nenos e, Os Caneiros, onde si que hai diversión e participación pero, tristemente, dende hai xa uns cantos anos, os que máis participan e se divirten son os de fora de Betanzos, que empezan o botellón, pola mañán, na praza dos Irmans Garcia Naveira, seguen polo camiño, e fanlle o remate no campo dos Caneiros, nun esaxerado estado de embriaguez, tirando viño e rachando camisetas.
Eu sentindó moito, non estou dacordo có autor ou autores do eslogan nin co grado de satisfación manifestado por Porcas e Tomé i, eu diría que foron máis ou menos coma sempre e cambiaría o eslogan: “unhas festas para os católicos, para os nenos e para os do botellón da Coruña”.

Saudos, Crono.

Anónimo dijo...

Precisamente,"Pola boca morre o pez", sino, lee la noticia que aparece en la prensa, sobre las "Represalias Políticas", a una edil del CXB,¡de vergüenza ajena!, y¡ pensar que estos espécimenes estuvieron gobernando Betanzos!,¿Que nos queda por ver?

Anónimo dijo...

No digas eso que te censuran, que valiente.

Anónimo dijo...

cxb nos hace pagar a todos los betanceiros el sueldo que desde junio le niegan las monjas que antes habían enchufado en la guardería a esperanza sánchez varela

Anónimo dijo...

encántanme estes apolíticos de CXB: a ver por que credes que o BNG non tivo listas en todos os concellos ata que estivo na Xunta? por cousas peores que esa.
Estades intentando facer da esperanza unha mártir, pero non é para tanto. Ou iso diciades algúns cando sucedía con xente do bloque ou das comisións labregas e lle queimaban a palleira. A un concellal do BNG en Nigrán lle queimaron dúas veces o coche por denunciar corruptelas urbanísticas do alcalde do PP, a outro en Gondomar houberon de matalo ó queimarlle os coches no garaxe da casa pola noite e agora xa non vive por alí por medo,etc etc Mesmo en Betanzos houbo a quen lle foron medir as obras da casa PP e PSOE en xogadas de acoso e derribo acojonante, houbo quen quedou sen choio e a quen amenazaron con cerrarlle o negocio e ata o hirmán de Isidro Doporto declinou ir nas listas por medo a que o botaran do banco.
Que vos credes, que sodes únicos? Para arrincarvos os cabelos chegades tarde porque tíñades que habelo feito antes tamén

Anónimo dijo...

donicela, entón que propoñes, que se permita y consientan prácticas supuestamente caciquiles.

Anónimo dijo...

animo al PSOE a que denuncie a estos individuos por andar difamando con esa ligereza