jueves, 20 de septiembre de 2007

autumn


Nestes días ten lugar un cambio de estación, e con el mudarán moitas cousas, a cor das árbores, o ceo, as praias quedarán desertas, as rúas pouco a pouco perderán temporalmente a visita turística. Todo isto é o preludio do outono, estación de contrastes e cores.

Comezará o frío e a choiva que tanto nos caracteriza por estas latitudes como anticipo do inverno.

Deixovos unha recomendación para visitar en outono, o Parque Natural de ARALAR na comunidade foral de Navarra. Eu tiven a sorte de visitar o parque e nestas datas que se botan enriba é un lugar fabuloso para perderse.

Saudos a todos e todas e bo comezo de outono.

No hay comentarios: