viernes, 6 de julio de 2007

X Feira Franca Medieval

Xa estamos ahí, como cada ano por estas datas, o segundo domingo de cada xullo, as betanceiras e betanceiros facemos unha bonita e longa viaxe no tempo e transportamonos ata a Idade Media para pasar unha fin de semana chea de matices, caracterizacións e vivenzas do que foi a nosa cidade alén do tempo.

Onte tivemos, ou máis ben tiveron os máis pequenos da vila, un aperitivo a cargo de Alfredo Erias que se encargou de facer unha visita guiada para nenos de 5 a 11 anos polo museo e polo casco histórico recreando épocas pasadas.

E a partir de hoxe tocanos a todos, nenos e maiores, disfrutar de tal evento ata o domingo. Esperemos que a climatoloxía non sexa adversa e do resto xa nos encargamos nos.

Teremos danzas mouras, a queima da bruxa, o rapto das cen doncelas, a expulsión dos leprosos e un longo etcétera de actuacións, pasarúas e demáis.

Nestas datas non toca falar de política senon de festa e creo que aquí, en maior ou menor medida, todas e todos estaremos de acordo.

DISFRUTEMOS DESTA FIN DE SEMANA MEDIEVAL E FESTIVA EN BETANZOS.



8 comentarios:

Anónimo dijo...

pa que vexas por unha vez estou dacordo contigo...disfruta da festa...e paga un viño seme ves (coma non sei que eres non cho podo pagar)...
Un saudo.

Anónimo dijo...

Gran presencia de público en la feria, ayer era imposible entrar por la noche. Lástima que hoy llueva.

Por cierto, que hacia la hija de juancito el médico, asomada en el balcón del concello, como si fuera concejala electa. Como todos los partidos hagan lo mismo con toda su lista....más saber estar, mujer.

Anónimo dijo...

Dixeronme que, nas festas dalgún pobo, debido á grande afluencia de xente, somentes se pode camiñar polas ruas, ou alomenos por algunhas delas, nun unico sentido, para evitar os tapóns que se forman ó encontrarse de frente os que van e os que veñen, e tamén para darlle máis fluidez ó andar da xente. Penso que sería un bo exemplo a seguir en Betanzos na festa medieval, pois en moitos momentos hai verdadeiras dificulatades para moverse. Alomenos que os responsabels da festa pensen nelo.
Parabens ós organizadores polo novo éxito acadado.

Anónimo dijo...

De todas formas hay algo criticable: que la fiesta conincida con el Festival Internacional de Ortigueira, que lleva ya celebrandose ventitantos años. Para la proxima edicion habría que hacerlo un fin de semana que no coincida, ya que en Ortigueira es de jueves a domingo.

María Balteira dijo...

antonio p.s. alegrome de que a veces esteamos de acordo.

E máis aventurome a decir que estamos de acordo máis veces das que parece, pero por motivos do teu partido ambiguo non podes exteriorizalo.

Ten cuidado non che dea unha úlcera política ;-).

Ao anónimo das 0:06 decirlle que non podemos estar a expensas das celebracións que haxa noutros lugares, si queremos facer unha festa de referencia como está a ser a nos Feira Franca Medieval, debemos manter a data que creo é o segundo domingo de xullo.

María Balteira dijo...

Por certo antonio p.s. vaia fotos as que facilitaches para a web El Pasatiempo, moi boa a reportaxe, quitando o frío que debechedes pasar, debeu ser unha boa aventura...

Felicitote por facer de todos ese aporte gráfico persoal.

Anónimo dijo...

A filla de juancito estaba no balcón para sabotear o pregón, non funcionou a megafonía e o falcón lanzouse cara a alcaldesa antes da lectura do pregón.
Para o ano que ben deberían de estar no balcón todos os candidatos de cada lista, ou é máis a candidata 7 do PP que a 3 do BNG ou a 19 do PSdeG-PSOE.
Primeiro foi a filla de juancito na feira medieval, esperade ás festas de agosto e demais actos. Estará presente toda a secta, sobre todo os seus novos co-relixionarios.

Colectivo GZ-Israel dijo...

Ola amigos de Betanzos. Un favor (a ser posíbel) Precisamos fotos das rúas de Betanzos que en tempo foron habitadas por xudeus, a Xudaría de Betanzos. Ou o que fique dela. Se tedes algunhas enviádelas por favor a:
galiza_israel@yahoo.es
Moitas grazas