viernes, 20 de julio de 2007

Desculturizando Betanzos

Ao final o rumor que circulaba por todos lados estes días cúmplese, e a pólitica de cultura da coalición PP-CxB restrinxe actos que non deben considerar de importancia para o pobo.

Dun plumazo carganse o Festival de Cine e o Certame de Poesía, así, sen máis explicación que o centrarse nas festas de agosto.

Imos ver, aquí temos delegacións como en case todolos concellos, e a delegación de cultura non ten nada que ver coa delegación de festas, pero ainda así a desculpa para prescindir dos dous certamenes é que teñen que centrarse nas festas de agosto. Que o delegado de festas faga o seu traballo e a alcaldesa traballe en cultura, ou será que xa se da conta de que ela soa non pode facer todo? Quere ter todo controlado e así empantana todo, ademáis da alcaldía e cultura, ten que supervisar o resto todo dos outros concelleiros e a maiores pasalo polo filtro ceporbiano (que xa ten algunha que outra perda este filtro).

Xa no pleno de organización o portavoz do BNG votou en cara ao PP facer desaparecer algunhas delegacións, entre elas a de cultura, e o seu portavoz Pablo Tome, torpemente comentou que non desaparecia, que a levaba a alcaldesa directamente, pero que agora a cultura sería para todos non coma antes que a calificou de sectaria.

Pois ben, agora podemos decir que para o PP-CxB o Festival de Cine e o Certame de Poesía non deben ser dignos culturalmente falando, o prestixio internacional gañado con estos eventos comeza a caer no olvido co ascenso ao poder da dereita betanceira.

Gracias a xente coma Mari Faraldo ou Javier de la Fuente todo o acadao con traballo e o esforzo nestes anos, perderase rapidamente.

Bueno corrixo, todo non, os coches gañarán o casco vello.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

jejeje
TOMA RENOVACION BETANCEIRA
si ya lo decía el refrán:
OTROS VENDRAN QUE BUENO ME HARAN

¿Será esto producto de la disminución de exclusivas o de que la Marifá no quiere gente de izquierdas en los certamenes o de que la gente de los certamenes no quiere ni oir hablar de Marifá?
O sencillamente que no tienen puta idea y estan "out" en todo este tema de la cultura.
juas. VIVA LA REVOLUCION BETANCEIRA

Anónimo dijo...

ja,ja,ja.
El certamen de Cine de renombre internacional, que las proyecciones las tenian que hacer en A coruña,era un certamen teorico, porque practico.....
Solo vino Elsa Pataki, Guillen Cuervo, y.....muy poco mas.
Para hacer un certamen de estas caracteristicas que se ofertaban y cobraban hace falta algo mas que buena voluntad, eso es lo que pusimos algunos de los asistentes, hasta que vimos la tomadura de pelo.
A todo esto, ya se sabia que se tenia que ahorrar, porque la deuda, que tenemos no es para menos.
Eso si, para la cantidad de subvenciones que tuvimos todos estos años para las Fiestas, no se vio ni de lejos todo este dinero.

Anónimo dijo...

Estimado Asterix, non sei como te estranas da falla de cultura no PP de Betanzos. Digó sinceiramente, non é para faltarlle ó respeito a ninguén pero ¿tí ves, Asterix, nalgún dos seis concelleiros do PP un asomo de cultura?, seguro que non, por iso sobra a concellería Estou seguro que si lles fas unha exame de primeiro da Eso non a aprova ningún.
Xa sei que a cultura é o de menos que o importante é que non haxa terrorismo e fumigar as vespas dos Caneiros e, a Errol Flynn, o do comentario das 13.39, que pretendías, traer ós Beckham ou a Brad Pitt y señora. Recordoche que si o cine vello está abandoado deberiasllo preguntar a Xaime Pita ou a seu irmá.
Lis de Moura

Anónimo dijo...

Y tambien, habria que preguntarle a la corporacion anterior,señor mio.
Prometieron multicines, prometieron galerias,prometieron el oro y el moro.
¿donde esta todo esto?
¿Porque no se interesaron,por el edificio del cine antiguo, el capitol, creo que se llamaba? si no estoy equivocada, la edificacion se hizo bajo su mandato.
Porque no se hizo mas por la cultura, que este esperpento de certamen de cine teorico,traer a gente como Di Caprio es muy costoso, es ya muy costoso traer a la Pataki,o Guillen, por eso mejor no traer a nadie, y hacer proyecciones en debidas condiciones, y no pasear por el pueblo con los famosetes.
La cultura es algo mas que todas estas parafernalias.

Anónimo dijo...

Para a xente de dereitas, coma vostede, imaxino que é de CxB, tal vez a cultura cinematográfica consista en ir a uns multicines dunhas galerías, coas palomitas, e o refresco a ver o derradeiro en cine de acción made in USA. A semá de cine de Betanzos sempre foi algo modesto e non viñeron moitas estrelas salvo as que vostede dixo e duas ou tres máis, por eso non sei a que ven o dos paseos cós famosos, se só viñeron dous e por riba de pouco nivel. Querolle dicer que nas 7 ou 8, xa non recordo, edicións da semá de cine de Betanzos, homenaxearon a xente que para vostede, a bon seguro, non siñifican nada, refirome a Xose Luis Garci, Xulio Fernandez, Xerardo Herrero, etc., fixeronse mesas redondas i se non lembro mal, polo menos na sua primeira edición pasouse algunha película no cine Alfonseti, que era o cine en funcionamento máis antergo do estado espanhol, cousa que non lle interesou que continuase ós señores Pita. Na semá de cine de Betanzos, co-organizada polo concello, pola universidade da Coruña e creo que pola Diputación ou a Xunta, fixeronse cousas importantes con poucos cartos, cousas que seguro algúnha persoa con cultura cinematográfica (que son as menos) apreciou, pero ós palomiteiros, é loxico, esperan outras cousas. O do cine Capitol, pareceme tan absurdo que non llo vou comentar. E pidolle que non vexa as cousas có fanatismo anti-Lagares de CxB contaxiado dos seus socios de governo. En Betanzos fixeronse cousas no ambito da cultura, tal vez outra cousa non, pero na cultura sí, ahí ten vostede o Conservatorio, a Banda Municipal, o Centro de Estampa, As Balconadas, exposicións de pintura no Liceo, teatro os domingos no Liceo, os concertos da Sinfonica de Galiza, os contos na pedra, os premios literarios do concelleiro Xavier Lopez, etc.
E agora pidolle que me de un nome, un soio nome, da actual corporación, que destaque ou teña coñecementos en algunha das artes. ¿Quén podería ser concelleiro de cultura?.
Por certo, vin uns carteis anunzando a actuación dunha cantante, pareceme que para o 25 de xullo, dia de Galiza, ¿vostede sabe quen é e que canta?. Eu non, e perdoe a miña incultura, espero que non sexa unha provocación a ritmo de pasodoble. Todo é posibel
Lis de Moura

Anónimo dijo...

No se porque, ni a que viene, decir que soy de derechas, me parece absurdo, empezar un comentario calificando,desde su punto de vista, erroneo por supuesto, a una persona que escribe desde la libertad de ideologia, un comentario.
Asisti a alguno que otro certamemen de cine, y en ninguno,bajo mi punto de vista, vi una organizacion tan desastrosa,como en el de Betanzos.
Lo de las palomitas y palomiteros, vamos a dejarlo, pues denota unas ciertas ganas de desprestigiar personalmente a alguien que no conoce.
¿Que cosas importantes se hicieron con los impuestos de todos, en la semana de cine?
Homenajear a Garci,Fernandez,o Herrero,¿Cree usted que eso es lo importante?
Importante seria que, lo que se oferta,por supuesto pagando una cuota por los interesados,a parte de las aportaciones de las administraciones y la UNC, fuera calidad y organizacion, y que la gente invitada hiciera ponencias serias,no de "Bienvenido Mr Marshall".
Piense usted, en lo del Cine Capitol,porque de absurdo no tiene nada.
En vez de gastar dinero de los contribuyentes en defensas juridicas, me pareceria interesante que el ayuntamiento se hiciese cargo de la rehabilitacion de este edificio emblematico, y lo disfrutaramos todos los Betanceiros, si el Sr Pita, no da soluciones a su Cine el ayuntamiento tiene la obligacion de dar servicio a la poblacion, y esta fue una ocasion de oro.
¿Cree usted que el mas indicado era el Sr Pachico,para llevar Cultura?
¿Lo considera un adalid?, nadie es imprescindible, y menos una persona que se debe a un partido politico, todos pueden hacerlo mejor que otros.
Con relacion a la cultura promulagada por el anterior equipo de gobierno,decirle que hay muhos otros palos de cultura en este pueblo, por ponerle un ejemplo de trato,solo faltaria que un pueblo como Betanzos no tuviera una Banda de musica, pero tambien hay deporte, y no vi que el ayntamienteo llevara a los niños de futbol o Baloncesto, a ningun certamen internacional o visita a alguna fiesta deportiva fuera de nuestro municipio ya no digo al extranjero como fue el caso,pues ellos tambien son representantes de la cultura de este Pueblo ¿que paso?.
Por el resto no hay comentarios,pues soy un ciudadano, que no tiene nada que ver con el gobierno municipal,huelgan explicaciones.

Anónimo dijo...

Me parece que vostede máis eu temos distintas opinións sobor do que é a cultura, eu dende logo non incluio ó futbol nin o baloncesto na cultura. Dame a impresión de que fala por falar, sin coñecemento de causa pois, foron moitas as ponencias, mesas redondas, disertacións, ponencias, proxeccións, etc. que se fixeron nas distintas edicións da semá do Cine de Betanzos. D.Francisco Diaz, Pachico para os seus amigos, fixo unha laboura importante no seu campo, para mín se cadra foi a concellería mellor levada, quitando o deporte que non foi levado có mesmo éxito. Eu non coñezo moitos pobos como Betanzos que dispoñan de conservatorio e Banda, citeme vostede algún e máis citeme, porque sigue sin facelo quen sería o concelleiro de cultura na actural corporación, para vostede. Din que o que cala otorga e tal vez sexa eso o que vostede faga e non querer criticar unha cousa é como defendela ¿está vostede defendendo ó PP de Betanzos no ámbito da cultura? ¿segue vostede a dicer que non é de dereitas?.
Para rematar, a semá de cine era algo que estaba nos seus comenzos, con apoio i máis cartos tal vez podería chegar lonxe, pero este é o pobo das envidias e das críticas, así non imos a ningún lado.
Prescindir da cultura di moito dun governo e de quen o defende (pero bueno que se pode agardar de quen lle chama cúltura ó futbol e ó baloncesto).
O do cine Capitol non sei se o sabe vostede, agora hai alí un salon de beleza, bronceados, masaxes e esas cousas.
Lis de Moura

Anónimo dijo...

Partiendo de la premisa que usted expone en su comentario,considerando que el deporte en general, no forma parte de la cultura de una persona, entonces¿en que lugar colocaria a las Olimpiadas?.
Con esta opinion,¿ se considera usted de izquierdas?.
Se perfectamente, que en el edificio del antiguo Cine Capitol se encuentra un salon de Belleza,¿porque no se llego a un acuerdo con el propietario del inmueble, para hacerse con este,y seguir manteniendo un cine para disfrute de los ciudadanos?
Eso es a lo que me referia en el anterior comentario, por eso utilize el pasado "fue una oportunidad de....".
Por lo que respecta a la Semana de Cine, pues es su opinion tan respetable como la mia, simplemente supongo que si se retoma el poyecto, lo hagan mejor,por lo menos con mas organizacion que las anteriores ediciones.
No se si alguien esta preparado o no para llevar una Concejalia de Cultura o cualquier concejalia, lo que si se, es que nadie es imprescindible, existen cantidad de asesores en todos los terrenos,para poder llevar a cabo todo tipo de proyectos.
Piense usted, que la cultura no es solo musical, cinematografica o poetica, la cultura es mucho mas que todo esto,¿Cuando se considera a una persona culta?.

Anónimo dijo...

Mui señor meu, a orixe da verba "cultura" do latín, era para definir o cuidado do campo e do gando. Ó longo da historia esta verba foi mudando e tendo distintas acepcións pero coido que todo o mundo entendemos por unha persoa culta a aquela que posue moitos coñecementos en distintos campos do coñecemento (vaia a redundancia). Dende logo, para min, ter amplos coñecementos de futbol, baloncesto, boxeo, atletismo, natación, etc. non siñifica de ningunha maneira ser unha persoa culta. Se entra vostede na páxina do Ministerio de Cultura, verá que nas distintas areas aparecen, as artes escenicas, a literatura, o cine, a pintura, o patrimonio historico, artes plasticas, música, etc. Todas estas cousas, distintas en cada país, son as que definen a sua cultura, i ter importantes coñecementos delas, definen a unha persoa culta, pero non o futbol, señor meu, senon Brasil sería o país máis culto do mundo, nin tampouco as Olimpiadas, que por certo non sabia eu que eran cousa de esquerdas.
Segue sin citarme un concelleiro de cultura da actual corporación, eu coido que vostede pensa coma min, non o hai.
Lis de Moura

Anónimo dijo...

Un Ayuntamiento como el de Betanzos sin Concejal Delegado de Cultura me parece un auténtico atropello a todo lo que representa Betanzos dentro de lo que es la cultura gallega.
Ya se sabe que la derecha lo que quiere es fulminar de una forma contundente toda expresión cultural que pueda llegar a los ciudadanos.

Esta es la "Cultura" que pregonaba el Sr. Fraga desde la Xunta de Galicia, y su gran pupila la Sra. Faraldo está siguiéndola al pie de la letra.

Dentro de poco también saldrá diariamente en Radio Betanzos, al más puro estilo NODO.

Bueno,y total claro....que más da la Semana de Cine??? total quien viene aquí, unos directores de nada.....Garci, José Luis Cuerda....unos don nadie, que no ruedan películas, y que no buscan escenarios donde rodar...claro no!!!


Fdo. Outro.



P.D. Veo que aquí el Sr. pena no interviene, que el lo que se relacione con la cultura no entra dentro de su dura cabeza. Ahora me explico lo de su cabezonería, está claro: no lee la legislación.

Anónimo dijo...

O no me explico, o es un problema de mala interpretacion de mi exposicion,¿porque repetir lo mismo mil veces? usted mismo define a una persona culta, el saber en muchos campos incluido, lo que usted considera desprestigio,saber y practicar deportes,esta incluido en nuestro sistema educativo,al igual que la ciencia, la musica, la historia...
El futbol, el baloncesto, el atletismo, el tenis....son deportes, y las Olimpiadas, señor mio,es una demostracion del ser humano en estas lides de la cultura deportiva, desde tiempos antiguos.
El compendio de todas las disciplinas,deportiva,cientificas,linguisticas y literarias, musicales,ect, es lo que conforman el saber y la cultura del ser humano¿es esto de derechas?, no, es patrimonio de la humanidad, y ahi entramos todos,incluidos los que por desgracia no tienen acceso a estos saberes.
Y seguire contestandole, ¡nadie es imprescindible!.
El creerse que nadie puede hacerlo tambien como otro, denota una cierta sobervia, que esta muy lejos de una persona culta.

Anónimo dijo...

Mui señor meu, eu xa me canso de pregoar no deserto. Repitolle como están estructurados os Ministerios no estado espanhol. Por unha parte está o de Cultura que non ten que ver para nada có deporte e por outra banda está o Consejo superior de Deportes cuxo presidente e Don Jaime Lissavetzky Diez e que é un organismo autónomo de caracter administrativo adscrito ó Ministerio de Educación y Ciencia, a través do cal exércese a actuación da Administración do Estado no ámbito do deporte.
Aclarolle que eu non desprestixo o deporte, encantame sobor de todo velo, practicalo menos, por culpa das miñas condicións fisicas. O domingo pasado vin, a carreira de formula 1, a final de etapa do Tour, o golf e a carreira de moto Gp de Laguna Seca.
Eu digolle que cultura e deporte son cousas distintas, as duas moi importantes e que si vostede segue empeñado en meter no mesmo saco a Picaso, Cervantes, Quevedo, Casillas e Ronaldinho, ala vostede, eu xa non llo vou discutir máis. Pode que non haxa ninguen imprescindibel, o que si é seguro é que hai moitos prescindibels.
Lis de Moura

Anónimo dijo...

Bueno, parece que ha habido toque de queda de CXB en internet, nadie habla ni contesta. Es que eso de ser claros y transparentes quema mucho, sobre todo por los comentarios de alguno en este blog, metiendo la pata hasta el fondo.
Los que si han bajado a la palestra son alguno del PP, ¿será la nueva orden de Márifá, que ha dicho que se van a modernizar en internet y la van a hacer más cercana a la ciudadanía??

Por mucho que diga usted, señor anónimo, la cultura y el deporte no son lo mismo aunque vayan ligadas intimamente y aunque sean igualmente importantes en el desarrollo de las personas. Lo que usted defiende es indefendible.

Anónimo dijo...

¿Festival de cine sin proyección de películas? Suena a chiste. Por esa misma regla de tres, que se haga un festival de teatro o danza, que vengan, digan hola y después nos vamos a verlos al Colón.
Tanto el Festival de Cine como el de Poesía lo que necesitan es conseguir que la gente se implique en ellos. A la mayoría de la gente se la suda que los pospongan o que los anulen porque les da igual. Es más, mucha, muchísima gente desconocía o desconoce que haya siquiera un certamen de poesía y del festival de cine, interesa lo de siempre: ver al personaje en cuestión. ¿Cuanto público atrajeron ambos certámenes? Es loable la labor y el esfuerzo de la organización de ambos eventos, pero en ningún caso llegaron a cuajar entre la población. Con esto no digo que se eliminen, sino que tienen que cambiar su filosofía.