O venres pasado asistimos expectantes ao pregón do inicio da X Feira Franca Medieval. Digo expectantes polo que de novo ten a situación para todos, despois de nove anos de festa, o goberno non é o mesmo, e a máxima figura do goberno local está agora representada por María Faraldo do PP.
Todo estaba previsto para as nove da noite e logo dalgún que outro retraso e problema técnico a cousa discurreu coa normalidade aparente deste acto simbólico. Digo aparente porque paso a relatar o que ao mellor ti non viches pero que agora vas a descubrir.
Estabamos todos esperando o inicio oficial da Feira, e oteando o balcón do concello, alguén, tivo a indecencia de facer un pequeno reconto dos seres humáns que alí se atopaban.
Alí estaban os concelleiros, a señora alcaldesa, persoal da organización da feira, o pregoeiro, e catro persoas máis. Destas catro persoas, caimos na conta de que tres rapaces eran do séquito do pregoeiro, e quedaba unha muller por identificar.
Logo de darlle unhas voltas e facer algunhas consultas ao noso arredor, chegamos á conclusión de que se trataba de Mº Lourdes Suárez Fernández. Que facía esta muller no balcón? Esa é a pregunta que nos fixemos no momento e que máis xente fixo despois, tanto pola rúa coma nos blogs, (na anterior entrada hai dous posts co tema).
Así, falando un pouco á lixeira, podemos decir que a rapaza estaba alí porque simplemente lle apetecía, e como é do PP que está agora no goberno, pois subeu, colleu un traxe dos que o concello pon a disposición de cada concelleiro e ala, para o balcón que ela non está coa plebe na rúa.
Que bonito, imaxinade que isto se lle ocurra a trinta persoas, ao final os concelleiros non terán sitio nin eles mesmos. Señores, respetemos o protocolo que para algo está, ou pretenden entrar nas administracións arrasando con todo.
O que nos espera si algún día teñen maioría absoluta, bueno, iso pensando que agora non a manexan claro.
Pero bueno, eu que son un pouco máis profunda na forma de pensar, baraxo outra posibilidade posible e que faría totalmente lícito que a tal Mº Lourdes estivera no balcón. Esta rapaza figuraba no nº7 na lista do PP nas anteriores eleccións municipais, e no balcón non estaba Juan "Ventosa".
Conclusión, temos nova concelleira, Juan "Ventosa" presentou a dimisión, xa non atura á alcaldesa, e entrou a seguinte na lista que era quen figuraba no posto 7. Admitense apostas, con retranca iso si...