Que sensación máis curiosa volve a deixar de poso o pleno celebrado onte no concello.
Xa vai a cuarta vez en que vemos como se presenta un tema, como avisando de que a posteriori se tratará, parece que o que quere facer Marifá é poñer en aviso dunha decisión que se vai tomar (mal tomada, todo apunta) e que cando a tome xa a teñamos medio dixerida e que a crítica sexa menor.
Digo que xa van catro veces, porque o tema da parcela do Pasatempo semella moito a temas pasados como o da Condesa, a galescola ou o cine Alfonsetti.
Para comenzar vai nun pleno longo, e nun dos puntos finales, para que xa o debate chegue na baixada e con ganas de rematar. Logo, polo escoitado onte, presenta unha moción na que os grupos de oposición non saben moi ben o que propón, e ao final enteranse de que avisa de que en plenos posteriores vai tomar unha decisión. Creo que para tomar unha decisión non ten que avisar a ninguén, sobre todo cando xa ten a decisión pensada e non vai cambiala por moito que se lle diga.
Tal desconcerto sembra, que os seus socios de goberno trocaron o voto durante o transcurso do punto, estes ceporbianos son de traca, cada día se superan. Ao final collereilles cariño polo parvos que nos queren facer ver que son e que realmente non o son, ou si....
Unha cousa queda clara, e parece que podemos denominala como o punto de unión entre os catro temas falados, (Condesa, galesco, Alfonsetti e Pasatempo).
EN TODOS ESTES PROCESOS A ALCALDESA XUSTIFICASE VILMENTE PARA BENEFICIAR Á PARTE PRIVADA EN TODO MOMENTO, EN VEZ DE MIRAR POLO POBO, MIRA POLOS INTERESES PARTICULARES.
Lembremos a modo de anécdota a publicidade gratuita que levou a inauguración do Eroski con rolda de prensa no Liceo por parte da alcaldesa, inauguración da propia alcaldesa e demáis. Cando estamos a falar dun negocio privado, e que ten competencia noutros negocios en Betanzos.
Pois que casualidade, a empresa que ten a concesión do fallido Centro Comercial do Pasatempo é Eroski, casualidade ou non casualidade? Eu teñoo claro.
Igual que tiña claro porque deixou morrer o proceso de expropiación dos terreos da galescola, sería por ser propiedade dun promotor afín ao PP.
Igual que tiña claro o do Alfonsetti, será por ser concesionarios unhos insignes militantes do PP.
E igual que tiña claro o da Condesa, onde os terreos son dun non moi lonxano parente dese señor que cobroú do concello unha indemnización e que está asociado nalgunha promoción co marido de Marifá.
Fagamos un traballo coherente, e loitemos por perder o menos posible nesa recuperación, lembrando sempre que a empresa ten a obriga de facer un centro comercial un hotel e un auditorio. ESPEREMOS QUE SE CHEGUE A UN ACORDO ACORDE CO QUE HAI E NON ACORDE CO QUE BUSCA A EMPRESA PRIVADA.
Este tema ainda comenzou a andar e seguro que dará liñas e máis liñas.
Non quero acabar sen lembrar o que xa podemos denominar a perla desta lexislatura, dudo que vaia haber intervención mellor que a que onte poidemos oir a Javier Ceporbiano. Máis propio do mellor Buñuel que de alguén con dous dedos de frente. Non tivo mellor ocurrencia que facer un rogo ao PSOE. Isto xa é para sentalo no diván de Freud.
Onde se viu facer un rogo á oposición. Si queres que che asinen un documento, comentas o tema fora do pleno, cando remate por exemplo, pero non nun rogo, cada día CxB superase, teñen a capacidade de sorprender, algo digno de admirar.
4 comentarios:
cabe la posibilidad que cxb ya hubiese intentado que firmasen el escrito, y por eso hicieron el ruego con intención de emplazarlos
recordemos lo que dijo la faraldo cuando el anterior bipartito anunció la instalación del EROSKI en el Carregal sobre la empresa y sus vínculos vascos. Y ahora foto en prensa reivindicándose como la gran valedora de ese centro comercial
Ah, pero alguén cria que esta señora e os seus compinches defenderia os intereses públicos.
Ilusos.
Eo o final perderemos a conta de cantas veces os favoreceu, xa veredes.
a marifa, como sigan asi , os hosteleiros do pobo van ter qu poñerlle unha estatua ó lado dos soportais, estanse facendo de ouro, e este agosto bufffff, mira q imos ter estatuas, a que quixo poñer o psoe dos areneiros, que nin me atrevo a poñer os cartos que costaba,si tal que me poñan unh a min tamén.
Publicar un comentario