miércoles, 30 de enero de 2008

FELICIDADES ALTEZA

40 anos xa son anos, felicidades Felipe!!!.


Dentro de pouco tocarache tomar o timón deste, o noso país, e esperemos que o fagas como mínimo tan ben coma teu pai. Orgullo de todo español e española.


Que teñas unha boa xornada en compañía dos teus e que o pases o mellor que poidas.

jueves, 24 de enero de 2008

A incompetencia do goberno local

Estamos comezando a ver como funcionan de verdade as cousas desde que temos no goberno a esta "señora" e o seu "sequito".

Hoxe, no diario "El Ideal Gallego" vemos unha nova na que un grupo de veciños expresan a súa queixa sobre unha obra que leva parada bastante tempo, refirome ao entorno da Praza Alfonso IX, Valdoncel e accesos.

As escaleiras que comunican a praza coa rúa Valdoncel levan pechadas tempo e tempo, e a rúa e aparcamentos da zona está inutilizados por estar en obras.

Polo pouco que poidemos ver da xestión municipal ata o de agora, destacan as obras no Campo de fútbol do Carregal (retrasadas sen explicación algunha) e esta (parada e complicando a vida da xente da zona e dos usuarios de aparcamento público). UN EXEMPLO DE COMO NON SE DEBEN FACER AS COUSAS. E curiosamente as dúas xestións adscritas a un concelleiro que para máis guasa ten adicación exclusiva. QUE MAL XESTOR ERES SITO DO "KIKO", esperemos que sexas mellor xogando ao poker no "Secadero", ainda que os comentarios polo pobo afirman todo o contrario, que perdes coma un pardillo.

Eu fagome agora unha pregunta, ¿PODERÁ A ALCALDESA, BOTAR A CULPA DE ISTO AO ANTERIOR GOBERNO? Seguro que si, ten cara para isto e máis.

Hai que traballar máis, e deixarse de tanta foto na prensa criticando e prometendo cousas.

Feitos é o que se quere, de todos xeitos, agora que se lle esgota o tempo de facer crítica da excelente xestión do anterior equipo de goberno, veremos realmente a incompetencia, ineptitude e propagandismo deste grupo de goberno. E todo, sempre baixo o amparo e a protección dos ceporbianos.

lunes, 21 de enero de 2008

Calendarios, obras e ex edil

Que sorpresa me destapou onte o xornal La Voz de Galicia, estaba ollando o xornal cando vin a nova de que o calendario municipal ten un erro garrafal de reptir dous meses. NORABOA AOS CONCELLEIROS DO GOBERNO E EN ESPECIAL Á ALCALDESA. Eso chamase facer ben o traballo....

Pero a sorpresa non era esa, cando vexo a nova, ocurrseme mirar o calendario en cuestión, e coa curiosidade que me caracteriza, ollo as fotos, e todo ía con normalidade, fotos de profesionais, fotos dunha arquitecta municipal, fotos de traballadores do arquivo e da biblioteca de Betanzos, e para o remate deixaron a sorpresa, fotos dun tal ISIDRO DOPORTO.

E a primeira pregunta veume rápida, ¿quen é Isidro Doporto?.

Caín na conta de que se trata dun arquitecto técnico de Betanzos, que no seu tempo foi concelleiro do BNG con responsabilidades de goberno na área de urbanismo, e cunha pequena relevancia ultimamente por unha obra da Rúa do Castro onde estaba Deive. Unha obra que estaba paralizada na anterior lexislatura e que cando o PP entrou a gobernar reanudou a construcción. E agora a culpa é de Isidro, bueno, o tema non é o que me ocupa, céntrome.

Logo, asaltoume outra pregunta, ¿que pinta Isidro Doporto facendo fotos para o calendario de Betanzos?.

Está claro unha cousa, o resto das persoas que publican fotos ou son fotógrafos profesionais ou traballan para o concello, pero este home é un particular, a vinculación para co concello foi en tempos pasados, agora creo que o único que o liga será o pertencer ao concello como cidadán betanceiro.

Entón, a reflexión final dime que as cousas estanse facendo mal, moi mal. Con que criterio un particular publica as súas fotografías no calendario, ¿houbo algún tipo de selección de fotografías? ¿onde se publicou esta selección?.

Señoras e señores, isto, que parece unha tontería pola importancia do tema, non deixa de ser un claro exemplo do discorrer da lexislatura, A CLARIDADE E TRANSPARENCIA NON EXISTE, A LUZ E OS TAQUIGRAFOS NON SE USAN. Se obran así cunhas simples fotos dun calendario, o que farán con cousas moito máis importantes.

E outro tema para rematar, non será que ao arquitecto técnico se lle deben favores pola campaña electoral pasada... circulan rumores de que campaña en favor do BNG precisamente non fixo, é máis fixo o contrario; por iso ao mellor o PP ou os seus socios CxB premian a este home coa publicación de fotografías personais do seu arquivo.

viernes, 18 de enero de 2008

Guantánamo

Hoxe, temos unha interesante charla informativa que recomendo a todo aquel que poida acudir.

Trátase dun acto organizado por AMNISITIA INTERNACIONAL, e falará RUHAL AHMED, expreso de Guantánamo sobre as súas experiencias no centro de tortura.

Hora: 20:00

Lugar: Aula de Cultura de Caixa Galica de A Coruña, na rúa Médico Rodriguez, 2.

martes, 15 de enero de 2008

Xa estamos ahí


Precampaña en marcha, ou máis ben podemos decir a toda marcha...

Sirva isto coma homenaxe á xestión do presidente do goberno Jose Luis Rodríguez Zapatero. Que seguirá sendo catro anos máis con toda probabilidade.