sábado, 29 de septiembre de 2007

Regulamento de participación cidadán, GRACIAS!!


Hoxe podemos estar orgullosos os cidadáns de a pe. O regulamento de participación cidadán, do que hoxe fixo uso o BNG, serviu para que o grupo municipal do PSOE cambiara a sua vontade de voto no controvertido tema de UEI17 da Condesa.

Este tema ía hoxe ao pleno como tema estrela, incluso eclipsando a aprobación definitiva dos presupostos do 2007.

Creo que é unha boa decisión a de que siga no aire a urbanización, porque gracias a iso ainda cabe a posibilidade de que se bote abaixo no próximo pleno no que se debata. Esperemos que así sexa, non podo entender a urxencia que pode ter o grupo muncipal ppular en que se faga a urbanización, si o promotor ten que retrasar a execución que aguante.

Vaia cara lle quedou a Dona MFB cando o portavoz socialista cambio a vontade de voto, pena dunha cámara de retratos para inmortalizar a faciana Faraldiana.

Claro que ainda tiñamos outra bomba no pleno, foi unha pregunta ou un rogo, non reparei ben no que, pero ao caso é o mesmo.

Resulta que Andrés Otero Botana pediulle á alcaldesa que non usara o seu vehículo para circular por dirección prohibida polo concello, jajajajaja.

E a bomba estupuo como traca porque a resposta de MFB foi bastante desacertada, falou soamente de que, desde que é alcaldesa non usa o seu vehículo indebidamente.
Torpe resposta, porque contestando así deulle a réplica feita a Sito, xa que este dixolle que parecía que cando non era alcaldesa si circulaba indebidamente.

En fin, un pleno moi constructivo, descubrimos como un grupo municipal (o PSOE) pode trocar a súa vontade de voto por unha intervención dun cidadán, amaparado este nun colectivo alleo á vida política.

lunes, 24 de septiembre de 2007

Último martes de mes = PLENO

Estamos rematando setembro e como cada fin de mes, o martes toca pleno, xa estou impaciente por ir mañá a ver e oir o que nos depara o debate plenario.

Escribo hoxe estas verbas para dar a CxB un voto da miña confianza e agradecerlle un dos puntos que levaban no seu programa e que tanto venderon, o de marcar unha data fixa para os plenos ordinarios, que no caso, quedou no último martes de cada mes.

Eu sei que os nosos ceporbianos benqueridos, actuan de garantes desas condicións duras e extremas que o PP debe cumprir sen titubeo algún, e así mañá martes veremonos todos no concello ás 20:30.

P.D. Esperemos que no pleno de mañá martes de unha vez por todas coñezamos o que a nosa alcaldesa pagou a Paloma Lago tanto por vir a leer o pregón como a publicitarnos nas revistas do corazón. Isto pode ser un acto de ¿CLARIDADE E TRANSPARENCIA?.

jueves, 20 de septiembre de 2007

autumn


Nestes días ten lugar un cambio de estación, e con el mudarán moitas cousas, a cor das árbores, o ceo, as praias quedarán desertas, as rúas pouco a pouco perderán temporalmente a visita turística. Todo isto é o preludio do outono, estación de contrastes e cores.

Comezará o frío e a choiva que tanto nos caracteriza por estas latitudes como anticipo do inverno.

Deixovos unha recomendación para visitar en outono, o Parque Natural de ARALAR na comunidade foral de Navarra. Eu tiven a sorte de visitar o parque e nestas datas que se botan enriba é un lugar fabuloso para perderse.

Saudos a todos e todas e bo comezo de outono.

lunes, 17 de septiembre de 2007

Jose Valentín


Hai veces en que o orgullo de ser betanceiro vese representado en persoas que nos rodean.

Ven ao caso pola persoa de José Valentín. Este artista de explosión tardía ven colleitando exitos alá por onde vai, e podemos decir que ainda que o dito case nunca se cumpre, este bo home, é profeta na súa terra.

Deixovos o enlace do seu blog que sempre pode resultar interesante. Ainda que debe actualizarse moito máis claro.

sábado, 8 de septiembre de 2007

Pola boca morre o peixe

Hoxe, deume por mirar a páxina web dos ceporbianos, e pasando follas, atopei un arquivo que me transportou á campaña electoral de maio. Tratase do debate que tiveron os alcaldables dos catro partidos políticos que concorreron aos comicios municipais, celebrado en Radio Voz.

Que lonxe vemos esas datas, pero logo destes primeiros meses de goberno PP-CxB, cando agora oes este debate daste conta de que as intencións de CxB non eran outras que investir alcaldesa a María Faraldo.

Pero o máis grave de todo é como fala o portavoz ceporbiano, Javier de la Fuente do tema da auditoría.

En todo momento, a actitude de Javier no debate, é de ataque hacía o PSOE, xa o podemos oir na primeira intervención, na que pide o moderador as propostas de cada partido para Betanzos. Pois ben, o portavoz de Cidadans en vez de comezar falando das súas propostas, xa fai un ataque ás propostas do PSOE.

Logo, vemos como hai guiños constantes á proxectos que leva o PP no seu programa, esperemos que se cumplan, si a CxB lle gustan e os populares o puxeron no programa, non haberá trabas para sacalos adiante. Eles son a coalición de goberno, adiante.

Volve a correxir ao portavoz do PSOE, cando este fala de que a Xunta do PP afogou Betanzos no que a inversións se refire, Javier dille que si houbo inversións.

Pero o tema estrela dese debate, e o que me levou a escribir este artigo é o da situación económica do concello.

No pleno do mes de xullo, CxB pediu a auditoría, pero xa non falaba de auditoría externa e soamente falaban de facer unha auditoría e publicala. É máis, atrevennse a decir que eles nunca falaron de auditoría externa, soamente de pública.

Señores ceporbianos, se tan claros e transparentes din que son, deixen de mentir, que nos poucos meses que levamos de mandato xa o fixeron varias veces dende que a alcaldesa asinou eses compromisos de goberno que non cumplen.

O papel do pacto de goberno CxB-PP é unha simple escenificación de cara á galería, e co paso do mandato veremos que non é de obrigado cumprimento.

P.D. No debate, fixome gracia a referencia que a nova alcaldesa fixo ao goberno de Juan Juncal en Ferrol, poñendo como exemplo a xestión económica deste. Esperemos que a señora do PP leve o mesmo camiño que Juan Juncal na política municipal.

P.D. 2 O inclito J. de la Fuente, está obsesionado cos profesionales do concello, non debe fiarse deles porque no pleno de finales de agosto volveu a pedir intervención de asesoría externa xurídica polo tema da urbanización da Condesa. Confianza ceporbiano, confianza....

lunes, 3 de septiembre de 2007

Curiosa enquisa

Vou reproducir unha enquisa que sae publicada hoxe na web da Cadena Ser, a noticia é a seguinte.

Rajoy se hunde en valoración y pasa a ser el tercer candidato del PP preferido.

Al líder del Partido Popular no le salen las cuentas. Según el último Pulsómetro de la Cadena SER, Mariano Rajoy se convierte en el tercer candidato favorito para encabezar las listas del Partido Popular, por detrás de Rato y Gallardón. Los socialistas, por su parte, inician el curso político con 4,5 puntos sobre los 'populares'.

Sólo el 15% de los encuestados por el Instituto Opina consideran que Mariano Rajoy es el mejor de los candidatos que tiene el PP para presentarse a las elecciones generales de marzo. Le supera, a gran distancia, el alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón (44%) y el todavía director gerente del FMI, Rodrigo Rato (25%).
Y es que la decisión, que viene ya de lejos, de Gallardón de postularse como 'número dos' de la lista de Madrid ha hecho mella en el electorado. El 62% de los españoles considera que el alcalde debería ir en esta lista, y en similar porcentaje, 69%, cree que detrás de este paso se esconde la intención de Gallardón de suceder a Rajoy al frente del partido.
Aunque Gallardón sería un buen candidato de su partido para ocupar la Moncloa (67% de los encuestados así lo cree), los últimos movimientos de este político han debilitado a su jefe, Mariano Rajoy, según el 49%.

El PSOE arranca el curso con 4,5 puntos de ventaja

Mientras, los socialistas inician el curso político con una ventaja de 4,5 puntos sobre el PP, un punto menos que como cerraron la pasada temporada. Si hoy se celebrasen elecciones generales, el PSOE lograría el 44% del voto decidido, mientras que el PP conseguiría el 39,5 de los votos.
Tampoco este Pulsómetro tiene buenos datos para el presidente, que ha bajado seis puntos en popularidad (49%) desde el debate del estado de la Nación y obtiene un aprobado raspado (5,1). Pero sin duda, el que peor sale parado es Rajoy, que repite su mínimo histórico en popularidad (sólo el 27% de los encuestados aprueba su gestión) y suspende con un 4.

Parece que a sete meses das eleccións xerais a cousa pinta non moi ben para o PP, que siga así.