viernes, 3 de octubre de 2008
Goberno Gótico
Hoxe, vemos todos como unha das casa máis emblemáticas de Betanzos foi demolida en parte, polos seus donos.
Así mesmo podemos ver na prensa como todos os grupos políticos están de acordo con que hai que tomar medidas contra a actuación do propietario de dita casa. Non se poden consentir este tipo de actuacións ao marxe da lei.
Pero a pregunta que me fago eu é, ¿COMO E POR QUE CHEGAMOS A ESTE TIPO DE SITUACIÓNS? Que desencadea que se poidan dar este tipo de actuacións.
A verdade é que a resposta con este goberno que temos en Betanzos é bastante clara, chegamos a ver como se producen feitos de esta gravidade porque aquí non hai un goberno, hai un desgoberno. A única preocupación que teñen, tanto a alcaldesa coma o alcalde paralelo (DeLa) é a de saír na prensa e deixar o pobo totalmente desatendido.
Temos exemplos múltiples de nula xestión no que levamos de lexislatura con temas como a limpeza, a xardinería, a galescola, o colexio infantil, o centro de día, a fracasada Festa da Tortilla deste ano, o tráfico, etc etc.
E podemos destacar como desgoberno o tema do urbanismo e do casco histórico, que se enlazan neste actuación da Casa Gótica.
Este goberno, cando iniciou a lexislatura ala polo mes de xullo de 2007, unha das medidas estrela que tomou foi a de botar para abaixo todo o traballo feito polo anterior goberno de amañar o casco e de facelo peonil, agora temos un casco polo que aparcan e circulan os vehículos sen problema e sen ningún tipo de norma de tráfico que o rexa. Pode un aparcar onde lle pete ou mesmo entrar por dirección prohibida debido á pasividade que impulsou no seu momento o PP e CxB.
E no urbanismo, o que hai é que non hai nada, temos un concelleiro que non sabemos si existe ou non existe. E mentres tanto cando hai algún tipo de problema urbanístico, en vez de tratar de arranxalo ou frenalo, botan balóns fora e culpan aos anteriores gobernantes. Eso si, gastando todas as forzas e ideas que teñen saindo na prensa.
E claro, así vemos que pasan as cousas que pasan, hai un tempo morreu un home nunha obra que debería estar parada e precintada no Mandeo. Que facía o PP coa súa alcaldesa María Faraldo e o delegado de urbanismo Juan Ventosa, mirar a outro lado.
E na Casa Gótica, algo parecido, os donos tiraron o interior da casa e aquí ninguén dixo nada, todo se vai en estudios de vivendas ruinosas e en saír na prensa falando de que antes non se fixo nada.
NON SERÁ MELLOR TRATAR DE BUSCAR SOLUCIÓNS QUE TRATAR DE BUSCAR DEFECTOS ANTERIORES. SEGURAMENTE QUE SI CANDO HOUBO O VACIADO INTERIOR DESTA CASA SE TOMARAN AS MEDIDAS NECESARIAS POR PARTE DOS GOBERNANTES (COALICIÓN PP-CxB), AGORA NON ESTARIAMOS NESTA SITUACIÓN DE DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO.
SEÑORES DA DEREITA, TANTO PP COMO CxB, ADIQUENSE A GOBERNAR E MIRAR CARA ADIANTE, E DEIXEN O RETROVISOR TRANQUILO QUE O POBO QUERE GOBERNO, NON DESTRUCCIÓN. O POBO QUERE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS DO DÍA A DÍA E NON INSULTOS NA PRENSA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Estou bastante de acordo coas liñas xerais das túas argumentación...pero as veces non me gusta a maneiras que tes de decir as cousas , porque sempres solías meter aluscións persoais que non viñan ó caso e que che acababan por quitar parte da razón...
Este non é o caso , ata me gusta o tono empregado.Felicidades.
Grazas polo comentario, creo que o mellor e tirar de crítica constructiva.
Polo visto estes dias, o Concello contratou 2 CONSERXES novos, sen oposición nen concurso de méritos.
Un chamase Pedro e outro Javier , Pedro, traballa no colexio, todolos dias acude a controlar ós alumnos de 1º na entrada e de paso a axudar no que poida ós seus pais, que é o que realmente lle interesa, case poderiamos dicir a sua vocación.
Javier e conserxe no Concello a xornada parcial, e dedícase a comunicarlle por adiantado á xente ás resolucións que lle tocarían de mandar ós funcionarios municipais, isto só por aforrarlles traballo.
Algén podería pensar que o fai tan só para gañar votos, pero habería que ser muy mal pensado, ou só mal pensado, ou quizais só usalo sentido común.
Pero cada un que pense o que lle saia en gana, o que penso eu, por se a laguen lle interesa é o seguinte:
Non sei se algún de vos recorda, que fai uns anos, no colexo, tiñas que escoller entre ETICA ou relixión, este tal Javier, todos sabemos que escolleu RELIXIÓN e non sabe nada de ETICA.
O que eu penso que non debe facer un CONSERXE OU ORDENANZA con un pouco de ETICA, é facerse o GRAN CRUZADO da responsabilidade en temas de RUIDOS cos cidadans do Concello, e despoís ir por detrás a dar as noticias en persoa á xente de que xa ten amañado o tema de unha LICENCIA DE PUB, iso é ETICO Javier?.
Ou tan só o fas por que non te fias do traballo dun funcionario que en poucos dias xa lle remitirá unha carta o susodito cidadán ca resolución do conflito?.
Balteira, ahi tes a primeira do CXB, e ainda lles quedan 3 años de lexislatura para este tipo de actos sen Ética, algún ainda dí que isto se fai pola lentitude dos funcionarios, jejeje, non viña mal unha "reportaxe" diste tema, que nos de unha xustificación.
Publicar un comentario