miércoles, 30 de abril de 2008
Favoreceremos intereses privados e xa irán catro veces
viernes, 25 de abril de 2008
Gasto Corrente
Cada pouco temos na prensa á mencionada alcaldesa azotando con críticas ao anterior equipo de goberno polo mal que quedaron as arcas municipais.
Pero non se sabe de onde, pero para algunhas cousiñas que a ela lle petan vai sacando algún que outro euriño.
PREGOEIRA DAS FESTAS DE AGOSTO - 3.000 €. Gasto totalmente necesario, gracias a esta rapaza conseguimos sair nas revistas do corazón e en programas televisivos de gran calidade como "Aquí hay tomate". A afluencia de xente ao pregón similar a outros anos, e os anteriores anos, pregoeiros gratuitos.
EMPRESA DE PROTOCOLO PARA AS FESTAS DE AGOSTO. Imprescindible, ainda non sei como o PSOE era capaz de organizar tal evento sin unha empresa externa que levara o tema, gasto totalmente xustificado e necesario.
EMPRESA DE XARDINERÍA - 30.000 €. Grande contrata esta, sin eles sería un desproposito o verde de Betanzos. Antes daba gusto ver parques, xardíns, árboles e demáis. Agora, con esta empresa, as zonas verdes de Betanzos non valen nin para ver.
ASESOR XURÍDICO EXTERNO - 18.000 €. Non hai concello que se precie que non teña un asesor externo, non eres ninguén na vida política municipal sen un asesor externo xurídico. O concello ten este posto cuberto, pero é necesario gastar noutro porque sempre pode fallar o aseor que está en plantilla.
Con estos pequenos apuntes (que seguro se me escapan gastos tan ou máis necesarios que istes) so quero deixar claras unhas cousas.
O concello e a súa alcaldesa gastan e invirten os cartos no que consideran oportuno e máis beneficioso para Betanzos, como é lóxico. Pero si nos falan de que non hai cartos, creo que estos gastos que aquí enumero poderían ser prescindibles sen ningunha dúbida.
Por iso, deixemonos xa de parvadas e gobernemos iste o noso pobo que últimamente parece sumido no máis abosluto dos caos (será pola boa xestión de algún que outro concelleiro que en vez de mirar obras non sei a que se adica...).
PAPEL MOLLADO O PACTO FIRMADO, ERA VISTO.