De insulto á intelixencia betanceira poderiamos calificar unha das últimas notas de prensa que se poideron ler dese partido que se autocalifica como CxB, e tamén chamados Ceporbianos, ou
in-dePPendientes. Calificativo este último que comeza a gustarme co paso dos días, e creo que a ninguén dos ávidos lectores deste blog se lle escapará o xogo de palabras.
Refírome ao tema do Cine Alfonsetti, e máis concretamente, a unha proposta de facer un debate público para o uso que se dará a esta nova instalación. Neste aspecto pareceme opinable o tema, eu creo que os políticos que gobernan son os que toman as decisións, para algo gobernan, e os grupos da oposición opinan, critican e aportan ideas. Pero está ben claro que a responsabilidade de tomar decisións, a delimitación marcase no momento en que os votantes deciden e cando se inviste alcaldesa a unha persoa, sexa cos votos que sexa.
Eu, tamén farei a miña proposta, xa que estos ceporbianos queren ideas de uso, máis adiante escribireia miña. Pero agora voume centrar no que me levou a escribir estas verbas, na referida nota sobre o cine, teñen a vergoña e desfachatez de decirnos a todos e todas, que deixemos de lado o tema dos cartos que se lle pagarán á familia Pita. Que ese tema xa non debe xerar debate.
Para caer de cu parece a afirmación, que sinxelo facemos as cousas cando no s interesa favorecer a persoas cos cartos de todolos betanceiros.
Resulta que a Xaime Pita (INSIGNE MILITANTE DO PP, E AMIGO DE JAVIER DE LA FUENTE, INCLUSO CHEGOU A AFIRMARSE QUE APOIABA A CxB NA CAMPAÑA DAS MUNICIPAIS) e a o seu irmán Emilio, hai que pagarlles unhos cartos, que si esperamos a abril podemos aforrar. E o mellor que se lle ocurre decir a CxB é que deixemos ese debate e nos centremos noutros temas.
¿Que interesés move a CxB en favorecer a esta familia?
Si tan mal está economicamente o concello como queren facernos ver algúns, este pago, en todo caso innecesario, podería evitarse facilmente.
SEGUIREMOS PAGANDO FAVORES???
P.D. Como ben dixen antes, ahí vai a miña proposta para o Cine Alfonsetti, e para todo o complexo Santo Domingo. Eu remodelaría todo, e faría un MUSEO DO TABACO, dando a xestión do mesmo a un estanco betanceiro, e xa postos, elexiriamos ao estanco da familia De La Fuente, por proximidadE xeográfica. Incluso poñeriamoslle de nome MUSEO DO TABACO DONA URRACA.