Onte tivemos pleno, eu esperaba que neste comentario falaría das festas, pero non consideraron oportuno rendir contas do que se gastou entre o 14 e o 25 de agosto.
Parece que a claridade e a transparencia era soamente unha fachada para facer coalición de goberno entre CxB e PP, polo demáis pura pantomima. ESO SI, TERÁ QUE HABER RESPOSTA Á PREGUNTA DO BNG DO QUE CUSTOU TRAER DE PREGOEIRA A PALOMA LAGO. Seguro que non cobrou soamente co acompañamento de Pabliño Tomé, ainda que a el llo pareza. Pero, tendo concelleiro de festas, o parente de Paco Porras, Alberto Porras, como é que acompañaba á pregoeira o peor portavoz de toda a bisbarra con diferencia sobre o segundo.
A verdade é que non vale para nada coma portavoz e xa o demostra cando hai que tratar un tema importante que o trata directamente Mari. Pasou onte coa UEI-17 da Condesa e pasou no plena extraordinario do 17 con algún outro tema.
O tema da Condesa parece peliagudo, gustariame saber o porque da urxencia con que quere tratar o PP isto. Igual que outros temas.
Acelerou para que non se trate de facer o colexio e galescola onde estaban proxectados por desacordos cun propietario, que casualidad, o propietario dese terreo estaba na comida que en campaña electoral fixo o PP nun restaurante betanceiro e na que estivo presente Fraga. E iso que o trámite expropiatorio do terreo está iniciado.
Acelerou para chegar a un acordo cun "empresario" por unha débeda, e no acelerón, incremetou a debeda cun 2% a maiores, para gastos de... eu que sei do que queira.
E agora acelera co tema da Condesa a máis non poder. A saber quen anda polo medio con intereses por ahí.
Fago unha pregunta e como tal quero que se vexa, non vai ser que me denuncie a señora alcaldesa, ainda que soño con que o faga. Sería precioso unha cita coa alcaldesa, ainda que fora nos xulgados....
ESTAREMOS PAGANDO FAVORES PRESTADOS?
Logo o pleno foi moi tranquilo e case sen tensións, as propias dun acto político, agás cando a alcaldesa se lle da por compararse co anterior alcalde, debe ter complexo esta muller e quedou marcada co bo facer de Manuel Lagares, está claro.