jueves, 14 de agosto de 2008

Balconadas 2008


Vemos hoxe publicado na prensa unah nova referida á Bienal de Balconadas deste ano.

E o que chama poderosamente a atención é a COORDINADORA de tal evento.

Que sorpresa cando vemos que para tal cargo a alcaldesa nomeou á muller que figuraba na lista do PP nas anteriores eleccións municipais no número sete, LOURDES SUÁREZ.

Por activa e por pasiva leva tempo Marifa tratando de colar no goberno municipal a esta muller, intentouno fallidamente pedindo a acta de concelleiro de Juan "Ventosa" e a de Sito Porcas. E agora parece que encontrou a entrada para dita persoa.

SERÍA INTERESANTE SABER OS CRITERIOS QUE SE SEGUIRON PARA ESTE NOMEAMENTO, SI HOUBO UNHAS BASES E SE CONVOCOU A MESA DE CONTRATACIÓN PARA TAL EVENTO.

SI CONSULTAS A PAXINA WEB DO CONCELLO PODES VER QUE HAI PROCESOS DE SELECCIÓN PUBLICADOS NA MESMA, PERO DE ESTE NON HAI NIN O MENOR DATO.

PARACE UN ACTO PURO DA CLARIDADE E TRANSPARENCIA QUE TANTO PREGONAN OS DOUS GRUPOS DA DEREITA BETANCEIRA.

OUTRO DOS ENESIMOS FAVORES E PEAXES QUE A ALCALDESA TEN QUE PAGAR POLO SEU CARGO, ESTA VEZ TOCALLE A UN INSIGNE MÉDICO DA DEREITA BETANCEIRA REPRESENTADO POLA SÚA FILLA.

VIVIR PARA VER.....

viernes, 1 de agosto de 2008

Agosto de 2008

Aquí andamos, cunha relaxación que xa roza a deixadez, pero que ben se vive de vacacións.....

E agora comenza agosto, e como xa dixera no seu momento, limitareime a esperar movementos do pacto dos dous partidos da dereita betanceira para retomar as entradas. Sempre e cando non hai algún tema digno de comentar que entón non poderei resistir e publicarei.

Mentres tanto, felices vacacións a todas e todos, si si a todos e todas, leiches ben, date por felicitado ti tamén....