martes, 11 de diciembre de 2007

Expropiación


Levamos poucos meses de lexislatura, pero ao pouco de amosar a patiña por debaixo da porta a nosa alcaldesa, xa soupemos que rumbo tomaría esta lexislatura.

Recentemente co tema da Condesa vimos como practicamente o único interés que se amosa desde o equipo de goberno do concello de Betanzos é o de favorecer os intereses persoais de xente afín á causa do PP. Priman para María Faraldo os intereses privados antes que os públicos, parece que os favores a pagar son grandes e urxentes.

Neste tema da Condesa, o concello tiña a obriga de garantir o que a maioría da xunta de compensación quixera facer, pero non contentos con iso, e como o que a maioría quería era non construir, pois Mari estaba disposta a facer entrar ao Concello na xunta de compensación cun terreo anexo para así facer piña cun promotor e levar a cabo a construcción.

Que casualidades parentescas ten o promotor con outro promotor..... creo que é de todos sabido.

Nestes días poidemos observar na prensa como a expropiación de terreos que se iniciou a principios deste ano para a construcción dunha galescola está parada pola nosa alcaldesa.

Outra vez voltamos a toparnos de frente con intereses privados dun particular que non quere que nos seus terreos se contrua a galescola.

Por iso, Mari é capaz de ofrecer á Xunta outros terreos de menores dimensións para así non perxudicar a un promotor afin ao PP.

OUTRA VEZ OS INTERESES PRIVADOS PRIMAN ANTE OS PÚBLICOS.

OUTRA VEZ OS FAVORES QUE SE DEBEN SON GRANDES E URXENTES.

OUTRA VEZ UN PROMOTOR INTENTANDO FREAR O AVANCE DE BETANZOS.

OUTRA VEZ OS QUE SE CHAMAN GARANTES DO GOBERNO, OS SOCIOS CxB, CALADIÑOS DEIXANDO FACER.

Así non imos a ningures, debe primar o público sobre o privado, e as cousas que estaban iniciadas non deben frearse, todo o contrario, deben tratarse co debido celo para que saian adiante o antes posible.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Mira quien lo va a decir!, ¡los mas idóneos!.
¿Quien va a dar lecciones de prevalecer lo público sobre lo privado? ¿Lagares? ¿el Psoe Betanzos?¡ja, ja, que risa!, ahora vienen de salvadores del Pueblo, denunciando lo que ellos antes no denunciaron y consintieron.

Anónimo dijo...

Demagogo, que eres un demagogo, claro que para mentir fai falla ter boa memoria, espero que a teñas, o luns imolo saber.Unha aperta.

María Balteira dijo...

Chegou o luns e espero expectante o que imos saber todos que pon o anónimo das 20:38.

Esperaremos un ratiño máis que o luns ainda está botando a andar.

Anónimo dijo...

Un comentario un tanto tendenciso ¿no crees, María? Porque el tema de la condesa no viene de ahora, precisamente. ¿Quien lo aprobó en primera instancia? ¿Quién gobernaba? Si pretendes "ayudar" al partido de tus amores, casi mejor no te metas en este tema donde al PSOE le luce el pelo.

A mi, personalmente, el proyecto me parece una aberración. Habría que haberlo cortado de raíz en su momento, pero como en su momento no se hizo por parte de quien podía, ahora nos vemos en este fregado. Y conste que la aportación del PP ala solución del problema tampoco merece mi aplauso, precisamente.

Y qué decir de la galescola... Visto lo visto (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/12/17/0003_6410421.htm) el PSOE se la coje con papel de fumar.
No sé de quién son los terrenos, si de un constructor, si de un particular. De todas formas, creo que aventurar con esa alegría que lo que no quiere su propietario es que se construya una galescola (entiendo que si se le expropiaran los terrenos en cuestión para otro fin los cedería alegremente) es hablar por hablar.
Y una vez más, no me parece ni medio normal la actuación del PP en este asunto, mareando la perdiz con los terrenos. Y eso que comparto con el PSOE su "idea de partido" sobre las galescolas.

Anónimo dijo...

Desde luego Balteira tienes rostro pero que favores deberias tu para no cobrarle al promotor que te vendio tu piso y el de tu hermano los 25.000.000. de pts que se le deben a las monjas del asilo y que aun hoy no se le cobraron despues de darle una prorroga sin aval . y tu hablas de favores que bien estarias calladito. claro quereis presumir de los que careceis vosotros y vuestros compañeros que os lo consintgieron-. porque no abres un debate sobre esto.

Anónimo dijo...

Estades todos locos, poñédebos a traballar que é o que tedes que facer e non andar escribindo nos blogs.

Pablito, deixa de escribir e ponte a traballar.

O aprendiz de facha, que non sei si está no "cuerpo" ou non.....volta para Trives a ver si por alí pode facer algunha urbanización teu pai, porque creo que pola Coruña tamén quedou "ben" cos compradores.

E ó resto dos de CxB que escriben por aquí, recoméndolles que se interesen polo que fai a súa concelleira a ver si está eso lexitimado. (ó igual que o "pacto de goberno" que firmaron, que tamén estaba lexitimado)

Sra. Balteira, mandeille unha foto fai un tempo, porque non a pon?? Eu volvo a facer incapé nela, e na infracción que se está cometendo constantemente nese lugar.

Anónimo dijo...

143000 eurazos que lle imos pagar a familia Pita.

Manda guevos que diría trillo

Anónimo dijo...

Es é o pago que se lle fai a D. Jaime por seguir adiante no xuizo da casa pita.

Anónimo dijo...

La Diputación concede 400.000 euros para esta iniciativa iniciada por el anterior Gobierno: sufragaría el rescate, la redacción del proyecto y la ejecución de la primera fase de la obra. El BNG se mostró favorable al rescate pero no a pagar la indemnización porque un informe del secretario señala que "no es una concesión municipal sino un contrato de alquiler" y por lo tanto basta con esperar a marzo de 2008, cuando terminar el contrato -se renueva automáticamente cada año- y así se evitaría pagar la indemnización.

Anónimo dijo...

Pero que ocurre aqui se le dice algo a Maria Balteira y contesta xentebetanceira parece que es lo mismo Antonio Lagares primero habla como maria balteira y luego se responde como xentebetanceira un poco mas de seriedad porque no respondes al anonimo que te habla de los 25.ooo.ooo de las antiguas pesetas teneis unas entrañaas que le sustraeis a las monjas esos millones y contestais saliendo por la tangente y dificil de entender .

Anónimo dijo...

O que vai a pasar co da Condesa é que un promotor que está na xunta de compensación vai a demandar ó Concello e logo de tempo a xustiza vaille dar a razón, porque desgraciadamente a ten, e o Concello, ou sexa , os betanceiros van ter que pagar como pasóu co de Rivera.Este tema debera estar solucionado fai tempo polos ineptos gobernos anteriores, si non lles gustaba o proxecto terian que modificalo antes.