miércoles, 22 de octubre de 2008

OS EXCESOS ECONOMICOS DO CONCELLO

Xa van unhas cantas veces que oímos e requeteoímos a algún grupo do bipartito de dereitas en Betanzos falarnos da mala saúde da economía do noso concello e de que non hai cartos para nada.

Pois ben, vou enumerar unha serie de gastos totalmente innecesarios e que serían facilmente evitables.

• ROLDA DE PRENSA DA SEÑORA ALCALDESA NUN HOTEL DA CORUÑA CELEBRANDO OS PRIMEIROS DÍAS DE LEXISLATURA.

• CONTRATACIÓN DUNHA PREGOEIRA A BASE DE TALONARIO NAS FESTAS DO 2007.

• CONTRATACIÓN DUNHA EMPRESA DE PROTOCOLO PARA ORGANIZAR AS FESTAS DE 2007.

• CONTRATACIÓN DUN ASESOR XURIDICO EXTERNO PAGANDOLLE AO MES 1.800 €.

• CONTRATACIÓN DUNHA TALA DE ARBORES POR VALOR DE 21.000 €.

• CONTRATACIÓN DUNHA EMPRESA EXTERNA PARA O SERVICIO DE LIMPEZA MUNICIPAL.

• PAGO DA INDEMNIZACIÓN Á FAMILIA PITA POR VALOR DE 143.000 €.

• GASTO NUNHA BARCA PARA UN XARDIN, POLO DE AGORA 5.000 €, E AUMENTARÁ.

• E DO QUE NON NOS ENTERAREMOS, XA QUE ADEMAÍS A CALRIDADE E TRANSPARENCIA NESTAS CONTRATACIÓNS NON EXISTE. PARA ISTO TEMOS COMO EXEMPLO O NOMEAMENTO E CONTRATACIÓN DA COORDINADORA DAS BALCONADAS 2008.


A quen queren enganar dicindo que o concello non ten cartos, deberían ter un pouco de vergoña e non mentir ás betanceiras e betanceiros.

Déixense de tanta privatización e fagan un bo servicio cara a cidadanía, que teñen a xestión bastante abandonada e soamente se centran na propaganda.

jueves, 16 de octubre de 2008

Betanzos quedou fora de xogo


Así quedamos onte tódolos betanceiros, por culpa da incompetencia e a desconsideración da nosa alcaldesa para cos alcaldes tanto da Coruña coma do resto dos arredores.

Onte na Coruña, en presencia de Busquets (redactor do PXOM da Coruña cidade) había convocada unha xuntanza de alcaldes para tratar temas tan importantes como a vertebración das estructuras que unirán A Coruña co resto dos municipios limítrofes. AVE, metropolitano, autovía, autopista, etc.

Esta xuntanza podemos calificala como dun primeiro paso do que debe ser unha colaboración máis estreita a partir de agora por parte dos responsables de ditos municipios. Aquí había xente de tódolos partidos.

Pois ben, a tal evento faltaron o alcalde de Oleiros, (ausente por vacacións) e a nosa alcaldesa (CHATEANDO NUN XORNAL).

Cada un saberá o que fai, pero ao final os prexudicados non son nin os alcaldes, nin o PP ou PSOE, somos os cidadáns, por iso debemos esixir máis responsabilidade ás persoas que nos representan.

Parece que en algo máis de un ano, esta coalición de dereitas que nos desgoberna, pretende tirar pola borda o traballo feito por outros en moitos anos.

VIVIR PARA VER.

viernes, 3 de octubre de 2008

Goberno Gótico


Hoxe, vemos todos como unha das casa máis emblemáticas de Betanzos foi demolida en parte, polos seus donos.

Así mesmo podemos ver na prensa como todos os grupos políticos están de acordo con que hai que tomar medidas contra a actuación do propietario de dita casa. Non se poden consentir este tipo de actuacións ao marxe da lei.

Pero a pregunta que me fago eu é, ¿COMO E POR QUE CHEGAMOS A ESTE TIPO DE SITUACIÓNS? Que desencadea que se poidan dar este tipo de actuacións.

A verdade é que a resposta con este goberno que temos en Betanzos é bastante clara, chegamos a ver como se producen feitos de esta gravidade porque aquí non hai un goberno, hai un desgoberno. A única preocupación que teñen, tanto a alcaldesa coma o alcalde paralelo (DeLa) é a de saír na prensa e deixar o pobo totalmente desatendido.

Temos exemplos múltiples de nula xestión no que levamos de lexislatura con temas como a limpeza, a xardinería, a galescola, o colexio infantil, o centro de día, a fracasada Festa da Tortilla deste ano, o tráfico, etc etc.

E podemos destacar como desgoberno o tema do urbanismo e do casco histórico, que se enlazan neste actuación da Casa Gótica.

Este goberno, cando iniciou a lexislatura ala polo mes de xullo de 2007, unha das medidas estrela que tomou foi a de botar para abaixo todo o traballo feito polo anterior goberno de amañar o casco e de facelo peonil, agora temos un casco polo que aparcan e circulan os vehículos sen problema e sen ningún tipo de norma de tráfico que o rexa. Pode un aparcar onde lle pete ou mesmo entrar por dirección prohibida debido á pasividade que impulsou no seu momento o PP e CxB.

E no urbanismo, o que hai é que non hai nada, temos un concelleiro que non sabemos si existe ou non existe. E mentres tanto cando hai algún tipo de problema urbanístico, en vez de tratar de arranxalo ou frenalo, botan balóns fora e culpan aos anteriores gobernantes. Eso si, gastando todas as forzas e ideas que teñen saindo na prensa.

E claro, así vemos que pasan as cousas que pasan, hai un tempo morreu un home nunha obra que debería estar parada e precintada no Mandeo. Que facía o PP coa súa alcaldesa María Faraldo e o delegado de urbanismo Juan Ventosa, mirar a outro lado.

E na Casa Gótica, algo parecido, os donos tiraron o interior da casa e aquí ninguén dixo nada, todo se vai en estudios de vivendas ruinosas e en saír na prensa falando de que antes non se fixo nada.

NON SERÁ MELLOR TRATAR DE BUSCAR SOLUCIÓNS QUE TRATAR DE BUSCAR DEFECTOS ANTERIORES. SEGURAMENTE QUE SI CANDO HOUBO O VACIADO INTERIOR DESTA CASA SE TOMARAN AS MEDIDAS NECESARIAS POR PARTE DOS GOBERNANTES (COALICIÓN PP-CxB), AGORA NON ESTARIAMOS NESTA SITUACIÓN DE DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO.

SEÑORES DA DEREITA, TANTO PP COMO CxB, ADIQUENSE A GOBERNAR E MIRAR CARA ADIANTE, E DEIXEN O RETROVISOR TRANQUILO QUE O POBO QUERE GOBERNO, NON DESTRUCCIÓN. O POBO QUERE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS DO DÍA A DÍA E NON INSULTOS NA PRENSA.