Tras unha longa etapa na que esta avenida estivo abandonada da man de deus, tivo que chegar á Xunta o presidente socialista para licitar a obra. Esta licitación tivo lugar cando tiñamos como alcalde a Manuel Lagares, polo que o merito de tal obra podemos atribuilo por completo tanto á Xunta de Touriño como ao goberno municipal de Manuel Lagares.
Debido ás cousas da democracia, encontramonos con que este goberno municipal da actualidade, o PP, atopou unnha morea de obras xa licitadas, contratadas ou prometidas, entre elas esta mesma.
Engloba a pavimentación da Avenida Jesús García Naveira, Linares Rivas e Avenida Fraga Iribarne, coas súas correspondentes aceras, pluviales, canalizacións de auga, etc. Incluso unha iluminación á parede da alameda.
Pois be, este novo goberno popular (arropado por CxB) a única misión que debe facer é velar porque todo transcurra coas menores molestias posibles para os veciños, eles non farán nada da obra.
E para isto, fanno mal, enviaron ás casa información que logo publicaron na prensa de conforme quedaría o tráfico nesta 1ª fase que vai desde o Muiño Roxo ata o Gadis. E cal foi a sorpresa, cando falaron dunha ordenación de tráfico que para nada é a que agora temos. Envían á prensa e ás nosas casas unhas directrices que logo non son como din desde o primeiro momento da obra.
SEÑORES, NON SE LLES PEDÍA MOITO NESTE TEMA, SOAMENTE BOA INFORMACIÓN XA QUE A OBRA ATOPARONNA LICITADA, PRESUPOSTADA, TODO FEITO POLA XUNTA E O ANTERIOR GOBERNO MUNICIPAL SOCIALISTA. NADA TEN QUE FACER O CONCELLO MÁIS QUE VELAR POR QUE TANTO VIANDANTES COMO CONDUCTORES TEÑAN OS MENORES PROBLEMAS POSIBLES MENTRES TRANSCURRE O AMAÑO, E NIN ASÍ FAN ALGO BEN.
EN DUAS PALABRAS IM PRESIONANTE.