DESPIDESTE DA VIDA POLÍTICA MUNICIPAL, QUEN FORAS O NOSO ALCALDE DURANTE 22 ANOS, MANUEL LAGARES, O ALCALDE DE TODOS.
Ante tan importante e triste acontecer, pola perda que o acto representa, non podo máis que ter verbas de agradecemento polo que fixeches para o noso/teu pobo durante os teus anos de magnífica xestión.
Podes decir coa cabeza ben alta que logo de 6 comicios municipais aos que te presentaches como cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Betanzos, saiches vitorioso de todos eles, motivo de orgullo para calquera. Ninguén que che fixo fronte, foi capaz de gañarche nunca e así te retiras, porque nas eleccións do 27 de maio pasado, voltaches a ser o candidato máis votado.
Manolo, permite que te tutee e que che diga, desde esta humilde bitácora, que alá onde decidas continuar a túa vida política, colleites como mínimo, tan bos resultados como na magnífica andaina municipal no concello de Betanzos.
Por todo isto, e por moitas cousas máis, aquí sempre terás a alguén que estará eternamente agradecida polo teu bon facer.
E so me resta decirche:
¡¡GRAZAS!!